A Asociacion Sociocultural Lareira de soños alerta do deterioro dos frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares e da urxencia de acometer os traballos de limpeza e restauración desta obra do seculo XVI cuxa autoría se atribúe ao Mestre de Parga. A Asociación presentou o pasado verán un estudo co seu proxecto para reclamar ás distintas partes implicadas a recuperación destes murais.
Coas autorizacións correspondentes da igrexa e coa tramitación do expediente en patrimonio da Xunta realizado, a restauración das pinturas atópase neste momento parada por falta de aprobación dos orzamentos provinciais. Cada inverno que pasa é fatal para o estado desta importante obra de arte relixiosa nunha igrexa referencial na Terra Chá, que data do seculo XII e que conta con importantes elementos relixiosos, entre eles os retablos, o sartego ou o calvario cos tres cruceiros. A igrexa de San Vicenzo, celebra a importante romaría dos desamparados.
O perigo de adiar a consolidación e posterior restauración dos murais que perxudicados pola meteoroloxía e o desconchado das paredes provicado polos bancos da igrexa pode faver irreversible a recuperación dalgunhas partes, polo que estas pinturas descubertas a mediados dos anos 90 do pasado século precisan dunha actuación urxente.