por martinho | Nov 1, 2017 | Autores/as, Novas, Xeral
Cuarta función teatral incluída nos II SÁBADOS DE TEATRO que organiza o IESCHA, prevista para o vindeiro venres, 3 de novembro de 2017, ás 21:00 horas (non ás 20:30, como inicialmente estaba anunciado), no Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada libre e gratuita.
Neste enlace aparece información do citado evento cultural.
4ª FUNCIÓN
VENRES, 3 DE NOVEMBRO DE 2017, ÁS 21:00 h., NO AUDITORIO DE VILALBA
VODAS DE SANGUE, Escola Municipal de Teatro de Vilalba
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | Nov 1, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Este venres 3 de novembro, a partir das 20:15 h. na Casa da Cultura de Vilalba, o escritor chantadino Xosé Lois García presentará o seu libro No soño dos ollos. Os textos de dito libro van acompañados coas ilustracións realizadas por María Guerrero.
No acto de presentación participarán, ademais do autor e da ilustradora, Héitor Picallo, que é o prologuista do libro, Matías Rodríguez, escritor e profesor e Agustín Baamonde, como alcalde de Vilalba.
por martinho | Nov 1, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O escritor ferrolán Alberte Momán Noval vén de publicar na editorial Belagua o seu último libro de poemas, que leva o título impactante de Tripas.
Velaquí datos relativos a dito poemario e uns apuntamentos que nos aproximan ao contido do mesmo:
Tripas
Alberte Momán Noval (Ferrol. 1976)
Belagua Ediciones. 2017
www.belaguaediciones.com
Edición bilingüe Gallego/Español
Facer visibles as tripas, todo o que de forma natural permanece agochado, non é fácil, nin sequera conveniente. Transparentar os tecidos que recobren o oculto significa evitar as precaucións inherentes ao instinto de supervivencia, espirse no máis cru inverno dunha periferia universal e fragmentada. Deixar constancia da dor, da mácula coa que o sangue escurece as superficies é, en esencia, morrer para deixar paso ao mito, ao que nunca foi pero que permanece.
Hacer visibles las tripas, todo lo que de forma natural permanece escondido, no es fácil, ni siquiera conveniente. Transparentar los tejidos que recubren lo oculto significa evitar las precauciones inherentes al instinto de supervivencia, desnudarse en el más crudo invierno de una periferia universal y fragmentada. Dejar constancia del dolor, de la mácula con la que la sangre oscurece las superficies es, en esencia, morir para dejar paso al mito, a lo que nunca fue pero que permanece.
*Información facilitada polo propio autor.