Cicatriz

A Marcos Hermida e Herminio do Grueira; in memoriam.

ALAGADAS as pálpebras do soño perdido,

na transparencia azul que engana a esperanza

un poeta é unha lamia deglutindo o instante parido,

coa vertixe do lóstrego na súa pel

palpando o silencio desgarrado

por miméticos ecos de dor herdada,

un poeta é un fósforo declamando a hora dos ríos

que non volverán ferilo nas pedras irtas da linguaxe

pois cada polgada do seu ollar

irrompe coma unha crisálida

que xamais divisou outonar.

Ser poeta non é coñecerse a un mesmo

senón comprender o que un non é,

un home recatado, mentireiro compulsivo,

cariz de fraude cos vermes na boca,

manido cáncaro en primavera,

cifras e descifras o que non es

porque o estrato remanente da xenética

non é unha física amoral.

Aínda así, após das miñas melismáticas farsas,

chamade ao inferno que traia a incandescencia

das ascuas da furia, pois direivos realmente

o que un poeta é:

terra

terra

terra

terra

terra

terra

un millón duascentas mil veces terra,

terra de oso pulverizado

nutrindo a incerteza noutra carne.

E… AQUÍ ESTAMOS, amigos os poetas,

camiños longuísimos coma versos interminables;

que carallo queredes máis!?

(porque non despuntar a remanencia da miña irregular personalidade?)

que carallo queredes máis que coroar de loanza inmortal

a todos aqueles que nos amaron e nos deixaron?

NON, non bifurcarse nunha galla que estoura no silencio

é ser unha momia encinta de neurose,

emporiso deixádeme dicir con máis xenio que enxeño,

coa voz tersa en ollos azuis renovados,

que a vida é un resoar de morte:

un licor amargo bebido a grolos de inxustiza.

E despois de todo, cando o solpor musita co seu chasco,

sentirse un home que fala sen dicir nada,

ou perdón, aceptade as miñas introspectivas desculpas,

que lle fala á nada sumida no estertor do baleiro,

despois de todo o vivido:

ter no cálamo dos dedos

as persoas que te amaron,

que te seguen amando a pesar

da túa eterna impureza retrospectiva

de pasadas chagas pragada;

TER, na memoria as persoas

que estarabouzan na cicatriz do corazón,

pois sempre estiveron vivas.

MONDOÑEDO É… POESÍA IV

MONDOÑEDO É… POESÍA IV

 MONDOÑEDO é POESÍA 2017

1 de maio de 2017

Mondoñedo é poesía 2017” chega á súa cuarta edición convocando, como nas edicións anteriores, a máis de dúas ducias de homes e mulleres, poetas e  músicos, que recitarán e cantarán os seus poemas o día 1 de maio nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade.

Esta actividade enmárcase dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai xa 476 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.

Participarán no evento poético-musical, tanto nos recitados na rúa como no auditorio “Pascual Veiga” voces de gran prestixio na poética galega actual (Manuel Rivas, Eva Veiga, Marta Dacosta e o mariñán Xavier Rodríguez Baixeras) xunto aos gañadores das edicións do ano 2016 dos certames “Leiras Pulpeiro” e “Díaz Jácome” como Tamara Andrés, Miriam Ferradáns, Daniel Irimia Yáñez, promesas da poesía galega actual, xunto aos xa ben coñecidos e recoñecidos Antón Fortes e Modesto Fraga. Acompañaranos poetas mindonienses como Eva García González, Carmen Lage Fernández, Carmen Rodríguez Lage e África Sánchez, da Mariña como a laurentina Marina Oural Villapol, da Terra Chá como Antón de Guizán, lucenses como Montse González e a poeta labrega de Taboada Ana Vila Portomeñe. Á poesía musicada ponlle voz Paloma Suanzes.

Ademais contamos con Trioliro Regueifeiros, un trío composto por Luis “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas, tres expertos na arte da improvisación poética que nos farán rir coas seus diálogos e ocorrencias rimadas.

Tamén intervirá alumnado do IES San Rosendo (Iria Rivas, Silvia García, Carmen Pavón Souto e Chema Merino) e do CEIP Álvaro Cunqueiro.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

»TENDAL DE POESÍA: “Paxaros na cabeza” [Auditorio Pascual Veiga]

Instalación de traballos coordenados polo profesorado con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro.

Horario de visitas:  Sábado, 29 de abril, e domingo, 30 de abril: de 17:30 a 21:30 horas. O luns, 1 de maio: de 17:30 ata 21:00 h.

»OFRENDA-HOMENAXE A EDUARDO LENCE-SANTAR

Cemiterio Vello: Luns, 1 de maio, 17:00 h.

Loador: Armando Requeixo

Con motivo de cumprirse o 25 de abril o centenario do nomeamento  de E. Lence-Santar como primeiro Cronista oficial de Mondoñedo.

»MONDOÑEDO é POESÍA 2017

Luns, 1 de maio

Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:

17:30 h.: Praza da Concello

Daniel Irimia Yáñez, Montse González Álvarez, Marina Oural Villapol, Carmen Pavón  Souto e Silvia García. Poema musicado: Paloma Suanzes.

18:00 h.: Praza da Catedral

Antón de Guizán, África Sánchez, Eva García González , Chema Merino e Silvia García Fernández. Poema musicado: Paloma Suanzes.

18:30 h.: Praza Jaime Cabot (ao lado do Auditorio Pascual Veiga)

Carmen Rodríguez Lage, Carmen Lage, Antón Fortes –Torrres, e Iria Rivas. Poema musicado: Paloma Suanzes.

No Auditorio Municipal Pascual Veiga

De 19:00 a 20.30 h.-Recital poético-musical

Música: Paloma Suanzes.

Regueifas: Trioliro Regueifeiros (Luis “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas).

Poetas: Tamara Andrés Padín, Ana Vila Portomeñe, Xavier Rodríguez Baixeras, Eva Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás, Modesto Fraga, Marta Dacosta e Manuel Rivas.

Publicacións*

Papel de color

Publicación conmemorativa de MONDOÑEDO é POESÍA 2017 con deseño e ilustracións de Antón Caxoto e textos poéticos dos e das poetas e músicos participantes.

*Esta publicación entregarase gratuitamente aos asistentes ao final do recital poético-musical no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

 Organizan: Asociación As San Lucas e Colectivo Mondoñedo É …

Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.

Colaboran: Concello de Mondoñedo, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo.

Redes

En facebook: https://www.facebook.com/mondonedoe?ref=bookmarks

Canle Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=myCKGuFny9o&feature=youtu.be

Deseño e maquetación: Antón Caxoto

 

CONTACTOS ORGANIZACIÓN

Fran Bouso: 647468672 / Antonio Reigosa: 655432511 / Francisco Piñeiro: 600717622 /info.mondonedoe@gmail.com

Mondoñedo, abril de 2017

 

*Información facilitada pola Organización de MONDOÑEDO É POESÍA 2017

 

Camiños da Chaira. Contando as pegadas Celtas.

Faremos camiño xuntos,percibiendo cada castro, cada camiño da nosa terra.

Achegandonos a historia, retrocedemos 5.000 anos ata o Neolítico, para atopar os premeiros protagonistas  desta viaxe, no tempo da historia Celta na Terra Chá, onde as premeiras comunidades ergueron monumentos megalíticos. Nós os chairego contamos cunha herdanza valiosa. 

A historia da Terra Chá,  remonta ata os asentamientos celtas, dispón do maior castro de Galicia, ó de Vila dona, onde podemos ver as pedras de cuarzo ” seixos ” presentes nas paredes de calquera cada galega antiga.

Turberas na serra do Xistral, paisaxe de néboas e brañas, con cultura e identidade propias, tradicións locais baseadas nas crenzas celtas.

Terra Chá, berce doscanteiros do megalítico, testemuñas do pasado, onde os secúlos sen o camiño, estancados na Idade Media, permiten viaxar no tempo, recunchos segredos onde soñar misterios e son, paisaxes salvaxes, máxicas fragas, ritos e lendas, feiticeiras terras, cero a lareira, camiño e memoria tapados pola néboa, esperando á terra dunha longa noite de pedra.

Fermosos humedais verte bágoas na alma, onde as lágoas teñen as máis fermosas lendas, sendo as pedras libros escritos que contan a historia, un pobo ten memoria e lembra, terra de castros, de cruces de pedra, sol e lúa fantaseando pregando polas hordas salvaxes, hoxe orgullo dun pobo valente, arte na pedra.

Dende a ribeira ata os máis altos cumes, lugares de acubillamento colectivo, bisbarra do mundo, un bo finai para un longo percorrido, cada monumento non está feito nun lugar calquera; senón en puntos enerxéticos da terra, a maneira dos do corpo humán.

CAMIÑOS  DA  CHAIRA.

Entra viaxeiro por un carreiro estreito, na Chá dos meus devanceiros,  máxico feitizo dunha néboa, sombra que ven de lonxe, dos castros e dos bidueiros, berro dun pobo, golpe de ferreiro.

Camiño retorto onde a Moura agarda, arca feita de bicos, no medio das follas os trasgos agardan, paisaxe que vai máis aló das lendas, Galicia atemporai, contos das avóas ao carón da lareira, murmurio de vento que vive na maxia dunha lenda galega.

Noite escura laio da pedra, pasatempo dun soño entre auga e herba.

Ana Mar Fraga Rábade.

X SEMANA DE POESÍA SALVAXE

X SEMANA DE POESÍA SALVAXE

O encontro que cada ano xunta na nosa cidade un feixe de poetas chegados das distintas comunidades do Estado español e mesmo de Portugal é unha oportunidade única para situar a Ferrol no centro da creación poética alomenos durante unha semana, asemade é unha ocasión indispensabel para que os xóvenes poetas da nosa cidade poidan contrastar a súas creacións coas dos poetas xa consagrados o cunha experiencia creadora digna da que se pode aprender.
Por iso a Semana de Poesía Salvaxe é mais que un conxunto de recitais poéticos, é un encontro, unha experiencia de convivencia e fraternidade que fai que para moitos poetas a Poesía Salvaxe se teña convertido no acontecimento poético do ano.
Nesta décima edición pretendemos darlle as rúas o pulo que nas outras edicións, por diversos motivos, non poidemos darlle. Así os pasarúas, as actuacións nos mercados, e prazas publicas pasarán a ter un plano protagonista na décima Semana.
A décima Semana de Poesía Salvaxe terá o seguinte calendario:
Día 18 de Abril ( martes): Presentación da Semana ante a prensa, contará coa presenza do Alcalde e do Concelleiro de Cultura.
Día 19 ( mércores): As seis da tarde no Kiosco do Cantón lectura da proclama poética a cargo dos coordinadores da Semana, e dos poetas , GUILLERMO FERRANDEZ, KARLOTTI, VICTOR M. DIEZ, e FELIPE ZAPICO
As seis cuarenta e cinco inicio das lecturas poéticas ininterrompidas por parte de poetas xóvenes da nosa cidade. ( ELI Z, Cristina Fernandez, XOSÉ ABELEDO)
As once da noite na Rúa Magdalena, dando término a xornada no Pub Cazadores recital poético de ANGEL SIMÓN, Y presentación do ultimo poemario de FELIPE ZAPICO. Cristina Fernandez, David Rey Fernandez. remate Manolo Bacallhau.
Día 20 ( xoves): As doce da mañán recital poético no Mercado da Magdalena: XOÁN ABELEIRA, VÍCTOR M. DIEZ, KARLOTTI, JARO DA SILVA, E a mesma hora, en CARANZA, recital de ELISABETH OLIVEIRA e XOSÉ ABELEDO
A unha horas pasarúas pola rúa Real e rúa do Sol.
As seis e media tarde encontro poético con YOLANDA CASTAÑO e ANA VEGA, no ATENEO FERROLAN.
As nove da tarde, no TEATRO JOFRE, PACO IBAÑEZ en CONCIERTO
As doce da noite actuación no Super 8 dos poetas FERRANDEZ, KARLOTTI e CIA, SERXIO REGO GARCÍA e O LEO, AL VIDAL e ELICIO BARRIO, e XOAN ABELEIRA, JARO DA SILVA e JOSÉ PINTO
Día 21 ( venres): As doce da mañán recital poético no Mercado de Recimil e na PRAZA DO INFERNIÑO, coa intervención de JARO DA SILVA e JOSÉ PINTO, MARIA LADO e LUCIA ALDAO, ANA VEGA, y los poetas locales, con los micrófonos abertos, e un comando poético de novos valores.
Na Praza do Inferniño, a mesma hora, Karlotty;Vïctor, e outros poetas estaran arroupadas pola BAKIN BLUES BAND
A unha e cuatenta e cinco da tarde pasarúas pola Pza de España, Magdalena e Pza de Armas.
As cinco da tarde, paseo pola nosa Ria, na LANCHA, ata as seis e media. SUIN AL, ELICIO BARRIOS, MIGUEL NEIRA, Pedro Campos, Victor M. Diez, YOLANDA CASTAÑO, ANA VEGA, ANA CIBEIRA, JARO DA SILVA e JOSÉ PINTO, ELISABETH OLIVEIRA, XOÁN ABELEIRA, e o resto dos participantes.
As sete e media( contra as oito da tarde) actuación de ACÉFALO TEATRO, seguido de ELISABETH OLIVEIRA (Elisabeth Oliveira), e DAVID REY FERNANDEZ, no TORRENTE BALLESTER
As once da noite Festival poético no Manchita con EUGENIA SANMARTIN, e ROGER DE FLOR, SUIN AL e ELICIO BARRIOS, Serxio Regos García e O Leo, CRISTINA FERNANDEZ, ANDRES C.M. RIVEIRA, ANA VEGA
Día 22 ( SÁBADO): A unha da tarde recital de ANTONIO ORIHUELA, ELISABETH OLIVEIRA, ANA CIBEIRA na PRAZA DE ARMAS, e remate en Cazadores. ((Remate final)
Estarán con nós os músicos AL VIDAL, CABE, ROGER DE FLOR, FAUSTO, ELICIO BARRIO, MANOLO BACALHAU, FERNANDO NAVEIRAS, ETC.
PACO IBAÑEZ ESTARÁ CON NOS TODA A SEMANA, ABRINDOSE A POSIBILIDADE DE COMPARTIR MOMENTOS ÚNICOS
Todos Os poetas invitadas e invitados a esta cita, intervirán NAS RÚAS, prazas, mercados, esquinas, da nosa, nestes días, DESDOBRADA CIDADE.
*Información facilitada pola organización da X SEMANA DE POESÍA SALVAXE
DÍA DO LIBRO 2017

DÍA DO LIBRO 2017

O vindeiro 23 de abril conmemórase, coma cada ano pola mesma data, o Día do Libro. Con tal motivo, dende Culturalia GZ e o Concello de Vilalba cavilamos na realización dun par de actividades que sirvan para levar a cabo dita celebración. Unha das actividades será o concurso LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN, mentres a segunda se denomina UN LIBRO POR UNHA CITA. As bases e a información que rexen as devanditas actividades aparecen recollidas na web do Concello de Vilalba e tamén na páxina de Facebook do citado Concello de Vilalba.

Xa que logo, convidamos á cidadanía en xeral a que participe e colabore, dese xeito, na festividade do Día do Libro 2017, ademais de estimular a presenza da cultura entre a colectividade.

Agardamos a vosa participación!