Encontro coas autoras galardoadas co Premio da Crítica 2017

Encontro coas autoras galardoadas co Premio da Crítica 2017

O 24 de maio, na sala do Ateneo Santiago (rúa do Vilar, 19, Compostela), terá lugar un encontro coas autoras galardoadas co Premio da Crítica 2017 en lingua galega: Emma Pedreira e Lupe Gómez.
Xunta elas, participarán Burghard Baltrusch e Teresa Seara, para falaren das obras premiadas e a traxectoria das escritoras.

 

*Información recollida da Asociación Galega da Crítica.

Encontro-coloquio coa Escritora Galega Universal, Isabel-Clara Simó. Venres 18 de maio, ás 19.00, en Compostela

Encontro-coloquio coa Escritora Galega Universal, Isabel-Clara Simó. Venres 18 de maio, ás 19.00, en Compostela

Ás 19:00 do venres 18 de maio a escritora catalá Isabel-Clara Simó ofrecerá, dentro do programa de actividades da súa estadía en Galiza para recoller o Premio Escritora Galega Universal 2018, un encontro-coloquio aberto ao público en xeral na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7 – Santiago de Compostela) acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, acto ao que te convidamos.

Isabel-Clara Simón recollerá o galardón no marco da Gala do Libro Galego 2018, que terá lugar o día seguinte, sábado 19 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación Galega de Editoras e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

TRÁNSITO

TRÁNSITO

TRÁNSITO

Caen as follas sen facer ruído,

caen… mansamente,

para deixar paso ás novas follas

que ocuparán o seu sitio…

Sucesión de días no almanaque,

horas vencidas…polo tempo,

segundos roubados á eternidade.

Caen as follas…

primavera durmida no berce do inverno,

días de choiva e neve,

e seguen a caer as follas…

como triste presaxio dun mañá… incerto,

como ese ouvear do vento

na fiestra

que me vén traer a cantiga

da desesperanza…

E seguen a caer as follas

no leito ermo… onde descansan

os meus pés descalzos.

Leito de herba que desperta coa calor

dos primeiros raios.

Nacen as follas…sucesivamente,

mentras seguen a caer unha tras de outra…

as mortas,

enchendo de nostálxia… os meus soños.