O IESCHA organiza as presentacións dos libros AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA, de Antón Baamonde, e A FABA E NÓS, de Alberto V. Serantes, na Casa da Cultura de Vilalba


VENRES 17-04-2026
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA, do filósofo e escritor vilalbés Antón Baamonde, editado por Galaxia.
Estará acompañado por Henrique Sanfiz, de Radio Fene, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
O acto terá lugar o venres 17 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
SÁBADO 18-04-2026
E o sábado 18 de abril o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, tamén organiza o acto de presentación do libro A FABA E NÓS, de Alberto V. Serantes, con ilustracións de Araceli Paz e publicado por Figurando Recordos Edicións.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
O acto terá lugar o sábado 18 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
NOTAS INFORMATIVAS

