CORCA VELLA.

Noite con nubes brancas, soedade do deixado, luz dourada servida nun gran baleiro, lealdade do que agarda por un baleiro ermo, xogo dunha estrela en estancias sen inxenio.

Universo enteiro na casa da Corca, quietude da noite e fondo sono, falando baixiño. Tempo de preguntas, cando a eternidade sen alento da a volta.

Cando a desesperanza tingue de escuro a Corca, presta orella a sombra, que no mirar trae a morte.

Ana Mar Fraga Rábade

SILENCIO.

Silencio dunha brevidade en música que debuxa a terra galega, verde que prega en sons dun violín, cando xordo escoita solo un látexante silencio.

Obra dun verso onde a vida perde forza, e a loita arde nun paraíso, que perdido viaxa sen tempo.

Bágoas do río que en perlas pagaran, os silencios dos non escoitados, perdidos para sempre, despois dunha guerra ainda moito despois, sangra a paisaxe.

Martelo e cicel cavan a alma, pegadas perdidas dunha verdá sen memoria, se o pobo non reclama.

Xeados osós seguen pedindo liberdade.

Ana Mar Fraga Rábade.

 

 

 

 

TERRA.

TERRA.

Prende o salaio en min, alí en lonxana ribeiras, sen alento nun mundo que se vai, perdendose dentro da terra, mensaxeiro daquela que non cala, imaxes dunha dura treboada.

Fraca frauta de breixo, receita feita por min, pracer de quen te tocaba, gardián da soidade eterna, cando sen berce fenece a terra.

Cobiza dun mal encuberto, ferida da indiferenza, pasos na memoria, silencio dunha raza extraña, cando a dor é un futuro de infindos reinos.

Ana Mar Fraga Rábade.

MÁMOA DE AMENIDO EN PACIOS MONCELOS ” TAMÉN CHAMADA ” O MONTE DO CEO “

A Comarca da Terra Chá, horizonte megalítico de moitas lendas. As estructuras megalíticas constituen unha das parcelas menos coñecidas do noso patrimonio. Os Concellos do sur lucense, contan cun importante conxunto de túmulos e necrópolis, sendo a maioria das veces tapado pola vexetación, o que dificulta distinguilos na paisaxe.

A construcción destes enterramientos como primeira humanización na nosa paisaxe galega, adaptando o medio o home.

Megalitismo galego entre os milenios V e III a.c. Nalgunhas mámoas  e covas aparecen restos do que poderían ser pinturas.

Fai máis de tres mil anos, no Neolítico, os antigos poboadores de Galicia, enterraban os seus líderes e clans, en tombas construidas con grandes lousas de granito, e cubetas de terra, e con forma de mama, por iso en Galicia reciben o nome de mámoas.

Case en tódalas aldeas atopamos, penedos, Outeiros, fontes,  castros e mámoas, que son propiedade de seres míticos. Arqueoloxia e xenética, demostra que esta era unha zona compacta no paleolítico en Galicia, ó seu núcleo orixinal a poboación Céltica, que seguindo ao norte chegou a Irlanda.

Cantas lendas viven na nosa terra, dende a beiramar ata as altas montañas orientas.

A mámoa de Amenido, aparece na noite maxica de San Xoán, un feixe de galiñas e pitos de ouro, conta a lenda que enfeitiza, que sean debaixo do dolmen.

O  MONTE  DO  CEO.

Danza reveladora doutra harmonía, carballos centenarios, fermosas fervenzas, xoias da natureza, benvido sexas viaxeiro, sentirás no ánimo a vella historia; a danza da treboada nos vellos carballos, sinfonía máxica.

Máxico País ergueito ante min, pingas de auga sostidas nunha folla, paixón litúrxica ,algarabía collida en desexos,alí onde o vento é a música para o espírito.

Espertan os ríos, alí onde nacen vellos, e deixan obrigas, tesouros do noso rurai, plantío novo, prender a alma con fios verdes, e ser somente libres.

A paisaxe vai pegada ao cristal da vida, nun tren de cantigas novas; Mámoa de Amenido que soia quedache na antiga carballeira, achegase a tí a lenda do medallón perdido, e a pita de ouro cos sete pitiños.

Ana Mar Fraga Rábade.

,

 

 

 

 

 

 

TEMPOS NO CORAZÓN

TEMPOS NO CORAZÓN

A Galicia aquela dos meus devanceiros, chea se maxia, de ollos que vixian nos soutos pechados pola vexetacion, cristal das fontes, man que apreixa flores, montes e serras onde o vento da volta, murmurio de contos na orella dun val que respeta.

Campos de pedras lexendarias, ritos no tempo, pregarias a choiva, milenarias muiñeiras.

Amenceres no corazón, lúa baleira, sombra da néboa en manto banco, ollos de Galicia, vento do norte, bicos da auga en bágoas dunha gaita.

Ferida aberta, lirios da montaña, cabelo ao vento, berce e arado, herba no leito, morriña da pedra, camiño retorto peito do mundo.

Historia en cada recuncho, estrelas, terra é silencios, chamada dunha folla, naquel camiño onde vive a máis fermosa lenda.

Ana Mar Fraga Rábade.