RETRINCOS de CASTELAO con Isabel Risco e Fran Rei na CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

RETRINCOS de CASTELAO con Isabel Risco e Fran Rei na CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

O sábado 24 de febreiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María programamos a peza teatral, dirixida para público adulto, “RETRINCOS DE CASTELAO”, que protagonizan os actores Isabel Risco e Fran REi. O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fulcral da historia do noso país. A obra fai un percurso polo traballo do noso político e intelectural, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida das mulleres e homes que habitaron a nosa terra e de comprendermos a nosa historia e o noso presente.

 

O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.

 

*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María

Amoriño

Amoriño…
xuntos aprendimos
cal necesario é
o paso do tempo.
Sobrevivimos…
ás treboadas sen senso
náufragos amantes
nos espazos coñecidos
na memoria xa perdidos.

Amoriño…
mirémonos ós ollos
docemente
o meu sorriso
e teu por sempre
e lévote así… amoriño amado
no meu peito acurrucado.

Acórdate… De min…
se non chego
ao último instante…
Ao irrepetible momento,
que non volverá a selo.
Lembra… Se falto…
Que cos vagalumes me perdín
polos camiños do vento.

PILAR MASEDA BARRIO

Dois ensaios de Ana Maria Rodrigues Oliveira sobre LUÍS SERGUILHA

Dois ensaios de Ana Maria Rodrigues Oliveira sobre LUÍS SERGUILHA

Culturalia GZ da um paso máis na sua curta andaina. Nunha iniciativa que nasceu como um soporte humilde, é a xente da poesía e da cultura quen a fai medrar cada día. Con outra iniciativa tamén modestas en recursos pero grande en ideas e vontade, o grupo poético da NPG, nascido ao amparo do poeta Díaz Castro, as propostas súmanse en número e calidade, en variedade e en território. Así é que hoxe agasallamosvos con unha novidade chegada do país irmao, Portugal. Dous ensaios arredor de duas obras poéticas de Luís Serguilha (Plantar rosas na barbárie e Kalahari), un prestixioso poeta luso, da autoría de Ana María Rodrigues Oliveira, á que agradecemos que se teña lembrado de nós para facer a publicación destes trabalhos. Unha publicación máis arredor da poesía que vai enchendo a nosa estantería virtual neste ultramarinos da cultura. Velaí o enlace.

Mañá máis…

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1