NON HAI NADA TRAZADO (Xulio Cid Neira)

NON HAI NADA TRAZADO (Xulio Cid Neira)

non hai nada trazado

o camiño es ti

 

non hai sombra nen reflexo

non hai forma

todo se ergue nídio

presente encarnado

 

con que ferramenta pretendes

ascender á cima

cavar até o fondo mesmo do cerne

eixada piolet

 

non hai trazo

o que andas a precurar

iso aí é o camiño

aparece transítalo e foi

 

 

 

CARTA SEM ESPERAR RESPOSTA À AMADA INOMINADA

CARTA SEM ESPERAR RESPOSTA À AMADA INOMINADA

Por estes versos tristes que lhe escrevo,

filhos do meu amor ortografado,

saberá a minha pena e meu cuidado

e que nada deve e eu todo lhe devo.

 

Se meu engenho dá, já não me atrevo

escrever o que o coração estragado

sente em si, golpe a golpe, tão penado

que, calando, a minha pena descrevo.

 

Fora grande ventura perto ver-vos

e, depois de vista, disposto a amar-vos

resignado a ser dó sem merecer-vos.

 

Pois resulta impossível olvidar-vos,

saiba que são estes versos protervos

as tulhas da paixão para guardar-vos.

[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/564x/c6/50/bc/c650bced0b6418b9bb47f8728e226ddc.jpg

Presentación de SOÑO E VÉRTICE e SILENCIO PERCUTIDO de Eva Veiga

O vindeiro xoves 8 de xuño ás 20h., organizado polas Concellarías de Cultura e Educación do Concello de Vilalba e Culturalia GZ, levarase a cabo na Casa da Cultura de Vilalba o acto de presentación dos poemarios SOÑO E VÉRTICE e SILENCIO PERCUTIDO de Eva Veiga. Acompañarán á autora, o escritor Martiño Maseda, o tamén escritor e poeta Francisco X. Fernández Naval e Patricia Teijeiro, concelleira de Educación.

Atopámonos diante dunha poeta salientábel dentro do panórama poético galego da actualidade. Os seus libros foron galardoados en diversos certames literarios; sen esquecermos que recentemente recibiu o Premio da Crítica 2016 en galego polo poemario SOÑO E VÉRTICE.

Dita presentación incluirá un recital poético a cargo do Grupo OURIOL, integrado por Eva Veiga (Voz) e Bernardo Martínez e Fito Ares (Música).

Animádevos e acudide!