Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

  • Domingo, 26 de novembro de 2017, a partir das 18:00

Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), con entrada libre até completar aforo.

Sección de literatura de tradición oral da AELG propón visitar o Concello das Pontes para asistir a esta Polafía. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para incorporar ao arquivo oral da web AELG.

O acto terá lugar no Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), ás 18.00 e con entrada libre até completar aforo.

Contaremos con actuacións musicais e as intervencións de:

Ovidio García Pazos, Xosé López Soto, Antonio Lourenzo Cabarcos (Toñito de Ferpu), Maruja López Rivera (Maruja da Ibérica), José López Martínez (Pepe de Rosalía), Esperanza Piñeiro de San Miguel, Nieves Montero Corral, Juan Eladio Pico Romero (Eladio O Cego), Jesús Prieto (Suso do Aparral), Sara Ramil, Elisa Romero Ferreiro, Isidro Novo, Lois Pérez e… un mundo de xente.

Este acto, coorganizado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, conta co apoio da Deputación da Coruña, a Consellaría de Cultura e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e coa colaboración do Concello das Pontes.

 

*Información achegada dende a AELG.

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical no Auditorio Municipal de Vilalba

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical no Auditorio Municipal de Vilalba

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical.

La Bella y La Bestia”, musical familiar baseado no conto de fadas de Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve e a obra revisada e abreviada de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont, a cal escribiu a partir da historia orixinal. Esta historia representada en Teatro Musical é ideal para que maiores e pequenos gocen xuntos coa gran posta en escena, os personaxes diversos e pola maxia que desprende en cada escena con fermosas e divertidas coreografías e cancións con voces en directo.

Recomendado para toda la familia.

Data: Sábado 25 de novembro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 17:30h

Entradas: anticipada12€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 14€.

Os nenos menores de 2 anos que non ocupen butaca non pagan.

Para todos os públicos.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Actos organizados polo Concello de Vilalba

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Actos organizados polo Concello de Vilalba

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,

Venres día 24 ás 20:30 h. no Auditorio Municipal haberá un acto que leva por título:

MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”, no que participarán xoves de Vilalba que, a través de distintos estilos musicais, expresarán o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres.

Neste acto participa un grupo de seis rapaces e rapazas do IES Basanta Silva, que son ARI, NOA, ANXO, LOIS, MONTERO e TRASTOY.

Actúan tamen os DJs DIEGO AMIDO e DAVID GARCÍA.

As entradas para este acto serán gratuítas e poderán sacarse na Casa da Cultura e a través da plataforma Ataquilla.com, até completar aforo.

 

*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba

Presentación do libro GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire

Presentación do libro GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire

O venres 24 de novembro ás 20h no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, presentación do libro GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire.

Intervirán:
Alfonso Blanco Torrado (Xermolos/Irmandade Manuel María da Terrá Chá).
Nieves Espiñeira Medín (Ganduxando Vidas).
Manuel Castro Santamariña (IESCHA).
Xaquín Campo Freire (Homenaxeado).
Xulio Xiz (Coordinador do libro).

 

*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba