A Chaira, un rural de cinema

O rural, está a cobrar protagonismo por algo máis que o despoboamento, o peche de explotacións, a proliferación de eucaliptos, os incendios, o abandono ou o envellecemento da poboación. Ademáis do dramatismo destes devalo negativo, as nosas parróquias, a recuperación das súas tradicións, a sua história, as súas xentes, son unha fonte inesgotable de argumentos e guións cinematográficos que xeran en Galicia numerosos festivais co rural de fondo e que son hoxe referentes no país e alén das fronteiras. Pequenas mostras e festivais como a “Invernada de Cine”, a mostra de documentais “Enxergando o País” de Lugo, etc., ou outras xa de caracter internacional como o coñecido Festival de Cans, o Play Doc de Tui, o de curtas de cinema rural Carlos Velo ou o MICE de Compostela, imprimen unha identidade propia e descobren produccións galegas equiparables a cinemas doutros lugares do planeta partindo da etnografía como esencia dun novo cinema galego. O audiovisual rural galego, tan nóso, amósase como un grande surtidor de creatividade que compensa a escaseza de medios e que ao mesmo tempo traslada desde ese micro mundo das parroquias unha linguaxe universal. Na Terra Chá, ademáis de dar ao mundo audiovisual nomes tan importantes e coñecidos como a académica e profesorea da USC Margarita Ledo, os irmáns Coira ou os actores Xosé Barato e Luís Tosar, o director de televisión Manuel A.Espiñeira, ou o montador Antón Figueira entre outros, aportamos xoias documentais do mestre Xulio Xiz ou “O instante eterno” do cineasta Xosé Antón Cascudo sobre o poeta Díaz Castro. Numerosas curtametraxes, a última de grande difusión, “A Chave de Bascuas” do mozo Bruno Pena. Contamos co Festival de cinema de música de Roca e os amigos do Castiñeiro Milenario de Begonte andan a preparar tamén unhas xornadas cinematográficas. Ramiro Ledo é un dos impulsores desa novísima, novidosa e exitosa proposta do NUMAX de Compostela e un grupo de rapaces inquedos de Meira, Gaitafilmes, crearon o festival M de Meira coa asociación do mesmo nome. As propostas audiovisuais desde centros escolares como o IES de Guitiriz da man da inqueda profesora Sandra Tenreiro, xa premiados en varias ocasións, son habituáis neste xeito actual de comunicar. O último éxito, un documentario, Entrar aos Vilares, do músico e xornalista de orixe chairega Cibrán Tenreiro, pensado como complemento dun libro de Pastora Veres, estase revelando como un producto con vida propia percorrendo a xeografía galega con numerosas proxeccións e que ademáis foi seleccionado entre as 15 películas finalistas da 12 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE, optando tamén ao premio de mellor documental galego con dous filmes moi premiados, Esquece Monelos e O Moredo, a resistencia do enteoido ribeirao. Compite tamén ao premio do público, o que representa xa un éxito para esta modesta producción da Lareira de soños que prepara xa outra curta documental arredor da figura do polifacético Armeiro de Berulfe. A Terra Chá, fundamentalmente rural, non deixa de producir nomes de persoas e filmes ao mundo do audiovisual galego e internacional máis actual desde o corazón da terra, convertíndoa nun xigantesco plató de rodaxe, porque a Chaira é, un rural de cinema…

PROPÓSITO

PROPÓSITO

Bigorna da lembrança pensativa,

gravarei em ti a marca da saudade,

vestígios da negra tempestade

na chancela da mágoa cautiva.

 

Os remorsos serão a linha viva

das gravuras que vêm desde outra idade.

Duro será o traço à fidelidade

desta escura minha dor incisiva.

 

Incude, em ti pancadas baterão

nos recordos remotos que acarreto,

no áspero e quente lume que me dão.

 

E sendo preso ao pesar que submeto,

nos versos, sem receio, cantarão

os catorze martelos do soneto.

(Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”)

 

*Imagem apanhada no google da página Culturamix.com

CONCERTINO

Que distante fica já a melancolia

do apagado tempo na sua fogueira,

onde levantou arvoredas e nuvens

Afrodite da lágrima e da mirra.

Que longe dura tudo quando torno

reler, mesmo com piedade, o canto

sem pisca de devastação nenhuma,

como o dourado sol-pôr na primavera

deixa no ar a alma cheirando em cinza.

Que perto abunda a tristeza transparente

de ser sereno amante, já agora

numa terra prendida às codesseiras.

Que delicado ser ininterrupta e desmedida

cadeia de laços em eternos instantes

onde a aurora olha-se no entardecer.

Que doce ser para sempre demora

como a derradeira obrigação do homem.

(Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”)

Encontro

FUXIRON silandeiras as pombas da esperanza

coa súa tregua palpándonos por dentro,

fuxiron das carballeiras que arelaron ser mencer

ou desexo exiliado do límite dos solpores.

Ta só quedou a cerna alustrada de certezas,

o sol, no seu devalar tremelucente, deitará unha paisaxe

por veces máis húmida cás canles do recordo,

por veces máis seca cás veas da memoria.

Da estancia que te xungue ao pasado, quedarás ti

coa túa íntima sombra de formigas preguiceiras,

coa túa exánime pedra cristalizando na melodía das pegas,

aquelas que sempre auspiciaron o lugar do encontro:

o teu primeiro papado de auga.

 

MOINHO DE MERRA (SÃO SALVADOR DE PARGA)

MOINHO DE MERRA (SÃO SALVADOR DE PARGA)

Para Hortensia González Cabado,

por tantas cousas que os recordos guiam e que choram na alma.

Colmava tua alegria o pão da terra

no teu lento rolar afeito ao rio,

firme torre ao costume do esvazio,

ilha insone que ao seu rolar se aferra.

 

De granito, luz e som, tua alma encerra

a fecunda paixão feita no estio,

a curva agilidade do feitio,

a encetada soidade que se soterra.

 

Se repousam teus lábios prostrados,

cansos do singelo labor do trigo

para os sucos morosos cancelados,

 

há lembranças do teu rolar amigo

e ficaram os cantos prorrogados

hoje a tornarem com sabor antigo.