‘O Orgullo do Norte’ coruñés presenta tres novos directos este sábado, 12 de xullo, a partir das 20.00 horas, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez, con Samantha Ballantines & Kelly Amethyst, Turista Sueca, Mayo, Edurne, Sofía Cristo e DJ Espinoso

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o mesmo sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30 horas

Pola súa banda, o domingo 13 de xullo, tamén desde as 20.00 horas, chegaralle a súa quenda a Anabel Conde, Kuve, David Civera e DJ Flashback, nunha xornada de clausura na que tamén se entregarán os premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+ 

O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic

 

Esta fin de semana, o Atlantic Pride, o ‘Orgullo do Norte’ da Coruña, chega á súa fin con novos e coloridos directos da man de artistas tan agardados como Mayo, Edurne e David Civera, entre moitos outros.

Mayo, o gran referente LGTBIQ+ das novas xeracións, aterra o sábado 12 de xullo na cidade da Coruña para presentar os temas de Season I, o seu primeiro traballo discográfico, que viu a luz o pasado ano a ritmo dun pop electrónico e intimista, con letras aditivas e un enérxico son, que viñeron confirmar o que todo o mundo intuía: que Mayo é, sen dúbida, unha das grandes revelacións musicais do momento.

O sábado 12 chegaralle tamén á súa quenda a Edurne, cun directo no que non faltarán temas pegadizos de dance e pop de reminiscencias ‘dousmileiras’, do seu actual éxito Éxtasis ao eurovisivo Amanacer, cos que a representante de España en Eurovisión 2015 e participante de Operación Triunfo fai 20 anos demostrará que atópase no seu mellor momento de forma.

Ademais, o mesmo sábado 12, a dj Sofía Cristo ofrecerá unha divertida pinchada entre o “remember” e os sons máis comerciais, conectada, tamén, co electro house, o beatroom e o future house, sons que a levaron a actuar o pasado 2024 nun dos grandes festivais de culto da electrónica internacional, o aclamado Tomorrowland.

Xunto a ela, o mesmo sábado 12, actuarán tamén as drags Ariel REC & Gaylicia e máis a banda revelación do momento, Turista Sueca, que, co seu estilo “electro-mamarracho”, achegará ao público ritmos electrónicos a letras que poñen o foco, con ironía, sobre estereotipos e elementos da vida cotiá. A súa música sitúase a medio camiño entre o “electro-disgusting” de Las Bistecs e o “subnopop” de Ojete Calor, bebendo, tamén, doutras propostas como Ladilla Rusa, Putilatex ou Putochinomaricón. Pola súa banda, aos pratos da apertura da xornada situarase DJ Espinoso.

Xa o domingo 13 de xullo, tres das voces máis emblemáticas e icónicas da música popular española das últimas tres décadas serán as encargadas de botar o pano desta sexta edición do Atlantic Pride nos Xardíns de Méndez Núñez. David Civera, estrela do pop español que alcanzou fama internacional ao representar España en Eurovisión 2001, logrando o mellor posto do país en máis de dúas décadas co seu éxito Dile que la quiero. Visita este verán a cidade herculina coa súa xira “Grandes éxitos 2025”  coa que repasará un rico repertorio de grandes cancións que forman parte da memoria musical de toda unha xeración.

Xunto a David Civera estará Kuve, o alter ego de Maryan Frutos Maíquez, unha forza imparable do pop electrónico contemporáneo. Con catro álbums e múltiples participacións en grandes citas de renome, a artista mestura de maneira brillante o indie-rock con sons sintéticos, entregando directos cheos de enerxía e potencia. Tras ser finalista no Benidorm Fest 2025 co seu sinxelo LOCA XTI, chega ahora ao Atlantic Pride da Coruña, cunha música conecta diferentes xeracións e estilos nun espectáculo vibrante e moderno. 

Finalmente, Anabel Conde, unha voz histórica do Festival de Eurovisión de 1995, onde acadou un memorable segundo posto co celebrado tema Vuelve conmigo, amosará como mantén viva a súa pegada e o seu compromiso coa música pop máis actual. Mentres, as pinchadas da velada correrán a cargo de DJ Flashback.

Da man destes tres artistas, a xornada de clausura do Atlantic Pride 2025 será unha oportunidade única para gozar dunha noite repleta de emoción, talento e diversidade musical, que promete conectar o pasado, o presente e o futuro da música pop española nunha experiencia inesquecible.

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.

Finalmente, o domingo, 13 de xullo, tamén desde as 20.00 horas, chegaralle a súa quenda a Anabel Conde, Kuve, David Civera e DJ Flashback, nunha xornada de clausura na que tamén se entregarán os premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+.

PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025

Sábado, 12 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

20.00h. DJ Espinoso

21.15h. Samantha Ballentines

21.45h. Turista Sueca

23.00h. Mayo

00.00h. Samantha Ballentines & Kelly Amethyst

00.30h. Edurne 

01.30h. Sofía Cristo

Domingo, 13 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

19.30h. Entrega de premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+

20.00h. DJ Flashback

21.00h. Anabel Conde

21.45h. Kuve

22.30h. David Civera

23.30h. DJ Flashback

GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE 

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.

A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio. 

Nesta 6ª edición, o Atlantic Pride contarña coa presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.

Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve. 

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h. 

20250711-NP-axenda-fin-de-semana-12-e-13-Atlantic-Pride-2025