Inverno

Tempo de inverno
cheo de nostalxia…

días de brétema, sen sol,

nubes negras que presaxian
chuvia e frío
caen as follas, todo se volve murchio
e triste,

pingas de auga tras os vidros
de ventanas que non teñen dono
brétemas espalladas sin xeito,

arrecendo de humidade, nai terra,
vexo chover,
e eu agardo, coma a rosa na roseira,
a lonxana primavera,
esmorecida e trémula: eu tamén iverno!!!!

Devanando ideas

Mundo inxusto,
síntese dunha promesa rachada,
fame, penas, estravíos,
Ilusións esnaquizadas do pobo que agardaba…
o cambio, a simbiosis do mundo,
asemella un teatro da vida, onde somos
títeres asoballados, sen verbas nin opinións…
criterios esmorecidos dun pobo en decadencia,
con leis en desuso é obsoletas,
onde non hai liberdade, aunque moito se predique,
e o ladrón tén máis derechos ca vítima,
e onde teñen que morrer mulleres pra que haxa xustiza,
porqué non antes??
porqué as leis van tan amodo, e non chegan a tempo…

Mundo esnaquizado póla soberbia, unhos poucos,
corruptos é famentos de bens alleos,
que se manteñen coa fame do pobo,
coas súas bágoas, co seu sofrimento,
seremos ambivalentes pasaxeiros
dunha década en deshuso, con fronteiras e murallas,
balados que se erguen ata o ceo,
impedindo a fraternidade dos pobos,
asemellamos unha morea de lobos famentos,
pelexando polo territorio existencial da discordia,
oxalá veñan tempos novos,
onde sexa o sentimento o que mande, algunas veces,
aunque sexa,
coa humildade do corazón
dun neno, onde non hai nin malicia nin ruindade,
neste corazón puro e transparente,
onde se agocha a inocencia,
desexaría que tan sólo por un día
se gobernara así o mundo,
entenderíanse moitas cousas que agora
non se entenden…

BÚSCAME

Búscame,
na fondura do mar inmenso,
na area quente dunha praia deserta,
nas rochas, nas ondas,
no voar das anduriñas viaxeiras,
no vento que pasa silandeiro,
búscame,
nos beizos mozos que non bicaron ainda,
nos suspiros dun corazón namorado,
búscame,
nas estrelas, na máis escondida, nesa que tanto brila,
búscame,
no sorriso dun neno,
nas mans que piden xustiza,
no pranto cotián de tanta xente,
búscame,
no regato de augas cristalinas
que discurre pólos nosos desexos,
búscame,
na tristura calada, tamén na ledicia,
neses intres que mancan,
neses outros tamén que pasan sen deixar siquera nada, nin ferida…
búscame,
no fondo dunhos ollos que miran,
ás veces sen ver, outras vendo demasiado…
ollos que ainda pechados
rabuñan o corazón,
e saben das vidas alleas…
búscame,
nas pedras dos camiños,
nas frores e nos carballos,
no fulgor da primavera,
búscame,
alí estarei, en todas partes onde mires,
porque é a vida,
e eu: son a vida mesma…
(Emilia Martínez Fuentes)