por Ana Mar Fraga Rábade | Ago 3, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
Onde o Arco Àrtabro deixa entrar o mar, poder e figura da Deusa Ainoan, anfiteatro pechado polos Montes da Zapateirá.
Costa Ártabra, ou camiño dos sete faros Magnus Portus Artabaurum.
Deusa do vento, laios dunha natureza ousada ,onde as pedras escriben historia, deserto areal, onde as ondas levan o canto de sereas.
Morre a lúa nos confíns do mar, durmindo un soño de misterios.
Ainoan, desexo preto de nós, filla dun Druida, onde a escuridade é luz ,agocha o sol á Raíña da noite.
Tempo galego na cor dun horizonte.
Ana Mar Fraga Rábade.
por Ana Mar Fraga Rábade | Feb 4, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
DRUIDA.
Estrelas bágoas da noite, lembranzas en silencios que falan, versos desterrados con letras que firen, pechar o corazón trala porta de vella aldavra.
Lúa e luz na montaña descansan, cando o vento do Druida espalla un poema, nos cantís do tempo, doutra civilización, recendo de chorima e xesta, bosque fondo en verde terra,música amada en Reino do teu Reino, pola e paxaro, escudo e sombra, guerreiro eterno na fala das rochas, noite en triste cantiga, pegadas sin nome, hóspede compartido.
Ana Mar Fraga Rábade.
por Ana Mar Fraga Rábade | Dic 5, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
Espertar dun soño afastado, detrás dunha porta con chave de anos, versos da lúa en choiva de bágoas, sombras de vellas lembranzas, camiño. ……testemuña dunha mirada.
Música da memoria, aperta dun encontro enfeitizado na alma, ulindo un perfume na pel, gardado nunha salvaxe terra, chamada dunha folla escrita no vidro da auga.
Espertan os secúlos, lembran a promesa, agardan na rúa da aldea a figura durmida, dun amor que esperta.
Arquitectura dunha angustia, que escribe versos.
Ana Mar Fraga Rábade.
por Ana Mar Fraga Rábade | Dic 1, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
Na aba do monte o bosque fai de mesa, ata cando sabe a noite que a mañán chega, a paisaxe ten segredos que ninguén sospeita.
Sabe a soidade dun nome, aquel que os nenos lembran, cando de camiño ao monte, os pės a casa chegan, a carga é prezada, sendo fermosa a lenda.
Sol no aposento, diamantes no cabelo, no fondo da alma medo, cando en pinga de amargura gaña un tempo que xa parecía eterno.
Home que ven como mensaxeiro dunha cantiga do inverno, extraño e silandeiro.
Ana Mar Fraga Rábade.
por Ana Mar Fraga Rábade | Nov 30, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria
Terra en sombra, versos dun xardín cando a poesía é lenda, inquedanza dun baleiro nunha pel esquecida, cando a tarde deita nun desexo.
Terra mergullada nun paraíso verde, cando o vento mestral trae un aroma de piñeiros.
Xemer dunha gaita en leito de pedra, ollar dunha fada, máis aló da morte.
Galicia…..agasallo dun misterio, néboa nos contos galegos.
Ana Mar Fraga Rábade.