Onde o Arco Àrtabro deixa entrar o mar, poder e figura da Deusa Ainoan, anfiteatro pechado polos Montes da Zapateirá.

Costa Ártabra, ou camiño dos sete faros Magnus Portus Artabaurum.

Deusa do vento, laios dunha natureza ousada ,onde as pedras escriben historia, deserto areal, onde as ondas levan o canto de sereas.

Morre a lúa nos confíns do mar,  durmindo un soño de misterios.

Ainoan, desexo preto de nós, filla dun Druida, onde a escuridade é luz ,agocha o sol á Raíña da noite.

Tempo galego na cor dun horizonte.

Ana Mar Fraga Rábade.