Crónica fotográfica da presentación do libro POEMAS Y CATARSIS, de Adolfina Mesa, en Vilalba

O pasado venres, 18 de xaneiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, acolleu a presentación do libro POEMAS Y CATARSIS, da artista multidisciplinar Adolfina Mesa. Un acto concorrido, onde a disección literaria dos tamén autores, Ana Mar Fraga Rábade e Toño Núñez, serveu para converter o típico evento de presentación dun poemario nunha distendida conversa entre os participantes na mesa (Martiño Maseda, representando a Culturalia GZ, os mencionados Tono Núñez e Ana Mar Fraga Rábade, Chery Grandío, en nome do Concello de Vilalba, e a propia Adolfina Mesa) e o público asistente.

Velaí vai unha reportaxe fotográfica que recolle distintos momentos vividos durante a devandita presentación poética.

BÚSCAME

Búscame,
na fondura do mar inmenso,
na area quente dunha praia deserta,
nas rochas, nas ondas,
no voar das anduriñas viaxeiras,
no vento que pasa silandeiro,
búscame,
nos beizos mozos que non bicaron ainda,
nos suspiros dun corazón namorado,
búscame,
nas estrelas, na máis escondida, nesa que tanto brila,
búscame,
no sorriso dun neno,
nas mans que piden xustiza,
no pranto cotián de tanta xente,
búscame,
no regato de augas cristalinas
que discurre pólos nosos desexos,
búscame,
na tristura calada, tamén na ledicia,
neses intres que mancan,
neses outros tamén que pasan sen deixar siquera nada, nin ferida…
búscame,
no fondo dunhos ollos que miran,
ás veces sen ver, outras vendo demasiado…
ollos que ainda pechados
rabuñan o corazón,
e saben das vidas alleas…
búscame,
nas pedras dos camiños,
nas frores e nos carballos,
no fulgor da primavera,
búscame,
alí estarei, en todas partes onde mires,
porque é a vida,
e eu: son a vida mesma…
(Emilia Martínez Fuentes)

 

Os frescos dos Vilares en perigo

A Asociacion Sociocultural Lareira de soños alerta do deterioro dos frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares e da urxencia de acometer os traballos de limpeza e restauración desta obra do seculo XVI cuxa autoría se atribúe ao Mestre de Parga. A Asociación presentou o pasado verán un estudo co seu proxecto para reclamar ás distintas partes implicadas a recuperación destes murais.
Coas autorizacións correspondentes da igrexa e coa tramitación do expediente en patrimonio da Xunta realizado, a restauración das pinturas atópase neste momento parada por falta de aprobación dos orzamentos provinciais. Cada inverno que pasa é fatal para o estado desta importante obra de arte relixiosa nunha igrexa referencial na Terra Chá, que data do seculo XII e que conta con importantes elementos relixiosos, entre eles os retablos, o sartego ou o calvario cos tres cruceiros. A igrexa de San Vicenzo, celebra a importante romaría dos desamparados.
O perigo de adiar a consolidación e posterior restauración dos murais que perxudicados pola meteoroloxía e o desconchado das paredes provicado polos bancos da igrexa pode faver irreversible a recuperación dalgunhas partes, polo que estas pinturas descubertas a mediados dos anos 90 do pasado século precisan dunha actuación urxente.

CERTAME DE MICROPOESÍA DA CHAIRA

A Asociación Sociocultural Lareira de soños e a NPG Nova Poesía Guitirica crean o Certame de micropoesía da Chaira «VILARIÑAS».

Co nome de VILARIÑAS na honra do poeta Díaz Castro e as súas “herbas pequerrechiñas” e Vilariñas para ter de referencia O Vilariño dos Cregos dos Vilares, pareceunos un nome acaído para as pequenas poesías que concurran ao premio, que busca fundamentalmente a promoción da poesía e facela accesible a calquera, polo que as bases serán moi abertas á participación, non supoñerán ningún gasto aos participantes e poderán inscribirse en formato dixital. A convocatoria para presentar os micro poemas será desde agora ao 31 de marzo (ambos incluídos) e a resolución nos primeiros días de abril.
A temática será libre e a periodicidade do certame anual.
Despois de diversas actividade da NPG, todas con notable éxito, abrimos agora esta nova proposta poetica coa que buscamos fundamentalmente a participación e a introducción social da poesía sen limites de idade, nin ningunha outra cortapisa, tan só estar escritas en galego en calquera das normativas e repetando as esixencias técnicas de un minimo de dous versos e un máximo de cinco, podendo cada poeta apresentar dous micropoemas.
Para este concurso, temos xa redixidas as bases que rexerán para a resolución final dos traballos que se presenten.
«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica e Asociación Sociocultural Lareira de soños.
BASES.
Convocase o I Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación  neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso  serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou do messenger do facebook de Os Vilares, lareira de soños-(www.facebook.com/osvilares).
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 5 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado.
Admitiranse obras até o día 31 de marzo de 2017, ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase ao gañador co premio que consistirá en trofeo acreditativo,  edición da súa obra no blog poético e un lote de libros de poesía de importantes autores galegos. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético publico cos premiados e poetas convidados.
O concurso poderá ser declarado deserto en función do número de micropoemas recibidos ou a calidade dos mesmos. Tamén o Xurado poderá facer mención especial de algún dos micropoemas participantes se considera que a súa calidade o merece, sen embargo, esta mención non conlevará compensación ou premio algún.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos ou dixitais que consideren incluindo o nome dos autores.
Os participantes aceptan as bases que rixen este concurso polo feito de participar no mesmo.
Cualquer dúbida sobre o contido destas bases será resolta polo xurado do certame.
A periodicidade do concurso  “VILARIÑAS” de micropoemas será anual.