O sábado 24 de febreiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María programamos a peza teatral, dirixida para público adulto, “RETRINCOS DE CASTELAO”, que protagonizan os actores Isabel Risco e Fran REi. O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fulcral da historia do noso país. A obra fai un percurso polo traballo do noso político e intelectural, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida das mulleres e homes que habitaron a nosa terra e de comprendermos a nosa historia e o noso presente.

 

O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.

 

*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María