O Atlantic Pride remata esta fin de semana cos directos de Mayo, Edurne e David Civera, entre outros

‘O Orgullo do Norte’ coruñés presenta tres novos directos este sábado, 12 de xullo, a partir das 20.00 horas, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez, con Samantha Ballantines & Kelly Amethyst, Turista Sueca, Mayo, Edurne, Sofía Cristo e DJ Espinoso

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o mesmo sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30 horas

Pola súa banda, o domingo 13 de xullo, tamén desde as 20.00 horas, chegaralle a súa quenda a Anabel Conde, Kuve, David Civera e DJ Flashback, nunha xornada de clausura na que tamén se entregarán os premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+ 

O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic

 

Esta fin de semana, o Atlantic Pride, o ‘Orgullo do Norte’ da Coruña, chega á súa fin con novos e coloridos directos da man de artistas tan agardados como Mayo, Edurne e David Civera, entre moitos outros.

Mayo, o gran referente LGTBIQ+ das novas xeracións, aterra o sábado 12 de xullo na cidade da Coruña para presentar os temas de Season I, o seu primeiro traballo discográfico, que viu a luz o pasado ano a ritmo dun pop electrónico e intimista, con letras aditivas e un enérxico son, que viñeron confirmar o que todo o mundo intuía: que Mayo é, sen dúbida, unha das grandes revelacións musicais do momento.

O sábado 12 chegaralle tamén á súa quenda a Edurne, cun directo no que non faltarán temas pegadizos de dance e pop de reminiscencias ‘dousmileiras’, do seu actual éxito Éxtasis ao eurovisivo Amanacer, cos que a representante de España en Eurovisión 2015 e participante de Operación Triunfo fai 20 anos demostrará que atópase no seu mellor momento de forma.

Ademais, o mesmo sábado 12, a dj Sofía Cristo ofrecerá unha divertida pinchada entre o “remember” e os sons máis comerciais, conectada, tamén, co electro house, o beatroom e o future house, sons que a levaron a actuar o pasado 2024 nun dos grandes festivais de culto da electrónica internacional, o aclamado Tomorrowland.

Xunto a ela, o mesmo sábado 12, actuarán tamén as drags Ariel REC & Gaylicia e máis a banda revelación do momento, Turista Sueca, que, co seu estilo “electro-mamarracho”, achegará ao público ritmos electrónicos a letras que poñen o foco, con ironía, sobre estereotipos e elementos da vida cotiá. A súa música sitúase a medio camiño entre o “electro-disgusting” de Las Bistecs e o “subnopop” de Ojete Calor, bebendo, tamén, doutras propostas como Ladilla Rusa, Putilatex ou Putochinomaricón. Pola súa banda, aos pratos da apertura da xornada situarase DJ Espinoso.

Xa o domingo 13 de xullo, tres das voces máis emblemáticas e icónicas da música popular española das últimas tres décadas serán as encargadas de botar o pano desta sexta edición do Atlantic Pride nos Xardíns de Méndez Núñez. David Civera, estrela do pop español que alcanzou fama internacional ao representar España en Eurovisión 2001, logrando o mellor posto do país en máis de dúas décadas co seu éxito Dile que la quiero. Visita este verán a cidade herculina coa súa xira “Grandes éxitos 2025”  coa que repasará un rico repertorio de grandes cancións que forman parte da memoria musical de toda unha xeración.

Xunto a David Civera estará Kuve, o alter ego de Maryan Frutos Maíquez, unha forza imparable do pop electrónico contemporáneo. Con catro álbums e múltiples participacións en grandes citas de renome, a artista mestura de maneira brillante o indie-rock con sons sintéticos, entregando directos cheos de enerxía e potencia. Tras ser finalista no Benidorm Fest 2025 co seu sinxelo LOCA XTI, chega ahora ao Atlantic Pride da Coruña, cunha música conecta diferentes xeracións e estilos nun espectáculo vibrante e moderno. 

Finalmente, Anabel Conde, unha voz histórica do Festival de Eurovisión de 1995, onde acadou un memorable segundo posto co celebrado tema Vuelve conmigo, amosará como mantén viva a súa pegada e o seu compromiso coa música pop máis actual. Mentres, as pinchadas da velada correrán a cargo de DJ Flashback.

Da man destes tres artistas, a xornada de clausura do Atlantic Pride 2025 será unha oportunidade única para gozar dunha noite repleta de emoción, talento e diversidade musical, que promete conectar o pasado, o presente e o futuro da música pop española nunha experiencia inesquecible.

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.

Finalmente, o domingo, 13 de xullo, tamén desde as 20.00 horas, chegaralle a súa quenda a Anabel Conde, Kuve, David Civera e DJ Flashback, nunha xornada de clausura na que tamén se entregarán os premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+.

PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025

Sábado, 12 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

20.00h. DJ Espinoso

21.15h. Samantha Ballentines

21.45h. Turista Sueca

23.00h. Mayo

00.00h. Samantha Ballentines & Kelly Amethyst

00.30h. Edurne 

01.30h. Sofía Cristo

Domingo, 13 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

19.30h. Entrega de premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+

20.00h. DJ Flashback

21.00h. Anabel Conde

21.45h. Kuve

22.30h. David Civera

23.30h. DJ Flashback

GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE 

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.

A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio. 

Nesta 6ª edición, o Atlantic Pride contarña coa presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.

Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve. 

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h. 

20250711-NP-axenda-fin-de-semana-12-e-13-Atlantic-Pride-2025

Camiño Escena Norte e Vegalsa-Eroski renovan a súa alianza a prol das artes escénicas

A compañía galega de distribución alimentaria e Escena Galega ratificaron o acordo de colaboración para a sétima edición do CEN

Camiño Escena Norte celebrarase do 12 de setembro ao 26 de outubro en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa

Por quinto ano consecutivo, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski apoia o proxecto de intercambio de artes escénicas Camiño Escena Norte. Faino como patrocinador oficial desta sétima edición,  que se celebrará do 12 de setembro ao 26 de outubro baixo o lema Sementar, coidar e xermolar. Vegalsa-Eroski afianza así o seu compromiso cunha iniciativa que promove o intercambio cultural entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa.

Na sinatura do acordo, celebrada na Coruña, estiveron presentes a directora de Sostibilidade e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; o coordinador de Camiño Escena Norte, Diego V. Meizoso; e, por parte de Escena Galega -a asociación promotora do CEN en Galicia-, Gustavo del Río. O acto tamén contou coa asistencia de Pérez & Fernández, unha das tres compañías galegas que participará este ano no Itinerario Constelacións, eixe central do programa, coa súa montaxe Nanay de la China.

“Para Vegalsa-Eroski a promoción da cultura é fundamental porque nos axuda a manter vivo o noso patrimonio, polo que estamos moi felices de renovar esta colaboración. Sobre todo porque falamos dun proxecto que se desenvolve en Galicia, Asturias e outras comunidades, unindo diferentes proxectos e perspectivas do noso territorio desde as artes escénicas”, destacou Gabriela González.

“Celebramos que Vegalsa-Eroski siga apoiando a cultura e en especial as artes escénicas e o espectáculo ao vivo a través dun proxecto que tece redes e abre novos camiños entre os territorios. A súa aposta foi e segue a ser fundamental para a estabilidade e desenvolvemento de Camiño Escena Norte. Establecemos unha alianza entre o sector cultural e creativo e o mundo da empresa que nos parece importantísima e que posibilita que este ano vaiamos ter actividade en case 30 sedes de Galicia e o Principado de Asturias”, indicou Gustavo del Río.

Canda a compañia coruñesa Pérez & Fernández, tamén representarán a Galicia no Itinerario Constelacións de Camiño Escena Norte o Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, que xirará con Hellen Keller, a muller marabilla?; e Paula Quintas Cía., que presentará o seu espectáculo Multiperspectivas#3. 

VEGALSA-EROSKI

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 288 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías xerais situada na localidade de Sigüeiro, na Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.


CAMIÑO ESCENA NORTE

Camiño Escena Norte nace no 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago do norte da Península Ibérica. Ao longo destes sete anos, Camiño Escena Norte levou o teatro, a danza e artes do movemento e o novo circo a escenarios afastados dos circuítos habituais en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Desde este 2025, tamén chegará a un novo territorio: A Rioxa.

CEN é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas ESCENA GALEGA (Galicia), ESCENASTURIAS (Asturias), ACEPAE (Cantabria), ESKENA (Euskadi), ESNA (Navarra) e AESCENA (A Rioxa). Todas elas, unidas, conforman a supraentidade Camiño Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción do proxecto. 

CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das seis comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Goberno de Navarra, Gobierno de La Rioja e Ministerio de Cultura. Colabora tamén a Deputación Provincial de Lugo e Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial. Ademais, Camiño Escena Norte conta nesta edición coa colaboración especial da Asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.

20250711-NP-Vegalsa-Eroski-apoia-CEN