25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,
– Venres día 24 ás 20:30 h. no Auditorio Municipal haberá un acto que leva por título:
“MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”, no que participarán xoves de Vilalba que, a través de distintos estilos musicais, expresarán o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres.
Neste acto participa un grupo de seis rapaces e rapazas do IES Basanta Silva, que son ARI, NOA, ANXO, LOIS, MONTERO e TRASTOY.
Actúan tamen os DJs DIEGO AMIDO e DAVID GARCÍA.
As entradas para este acto serán gratuítas e poderán sacarse na Casa da Cultura e a través da plataforma Ataquilla.com, até completar aforo.
*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba