VINTE: Poesía Argonauta

VINTE: Poesía Argonauta

O sábado 4 de Novembro Recital de Poesía ás 7:30 da tarde na Libraría Biblos e no Local da Sociedade Lar de Unta no que participarán:

YOLANDA PASCUAL, PAS VERES, DANIEL CALVETE, ANTÓN DE GUIZÁN, MARISA GARCÍA, JUDIÑA DE LEA, MARIA PEREIRA, MONCHO BOUZAS, BRANCA VILLAR, JOSÉ CARPENTER E MARTIÑO MASEDA.

 

Presentarase o poemario publicado na rede Vinte: Poesía Argonauta de Moncho Bouzas, ilustrado con fotografías do Biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño e obras da pintora Amalia Costa. É a recompilación de vinte vellos poemas escritos no século pasado, todos eles lidos en recitais do Batallón Literario da Costa da Morte polo autor, e que agora ven a luz en homenaxe ao recentemente falecido poeta e percebeiro Paco Souto.

O recital de poesía, que conta coa participación do poeta vilalbés Martiño Maseda, forma parte dunha iniciativa de dinamización da creación e divulgación da poesía, froito da cooperación de creadores de Betanzos que impulsan a proposta de constitución dun Grupo Poético nas Mariñas coa NPG Nova Poesía Guitirica. A Chaira e As Mariñas baixo o lema Forza e Medre a Poesía!!, concorren nun recital de poesía no Casco Histórico de Betanzos. O recital está organizado pola Sociedade Gastronómica, Cultural, Xuvenil e Deportiva Lar de Unta e conta coa colaboración da Libraría Biblos.

 

*Información facilitada por Moncho Bouzas.

TERRA.

TERRA.

Prende o salaio en min, alí en lonxana ribeiras, sen alento nun mundo que se vai, perdendose dentro da terra, mensaxeiro daquela que non cala, imaxes dunha dura treboada.

Fraca frauta de breixo, receita feita por min, pracer de quen te tocaba, gardián da soidade eterna, cando sen berce fenece a terra.

Cobiza dun mal encuberto, ferida da indiferenza, pasos na memoria, silencio dunha raza extraña, cando a dor é un futuro de infindos reinos.

Ana Mar Fraga Rábade.

VINTE, novo grupo poético

VINTE, novo grupo poético

O próximo sábado bota a andar en Betanzos um novo grupo poético-VINTE, poesía argonauta- con un recital no espazo literário Bíblos e na Asociación Lar de Unta nun acto poético no que participará poetas do novo grupo, da NPG Nova Poesia Guitirica e o poeta vilalbés Martiño Maseda. A dinámica literária chairega achega o seu apoio a iniciativas da comarca veciña e sentabvias de colaboración cultural para o futuro con esta nova iniciativa, espello da NPG, que xa ten participado de numerosas actividades fora da comarca e que prepara para o 2 de decembro nos Vilares a entrega de prémios do Certame <VILARIÑAS> de micropoemas. Adxuntamos enlace de informação do recital e cartel do mesmo:

 

https://poemasenfollaimpar.wordpress.com/2017/10/24/recital-de-poesia/

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

María Reimóndez gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por FÓRA DO NORMAL

María Reimóndez gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por FÓRA DO NORMAL

 A escritora luguesa María Reimóndez Meilán gaña o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuveil pola igualdade coa obra FÓRA DO NORMAL. Reimóndez, tradutora e intérprete de profesión, é unha escritora consolidada e considerada dentro do panorama literario galego, tanto polos premios literarios acadados como pola cantidade e calidade de libros publicados.

A este certame literario, convocado polo IESCHA e Concello de Vilalba, e coa colaboración de Edicións Xerais, presentáronse mais de 20 obras. E actuaron de xurado: os escritores Marica Campo e Xabier P. Docampo, e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

*Información achegada polo IESCHA.