Faremos camiño xuntos,percibiendo cada castro, cada camiño da nosa terra.
Achegandonos a historia, retrocedemos 5.000 anos ata o Neolítico, para atopar os premeiros protagonistas desta viaxe, no tempo da historia Celta na Terra Chá, onde as premeiras comunidades ergueron monumentos megalíticos. Nós os chairego contamos cunha herdanza valiosa.
A historia da Terra Chá, remonta ata os asentamientos celtas, dispón do maior castro de Galicia, ó de Vila dona, onde podemos ver as pedras de cuarzo ” seixos ” presentes nas paredes de calquera cada galega antiga.
Turberas na serra do Xistral, paisaxe de néboas e brañas, con cultura e identidade propias, tradicións locais baseadas nas crenzas celtas.
Terra Chá, berce doscanteiros do megalítico, testemuñas do pasado, onde os secúlos sen o camiño, estancados na Idade Media, permiten viaxar no tempo, recunchos segredos onde soñar misterios e son, paisaxes salvaxes, máxicas fragas, ritos e lendas, feiticeiras terras, cero a lareira, camiño e memoria tapados pola néboa, esperando á terra dunha longa noite de pedra.
Fermosos humedais verte bágoas na alma, onde as lágoas teñen as máis fermosas lendas, sendo as pedras libros escritos que contan a historia, un pobo ten memoria e lembra, terra de castros, de cruces de pedra, sol e lúa fantaseando pregando polas hordas salvaxes, hoxe orgullo dun pobo valente, arte na pedra.
Dende a ribeira ata os máis altos cumes, lugares de acubillamento colectivo, bisbarra do mundo, un bo finai para un longo percorrido, cada monumento non está feito nun lugar calquera; senón en puntos enerxéticos da terra, a maneira dos do corpo humán.
CAMIÑOS DA CHAIRA.
Entra viaxeiro por un carreiro estreito, na Chá dos meus devanceiros, máxico feitizo dunha néboa, sombra que ven de lonxe, dos castros e dos bidueiros, berro dun pobo, golpe de ferreiro.
Camiño retorto onde a Moura agarda, arca feita de bicos, no medio das follas os trasgos agardan, paisaxe que vai máis aló das lendas, Galicia atemporai, contos das avóas ao carón da lareira, murmurio de vento que vive na maxia dunha lenda galega.
Noite escura laio da pedra, pasatempo dun soño entre auga e herba.
Ana Mar Fraga Rábade.