#PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

#PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema  de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista,  unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz,  nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o prémio de poesía, o Certame Vilariñas de micro poesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.

Veremos nas rúas poemas de 50  poetas de Galiza, Portugal, Venezuela, Ucrania e Italia que farán de Guitiriz e Parga un grande poemario contra os incendios e das suas farolas as páxinas. @s poetas son:

-Xosé María Díaz Castro

-Pas Veres

-Xacobe S. Quintela (Jaki)

-Branca Villar

-Antón de Guizán

-María Pereira

-Moncho Bouzas

-Toño Núñez

-Paco Ledo

-Montse González

-Concepção Guerra da Palma (🇵🇹 Portugal)

-Ricardo Souto Morano

-Ana Vila Portomeñe

-Pedro Rielo Lamela 2

-Raúl Gómez Pato

-Helena Gómez Vecino

-Emilia Martínez Fuentes. 2.

-Ana Mar Fraga Rábade

-Ramiro Torres

-Lino García Salgado

-Andrea Araújo

-Natália Lema Otero

-André da Ponte

-Martiño Maseda

-Pilar Maseda

-Xosé António Cascudo

-Adolfina Mesa (🇻🇪 Venezuela/Galiza)

-Beatriz Dourado

-José Carlos Ulloa García

-Xosé Abeledo

-Xelo Teijido

-Adriana Quijada

-Mar Beres

-Rafa Catoira

-Anna Maria Barletta (🇮🇹 Italia). 2

-Luz Darriba.

-Anxo Boán.

-Suso de Meireles (Xesús Bermúdez).

-Luz Campello. 2.

-Judiña de Lea.

-Daniel Irimia.

-Sandra Tenreiro.

-Pilar Hidalgo Quirós.

-Roxana Villagrasa.

-Olga Glapshun (🇺🇦 Ukraina). 2.

-Emilio Araúxo.

-Antóm Laia. 2.

-Fátima Fernández.

Os comenzos de ano máis poéticos e reivindicativos de Galiza son, e pois no Concello chairego de Guitiriz, o unha terra que conta con algún dos mais grandes poetas da literatura galega e que sigue a xerar actividade arredor de estrofas con contido social.

A poesía d@s afillad@s de Díaz Castro, o lume que prendeu nesta Lareira de soños por unha sociedade mellor e máis xusta. Lume que quenta contra o lume que destroza o país. LUME NUNCA MAIS!

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

Exposición de pintura ” Catro médicos pola Chaira” na Casa da Cultura de Vilalba

Exposición de pintura ” Catro médicos pola Chaira” na Casa da Cultura de Vilalba

O luns 18 de decembro na Casa da Cultura terá lugar ás 19.30h a inauguración da mostra pictórica “Catro médicos pola Chaira”. Esta exposición recolle traballos de catro galegos nados na provincia de Lugo e vinculados a estas terras. Leopoldo García Méndez, Pablo Galego Feal, Jesús Vázquez Gallego e Tino Cuesta compoñen este grupo de médicos lucenses unidos pola creatividade e a paixón polos pinceis.

Esta exposición permanecerá aberta ao público desde o 18 de decembro de 2017 ao 19 de xaneiro de 2018, no horario habitual da Casa da Cultura.

*Información achegada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

OS BOLECHAS, UN CONTO DE NADAL no Auditorio Municipal de Vilalba

OS BOLECHAS, UN CONTO DE NADAL no Auditorio Municipal de Vilalba

Os Bolechas, “Un conto de Nadal” este venres 22 de decembro ás 18h no auditorio municipal Carmen Estévez, con entrada gratuíta.

Desta volta, os seis intrépidos irmáns e o seu can Chispa terán que resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo en que os Reis Magos traían todos os galanos. Conseguirán atopalo a tempo? Seguro que, coa axuda do público, serán quen de facelo.

É preciso coller a entrada en Ataquilla.com ou na casa da Cultura, para controlar o aforo.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

EL LAGO DE LOS CISNES no Auditorio Municipal de Vilalba

EL LAGO DE LOS CISNES no Auditorio Municipal de Vilalba

O próximo día 21 de decembro, o auditorio Carmen Etévez de Vilalba acollerá o ballet El lago de los Cisnes a cargo do ballet de Kiev, obra en tres actos, con música de Piotr Ilich Tchaikovsky, con coreografía de Coreografía de Marius Petipa y Lev Ivanov.

A función, que comezará ás oito e media da tarde, contará con máis de 50 artistas sobre o escenario

As entradas xa están á venda en Ataquilla.com e na Casa da Cultura ao prezo de 12 €, de xeito anticipado e en taquilla a 15€, os nenos ata 15 anos con entrada única de 5 €.

 

*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.

ESQUECEMENTO

Fica na ventá

ollando para o lonxe,

xa se escoitan os carros,

co seu asubío cantan,

cargados de trigo e avea,

veñen de présa para a eira.

Ameaza a choiva

no abrente,

as leiras están segadas,

vacas e bois xa carretan

o pan que traen para as mallas.

Ela espida de presente,

na ventá, olla para o  lonxe,

non se lembra que é tarde,

que iso aconteceu onte…

que xa non cantan os carros,

nin se escoita o asubío.

Nunha cadeira sentada

ela mira pro infindo,

xa non hai leiras segadas,

nin carros traen o trigo,

non ten pasado

nin presente,

o seu pensamento esquivo,

perdido, está no camiño.

nesta ventá, nesta xente,

ollando con ollos baleiros

mirando pro infindo.

para os campos e as leiras,

ainda que no seu maxín se escoiten

os berros dos segadores,

que no gume da fouciña

segan o pan con suores.

Unha bágoa escorre morna

por esta cariña enrugada,

quén sabe se en algún intre,

lembra cousas en concordancia,

porque outros moitos intres,

esquecemento… non falta.