O vindeiro 23 de abril conmemórase, coma cada ano pola mesma data, o Día do Libro. Con tal motivo, dende Culturalia GZ e o Concello de Vilalba cavilamos na realización dun par de actividades que sirvan para levar a cabo dita celebración. Unha das actividades será o concurso LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN, mentres a segunda se denomina UN LIBRO POR UNHA CITA. As bases e a información que rexen as devanditas actividades aparecen recollidas na web do Concello de Vilalba e tamén na páxina de Facebook do citado Concello de Vilalba.
Xa que logo, convidamos á cidadanía en xeral a que participe e colabore, dese xeito, na festividade do Día do Libro 2017, ademais de estimular a presenza da cultura entre a colectividade.
Agardamos a vosa participación!