Mámoa da Millarada. Desfeita na maior necrópole tumularia do Neolítico en Galicia, por Ana Mar Fraga Rábade

Como historiadora e investigadora do megalitismo. Nacida na Terra Chá, en Cospeito. Sendo un deber para min o que expoño a continuación.

O día 23 deste mes de setembro, arrasaron “unha das maiores concentracións tumularias do Neolítico en Galicia. Son dúas Mámoas da necrópole megalítica de A Millarada, no lugar de Penalba entre as parroquias de San Martiño de Pino e Santa María de Cospeito.

Este monumento funerario é o máis importante non só do conxunto Millarada, senón do Concello de Cospeito. O túmulo presenta agora mesmo fondos sucos, ao ter sido arrasado por maquinaria pesada de traballos forestais. Aínda estando protexidos pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, a impunidade dos continuos e citados traballos forestais provoca danos e graves agresións ás concentracións tumularios de Galicia.

Pretendo sinalar os eixes dun plan de conservación dos monumentos megalíticos, pasando por unha ampla información previa e asemade a adopción de medidas urxentes, preventivas e de difusión.

A preservación destes monumentos facilitaría a súa comprensión, das sociedades que os erixiron e nos que se atesoura unha gran cantidade de coñecemento.

Dende aquí quero deixar constancia, asociando o potencial científico, que amplía o seu valor patrimonial, facendo máis dolorosa a súa destrución á mans duns poucos e á indiferenza de todos.

Hai tempo que se levan notificando ás autoridades autonómicas a destrución e as alteracións graves do noso patrimonio. Estas deberían desenvolver medidas activas de protección. Vemos a cotío a dilatada distancia entre o incremento e o interese social, e a nula resposta administrativa e local (paradigma da ineptitude), onde o vandalismo unido ao insuficiente grao de aprecio de cara ao noso Patrimonio, é de falta de control administrativo e invisíbel.

Debo recoñecer que en Galicia, e para os servizos de arqueoloxía, os orzamentos son insuficientes.

Daquela, demandaría xestións ás institucións (provinciais, locais, veciñais), un deseño e execución dun organismo asesor, e coordinación con outros organismos, debendo ser unha prioridade ante a endogamia actual en todas as esferas da sociedade, que descentraliza responsabilidades. OXALÁ HAXA UN EQUILIBRIO!

E para rematar fago o meu chamamento ao Concello de Cospeito, que estando ligado a época prehistórica, onde Veria e Valverde tiveron asentamentos poboados, palafitas e cidades lacustres,  e no seu conxunto salientar a Torre Caldaloba.

Calquera política de xestión patrimonial, aséntase nun coñecemento preciso dos bens que debe administrar, entre estes deberes o Patrimonio histórico, arqueolóxico e megalítico.

Ana Mar Fraga Rábade

Acto poético-musical en homenaxe a Rosalía de Castro na Deputación de Lugo

venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical, no que as voces de Xosé Otero Canto, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez Fuentes, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, Xosé Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar porán corpo poético aos versos de “Follas Novas”, “Cantares Galegos” e demais obras da escritora homenaxeada, ou aos de propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais. O evento estará conducido por Montse González Álvarez.

ALÓ VAI O VERÁN. A primeira festa en Casa Nicanor

O vindeiro venres 27 de setembro celebrarase na parroquia de Alba (Vilalba) o evento ALÓ VAI O VERÁN. A primeira festa en Casa Nicanor. Organizado por Casa Nicanor e o IESCHA e coa colaboración do Concello de Vilalba e a Denominación de Orixe San Simón da Costa, contará con distintos apartados:

Poesía, a partir das 19:00h coa participación de Ana Mar Fraga Rábade, Beatriz Dourado, Daniel Irimia, Martiño Maseda co acompañamento á guitarra de Luís Teixeiro.

Foliada, ás 20:30h. con Buxos Verdes.

E, a partir das 22:00h. máis música con barra e petiscos.

Ademais haberá Exposición de fotos antigas de Alba e de Casa Nicanor.

Conferencia “Habitando a terra”, de Ana Mar Fraga Rábade, no Vello Cárcere de Lugo

A historiadora e escritora de orixe chairega, Ana Mar Fraga Rábade, pronunciará unha conferencia este vindeiro martes, 11 de xuño, ás 20 horas no Vello Cárcere de Lugo. A conferencia, que leva por título Habitando a terra, enmárcase dentro do ciclo Arde Lvcvs Cvltvral, promovido polo Concello de Lugo, como prólogo á edición do Arde Lvcvs MMXIX. Esta charla forma parte doutras que organiza a Cohors III Lvcensivm, e versará fundamentalmente, en palabras da propia Ana Mar Fraga Rábade, “ao redor da pegada dos ligures e da civilización celta na nosa terra”.

Da presentación do acto encargarase a poeta e escritora Montse González Álvarez.

A entrada será libre ata completar a cabida do espazo onde se desenvolverá a devandita conferencia.

CASTRO DE VILAPENE. CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.

CASTRO DE VILAPENE. CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.

CASTRO DE VILAPENE. CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.

VILAPENE.

Parroquia do Concello de Cospeito, na Comarca da Terra Chá,  aldea pintureira cunha vida tranquila. Como en tódala Comarca,  contamos con restos da cultura castrexa,  entre estos o castro de Vilapene,  non disponemos se datos, pero puido ser habita

 

do no secúlo VI a.c., non quedan apenas vestixios neste momento, o castro quedou soterrado polo tempo e pola man do home. Situado nk lugar máis elevado da parroquia, estratéxico para a defensa da comunidad castrexa.

Nas miñas lembranzas de cando nena, están as engrobas as covas, que servían de saída de emerxencia, aló polo

ano 1966 lembro unha casa, mellor dito os seus restos, nela os veciños facial honrra os difuntos, cando falecia un, a ofrenda era comer pan e queixo na súa memoria, dentro da formación circular de pedra había terra, enrriba da mesma poñian palla e unhos manteis, e deseguido comíase.

O castro era unha pequena defensa cara o exercitoromano.Debido a cristianización da man dos mesmos, foi levantada como en moitos outros castros a Igrexa  de Vilapene,desta maneira as festas paganas; pasaron a ser cristianas. Aquí xace a historia.

VEÑO   CONTARCHE.

Veño dunha aldea da chaira para contarche, que ali os ventos zoan manos e agariman, onde as lágoas fan de espello, o bico da herba ten a frescura dos tempos.

Lembro os Irmandiños cando paso ao carón da torre Caldaloba, na Pena Branca de Cospeito agarda a fada das fontes, na fraga de Sapiñeiros miro como a premeira vez a pedra dos Mouros.

Na lágoa de Cospeito sae o camiño a lenda do pobo de Valvarde; Veño do castro de Vilapene, sento un pouco no vello cruceiro, camiño cruz abaixo cara o río do fulin, e pouco a pouco chego a Ponte do Bao.

Traio no vento ,o recendo do trigo do muiño da Consueliño, da pedra e do rosmar da vella peneira, daquela presa chea de troitas, a lembranza do meu pai collendoas a man, cando eu era unha nena.

Veño dos tempos pasados, de xente de antes, de cómaros verdes,teño que contarche o asubío dos homes cando acababa a tarefa, ¡ ufaban nas eiras  !

Veño de grandes estivas,  de fouces segando e de mallas nas eiras, do pai cantando e da avóa levando o compás coas pernas. Veño da Terra Chá, de suaves lombas, de verdes prados,  de xente que garda o frescor dos tempos, traio o ouveo do lobo nas noites de lúa chea.

Ana Mar Fraga Rábade.