Castiñeiro Milenario organiza a proxección da película O MÉDICO DOS POBRES, de Federico Rioboo, na Casa da Cultura de Begonte

Este sábado 11 de abril a asociación cultural Castiñeiro Milenario organiza a proxección da película O médico dos pobres, de Federico Rioboo, a partir das sete da tarde na Casa da Cultura de Begonte.

Este filme documental tenta recuperar a memoria arredor do asasinato na guerra civil española de Manuel Díaz González, médico e alcalde do Incio, a mans de falanxistas. Con testemuñas variadas, un traballo de reconstrución e coralidade capaz de axudar a esclarecer a infamia dun tempo.

O fío condutor do documental parte do libro Sementes e memoria. Morte e evocación dun médico republicano, escrito por José Luis Díaz, sobriño do protagonista.

José Luis iniciou a investigación da vida do seu tío a raíz dunha nota manuscrita a lapis que de xeito casual atopou entre documentos da familia aló polo ano 1978. Esta nota dicía: “O 11 de setembro de 1936 matáronme a Manuel os fascistas”. Esta nota fora escrita polo pai do médico asasinado, e avó de José Luis, quen intuíu que a morte do seu tío estaba aínda rodeada dunha espesa néboa.

Ao remate terá lugar un pequeno coloquio para comentar a película proxectada.

Alana publica este venres o seu novo disco, UN SABER

Un dos proxectos máis singulares da nova escena musical galega presenta 

o seu segundo traballo discográfico, no que explora os ritmos da nosa tradición oral,

coa súa característica base electrónica e pop, nun disco de evolución e madurez, 

ritmicamente diverso, para bailar, cantar, gozar e… emocionar

Un saber (título que fai referencia ao saber popular das señoras) poderá 

escoitarse en todas as plataformas dixitais desde este venres, 10 de abril:

https://alana.lnk.to/UnSaber

O LP conta coas colaboracións de Pan.Sen.Fron, Guillerme Fernández, Casapalma, 

Galician Army, Charanga Benofán, Andrés Boutureira e Bieito Pereira, mentres que a posta en escena 

corre a cargo das escenógrafas e iluminadoras As dúas e punto

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o concerto de presentación 

do novo disco de Alana o sábado, 18 de abril, ás 21.30h, coas últimas entradas

dispoñibles en: https://salacapitol.entradas.plus/entradas/es/alana-capitol

Un saber, o agardado novo traballo discográfico de Alana, verá a luz este venres, 10 de abril, en todas as plataformas dixitais. Un dos proxectos máis singulares da nova escena musical galega presenta, así, o seu segundo LP, no que explora os ritmos da nosa tradición oral, sen perder a súa xa característica base electrónica e pop, nun disco de evolución e madurez, ritmicamente diverso, para bailar, cantar, gozar e… emocionar.

Un saber (título que fai referencia ao saber popular das señoras) conta coas colaboracións de Pan.Sen.Fron, Guillerme Fernández, Casapalma, Galician Army, Charanga Benofán, Andrés Boutureira e Bieito Pereira, mentres que a posta en escena corre a cargo das escenógrafas e iluminadoras As dúas e punto.

A Sala Capitol de Compostela acollerá o concerto de presentación deste novo disco de Alana o sábado, 18 de abril, ás 21.30h, coas últimas entradas aínda dispoñibles aquí.

Alana son Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro. O seu é un proxecto novo, diverso, cunha potente posta en escena e unha importante vinculación coa tradición e o baile; unha proposta que parte das recollidas e mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop, nunha coidada e xa característica produción musical. Con este novo traballo discográfico, Alana reflicte o seu cambio vital e amosa, tamén, unha continuidade, desde aquel O xeito á Cántigha, a súa primeira e festexada ópera prima.

Agora, a banda regresa con máis forza se cabe, e coas mesmas gañas de seguir facendo o que máis lles apaixona: “Desde o noso primeiro disco, houbo moitos cambios en nós, tanto a nivel profesional como a nivel persoal, e pensamos que o disco reflexa este cambio. Pero é, tamén, unha continuación: queremos que sexa un disco que transmita o ben que o pasamos facendo música; un disco para bailar, cantar, gozar e, se cabe, emocionar”. 

O proxecto contou para o seu desenvolvemento co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

UN SABER, O NOVO LP DE ALANA, UN DISCO PARA BAILAR, CANTAR, GOZAR E EMOCIONAR

“Un saber é unha evolución sobre como empezamos a vivir a música nos primeiros tempos de Alana e como o facemos agora… A nivel rítmico, é un disco moi diverso, xa que exploramos a meirande parte dos ritmos da nosa tradición oral. En moitos casos, as cancións están ligadas con momentos ou persoas que foron importantes nas nosas vidas”, apunta a banda. E continúa: “Había unha idea que nos rondaba na cabeza desde hai tempo, e era a pouca importancia que lle daban as propias informantes á música que facían, algo que xa sabíamos, pero que nos segue sorprendendo a día de hoxe”. 

Antía, Eloy e Pablo apuntan, tamén: “O libro publicado por Beatriz Busto Miramontes, Pandereteiras de Mens, fala de como Prudencia, Asunción, Manuela, Adela e Teresa –e, como elas, tantas mulleres no noso país–, non tiñan unha «conciencia directa de que detrás da práctica de tocar a pandeireta, cantar e bailar houbese un saber musical». Para elas a música eran esas charangas ou murgas, pensaban que o seu non constituía un ’saber’ en si mesmo, e de aí o nome do disco”.

Para Alana, esa música constitúe algo de tan alto valor, de tan amplo coñecemento e de tan grande saber que “queríamos aportar o noso pequeno grao de arena para seguir con ese legado que nos deixaron e nos deixan”.

ALANA: RAÍZ, RITMO E REVOLUCIÓN

Alana é un dos proxectos máis singulares da nova escena tradicional galega. Unha formación musical á que dan vida Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, e que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. Unha proposta nova, diversa, cunha potente posta en escena e unha importante vinculación coa tradición e o baile.

O marcado estilo persoal da banda levounos a compartir escenario con artistas como Rodrigo Cuevas e a participar nalgunhas das principais citas musicais galegas, como o Atlantic Pride ou o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira; pero, tamén, en programacións noutros lugares da Península Ibérica e de Europa, formando parte de espazos como o Festival Interceltique de Lorient (Francia) ou o Terra fest de Genève.

No seu primeiro ano de vida foron gañadores do Premio Xuventude Crea na categoría de música, gañadores do concurso de bandas do Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, no que tiveron a ocasión de tocar en dous anos consecutivos, finalistas como mellor proxecto de folk nos Premios da música galega Martín Códax e semifinalistas como mellor album en galego nos Premios MIN. O xeito á cántigha é o seu primeiro disco, mentres que Un saber é o seu segundo traballo.

DISTRIBUCIÓN ALANA

https://urdime.gal/musica/Alana

LINK ESCOITA UN SABER, DE ALANA

https://alana.lnk.to/UnSaber

20260408-NP-Alana_Un-saber

FUMEGA FEST 2026 desvela o seu cartel por días e pon á venda as entradas de día

A OFERTA PROMOCIONAL E LIMITADA ESTÁ XA DISPOÑIBLE DENDE 37€ EN FUMEGAFEST.COM E ENTERTICKET

O festival Fumega Fest vén de desvelar a distribución por días da súa segunda edición, seguindo coa súa aposta por traer ao Parque do Pasatempo de Betanzos a algún dos mellores nomes a nivel europeo do Stoner Rock e o Doom Metal, nun evento que terá lugar os próximos días 26 e 27 de xuño.  

A primeira xornada estará marcada pola presenza da exclusiva banda británica Conan, que xunto a Burst (Suecia), Men Eater (Portugal), Luciférnaga (Vigo) e Travo (Portugal) abrirán por todo o alto o venres. Por outra banda, o sábado, derradeira xornada do festival, estará protagonizada pola presenza dos ucraínos Stoned Jesus, que compartirán escenario con bandas como Wet Cactus (Cantabria), Volcanova (Islandia), Moura (A Coruña) e Causa Sui (Dinamarca). Desta maneira, o evento segue afianzando o status como unha das grandes referencias do xénero na Península Ibérica, así como o principal evento do mesmo no estado español. 

Os ritmos intensos, as guitarras distorsionadas e as atmosferas sonoras encherán de novo Betanzos tras o bo sabor de boca da súa primeira edición, celebrada o pasado verán. Recuperando o espírito rockeiro e metaleiro do Parque do Pasatempo, o festival busca seguir dando pasos cara asentarse como evento referencia na Península Ibérica para os xéneros saídos do rock e o metal alternativos.

ENTRADAS DE DÍA XA Á VENDA

Co anuncio da distribución por días do cartel, o festival ten xa á venda as entradas de día, cun prezo promocional e limitado de 37€, que se suman aos abonos dispoñibles dende 62€ na páxina web do festival, www.fumegafest.com e Enterticket.es. Tamén está dispoñible o acceso á acampada, que ten un custo de 22€ e acceso os dous días de festival. 

Fumega Fest é un festival promovido pola promotora PlayPlan, responsables de festivais como BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas ou Festival do Pasatempo, así como das carreiras de artistas como Hugo Guezeta, Vimbio ou Sabela. O evento conta coa colaboración institucional do concello de Betanzos e a colaboración de Liporca. 

COÑECE AOS ARTISTAS DO FUMEGA FEST

VENRES 26

Un dos nomes máis exclusivos desta nova edición do Fumega Fest, Burst, será un dos principais reclamos da primeira xornada do festival. A banda sueca de metal progresivo que, tras anos de evolución e pausas indefinidas, volven para seguir vendo como medra a súa reputación e respecto na industria grazas a discos aclamados e directos poderosos, combinarán atmosferas expansivas, ferocidade metálica e grandes grooves no Parque do Pasatempo.  

Xunto a eles, estará Conan, banda británica de doom metal formada en Liverpool, coñecida polo seu son extremo, distorsionado e afinacións profundamente baixas. Convertéronse nun referente absoluto do xénero, chegando a ser descritos como “títáns da escena doom metal”.  

Por primeira vez no festival, haberá presencia do país veciño con dúas agrupacións portuguesas na xornada do venres, contando con Men Eater, banda punteira da escena rock/metal xa catalogada como unha das formacións máis impactantes do país. Xunto a eles, actuará Travo, outra das bandas máis potentes da escena rock, caracterizados polos seus sons que combinan psych rock, stoner, garage e enerxía punk. 

Pechando esta primeira xornada estará unha das grandes agrupacións galegas, Luciférnaga, banda viguesa que destaca polos seus sons pesados e envolventes, que beben do doom e do stoner metal, explorando a escuridade humana a través de riffs densos e letras introspectivas.  

SÁBADO 27

Un dos grandes nomes desta edición, que encabezará a xornada do sábado, é Stoned Jesus, banda ucraína formada en Kyiv en 2009. Cunha traxectoria de case 500 concertos por Europa e Sudamérica, compartiron escenarios con bandas lendarias como Black Sabbath, Deep Purple, Rammstein, Slayer ou Gojira. Sempre en evolución, Stoned Jesus continúa explorando novos camiños sonoros, consolidando un son propio que mestura doom, prog e grunge. 

Xunto a eles estará Causa Sui, banda danesa que leva en activo dende o  2005. Tras dous primeiros discos de heavy-psych, evolucionaron cara sons máis experimentais e instrumentais, con influencias que van desde o Miles Davis eléctrico ou o stoner-rock americano. O seu estilo foi definido como unha gran onda que percorre cinco décadas de rock, creando paisaxes sonoras expansivas e hipnóticas que os consolidan como unha referencia esencial da psicodelia contemporánea. 

O festival tamén contará nesta segunda xornada con algúns dos grandes nomes da escena estatal e galega como é Wet Cactus, banda cántabra que se move entre o stoner máis clásico e o grunge dos noventa, formada no verán de 2013, así como Moura, banda coruñesa que aposta pola fusión de rock progresivo, psicodelia e folclore tradicional, creando unha experiencia sonora case ritual.  

A nota máis exótica, para pechar a derradeira xornada de festival, apórtana Volcanova, que chegarán dende Islandia co seu stoner rock cheo de fuzz, grooves poderosos e harmonías vocais a tres voces.

20260408-NP-GAL-CARTEL-POR-DIAS-FUMEGA-FEST-2026