![A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN de Xabier P. DoCampo na Librería Trama (Lugo)](http://culturaliagz.com/wp-content/uploads/2017/11/Libro-Xabier-P.-Docampo.jpg)
![A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN de Xabier P. DoCampo na Librería Trama (Lugo)](http://culturaliagz.com/wp-content/uploads/2017/11/Libro-Xabier-P.-Docampo.jpg)
![Celso F. Sanmartín na Casa-Museo Manuel María](http://culturaliagz.com/wp-content/uploads/2017/11/csanmart-c.jpg)
Celso F. Sanmartín na Casa-Museo Manuel María
O sábado, 2 de decembro, ás 20 horas, e dentro da programación cultural que desenvolve a Casa-Museo Manuel María, poderemos ver e escoitar ao contador de contos e historias Celso F. Sanmartín.
Contos, historias e memorias da tradición oral galega e europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre, conforman o seu repertorio. Recollidas e reacomodadas polo propio Celso, estas, teñen un toque contemporáneo que nos descubren tamén a súa actualidade.
O prezo da entrada é de 5 euros e pódese reservar anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.
*Información facilitada dende a Casa-Museo Manuel María.