Roteiro e obradoiro “A Torre soñada”

Roteiro e obradoiro “A Torre soñada”

O Día das Letras Galegas, xoves 17 de maio ás 11:00, terá lugar o  roteiro literario A Torre soñada, pola contorna da Torre de Hércules, a cargo de Xurxo Souto. O punto de encontro é a praia de San Amaro, no peirao de carga fronte á farmacia. Non é necesaria inscrición previa.

Esta actividade fai parte dun programa que tamén inclúe o Obradoiro de escrita creativa A Torre soñada, que impartirá tamén Xurxo Souto. Neste obradoiro si é necesaria a inscrición previa, que se fará no correo electrónico torredehercules@coruna.es até completar 20 prazas, por orde de solicitude. O punto de encontro neste caso é o Club del Mar de Santo Amaro. Terá lugar os sábados 19 e 26 de maio, e os 2 e 9 de xuño. Unha iniciativa Consorcio de Turismo do Concello da Coruña.

Presentacións en Pontevedra e Vigo do monográfico sobre María Victoria Moreno “Renacer á descuberta das palabras”

Presentacións en Pontevedra e Vigo do monográfico sobre María Victoria Moreno “Renacer á descuberta das palabras”

Renacer á descuberta das palabras é o segundo monográfico de Sermos Galiza, neste caso sobre María Victoria Moreno, que contou coa colaboración da AELG.

Presentarase hoxe luns, 14 de maio, ás 19.30 na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9 – Pontevedra), coa presenza de Alberto Oubiña, Concelleiro de Normalización, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Mercedes Queixas Zas e Antonio García Teijeiro, coordinadora e coautor do monográfico respectivamente.

Na cuarta feira, 16 de maio, terá lugar ás 20.30 a presentación en Vigo, na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125), coa participación de Marta Dacosta en representación da AELG e como coutora, e Antonio García Teijeiro, coautor.

 

*Información achegada dende a AELG.

FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DA LOITA CONTRA O CANCRO

FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DA LOITA CONTRA O CANCRO

O vindeiro sábado 19 de maio, ás 20:30h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase un Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.

Este festival conta coas actuacións de:

Mestura de Nete, alumnos e alumnas de Antía Maseda (pandeireta e baile tradicional), Vanesa Siso (tamboril), Ángel Sendín (gaita), Andrés Penabad (acordeón), así como o grupo de cantos, e Cantigas e Frores, de Lugo.

As entradas xa están a venda, a un prezo único de 5€, por medio dos membros da Asociación de Veciños de Nete, na Casa da Cultura e o mesmo día da actuación na taquilla.

A recadación íntegra tanto da venda de entradas coma de donativos, entregaráselle a un representante da Asociación contra o Cancro de Lugo ao finalizar o festival.

Colabora:

Concello de Vilalba

Asociación Cultural Andrade

Escola de Acordeóns Andrés Penabad

Deputación de Lugo. Programa Musiqueando

Gráficas Neal.

 

*Información recollida na área de Cultura do Concello de Vilalba.

Concerto de Corais no Auditorio Municipal de Vilalba

Concerto de Corais no Auditorio Municipal de Vilalba

Este venres 18 de maio, ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, teremos un concerto de Corais, no que actuarán as agrupacións:

_ Coro A.C. “Músico Crisanto” de Rabade-Begonte-Outeiro de Rei.

_ Coral Polifónica Vilalbesa

e, por suposto, a organizadora do evento, a Coral Luar.

Este concerto conta con Esperanza e Aurelio (voz e piano) e Andrade Ensemble (Miguel e Néstor, trompeta e piano) como músicos convidados.

A entrada ao mesmo será de balde.

Organiza : Coral Luar

Patrocina: Coral Luar e Concello de vilalba

Colaboran: Centro Sociocomunitario de Vilalba.

 

*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.

Presentación libros de Pilar González Usón

Mira Editores e o Concello de Vilalba convida á presentación dos libros de Pilar González Usón, Asesinato en el club de bridge”  e “¿Crímenes perfectos? Meluca y el caso del bridgista asesino”.

Acto que terá lugar o vindeiro martes 15 de maio ás 20:30h, na Casa da Cultura de Vilalba, e no que participarán o alcalde Agustín Baamonde, a concelleira de Cultura Chery Grandío e a autora Pilar González Usón.

Colabora: Librería Pergamino.

Adxunto vai o convite a dito evento.

 

*Información achegada dende a área de Cultura do Concello de Vilalba.