O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical, no que as voces de Xosé Otero Canto, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez Fuentes, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, Xosé Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar porán corpo poético aos versos de “Follas Novas”, “Cantares Galegos” e demais obras da escritora homenaxeada, ou aos de propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais. O evento estará conducido por Montse González Álvarez.
Entradas recientes
- Exposición FOLIADA PARA UN ‘TEMPUS FUGIT’, con pinturas de María Leal, no Auditorio Municipal de Vilalba
- LODE presentará o directo do seu proxecto o 4 de maio na Sala Capitol
- García MC rapéalle á súa nenez en PERMANECE SEMPRE
- Teatro do Noroeste estrea ‘Guerra’, o seu novo espectáculo, esta fin de semana no Teatro Principal de Compostela
- A Antoloxía de Nova Galega de Danza enche o Teatro Colón da Coruña tres noites consecutivas esta fin de semana