O Día das Letras Galegas, xoves 17 de maio ás 11:00, terá lugar o roteiro literario A Torre soñada, pola contorna da Torre de Hércules, a cargo de Xurxo Souto. O punto de encontro é a praia de San Amaro, no peirao de carga fronte á farmacia. Non é necesaria inscrición previa.
Esta actividade fai parte dun programa que tamén inclúe o Obradoiro de escrita creativa A Torre soñada, que impartirá tamén Xurxo Souto. Neste obradoiro si é necesaria a inscrición previa, que se fará no correo electrónico torredehercules@coruna.es até completar 20 prazas, por orde de solicitude. O punto de encontro neste caso é o Club del Mar de Santo Amaro. Terá lugar os sábados 19 e 26 de maio, e os 2 e 9 de xuño. Unha iniciativa Consorcio de Turismo do Concello da Coruña.