A compañía rioxana El Perro Azul (A Rioxa) presentará Globe Story en Negreira o venres 17, mentres que as asturianas La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo levarán a súa Zozobra a Outes o domingo 19
A compañía coruñesa Pérez&Fernández remata este venres o seu periplo coa última función de Nanay de la china en Autol, na Rioxa
A sétima edición do proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas Camiño Escena Norte afronta a súa penúltima fin de semana de programación en Galicia. As localidades de Negreira e Outes acollerán tanto o venres 17 coma o domingo 19, respectivamente, dúas novas funcións do Itinerario Constelacións, a programación de teatro, danza e circo que compañías de Asturias, Cantabria, Esukadi, Navarra, A Rioxa e Galicia ofrecen nos seis territorios participantes no proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
A compañía rioxana El perro azul regresa a Galicia para presentar en Negreira Globe Story,peza que, a través da linguaxe do cinema mudo, emprega a súa comicidade e ritmo trepidante para contar unha historia de amor. A función, apta para todos os públicos e sen texto, que se acompañará de música de piano en directo, terá lugar este venres 17 ás 20.30h no Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón
Dous días despois, o domingo 19, as asturianas La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo visitarán os escenarios galegos por última vez nesta edición de Camiño Escena Norte para para presentar a súa coprodución Zozobra, “unha labazada de teatro que axita rúas e conciencias. Un agudísimo xute humorístico e reflexivo da España cañí“. A creación para público adolescente e adulto poderase ver a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Outes.
Quen tamén remata esta fin de semana o seu periplo por Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa son as compañías galegas. Concretamente, a coruñesa Pérez & Fernández interpretará a última función de Nanay de la China na localidade rioxana de Autol. Ao rematar a sesión, dirixida a público familiar, Victoria Pérez e Manu Fernández participarán nun encontro coas e cos asistentes.
ZozobraZozobraGlobe Story
AXENDA 17 A 9 DE OUTUBRO | CAMIÑO ESCENA NORTE 2025
17.10, 20.30h | Negreira. Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón
Globe Story, de El perro azul (A Rioxa)
Teatro. Todos os públicos. Venda de entradas: www.woutick.es (3€)
Este mércores, 15 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, a compañía Chévere, da man de XRon, conversará co público en torno ao proceso de creación do seu próximo espectáculo, Ictus, a derradeira leición
Ao día seguinte, Cándido Pazó presentará en aberto o seu libro Apaga o candil; a cita será o xoves, 16 de outubro, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Cultura
O Programa de Sala do FIOT achegará ao público tres pratos fortes esta fin de semana: o venres 17, ás 21.00h, regresa a Carballo Gabriel Chamé Buendía, coa súa versión de Shakespeare Medida por Medida (La culpa es tuya)
A prestixiosa compañía belga Needcompany visita por primeira vez o FIOT con Un sublime error, un exquisito monólogo interpretado polo sempre interesante Gonzalo Cunill, que poderá verse o sábado 18, ás 20.00 horas, no Auditorio do Pazo
Lucas Escobedo únese á Compañía Nacional de Teatro Clásico en Farra, una premiada proposta para todos os públicos –gañadora do Premio Max 2025 ao mellor espectáculo musical– que mestura circo, teatro, música en directo, verso e tradición barroca e chega ao FIOT o domingo 19, ás 20.00 horas
O público terá a oportunidade de escoitar en primeira persoa ao artista e conversar coa compañía nun Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas arredor de Farra, que o festival organiza –con entrada libre– o domingo 18, ás 12.30h, no Pazo da Cultura
Pola súa banda, a Rúa dos Contos despídese dos escenarios este 2025 cun dos cómicos máis agardados do seu programa, Alex O’Dogherty, que o sábado 18,ás 23.00h, presentará no Mercado Municipal a súa nova creación Palabras mayores
Este sábado, 18 de outubro, o FIOT acollerá tamén dúas novas funciónsdo VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creaciónsO novo, de Dani Blanco, e Covers2, de Corifeo Teatro, ás 12.00, 13.00, 17.30e 18.30 horas, na Residencia de Maiores e no Pazo da Cultura, respectivamente
O domingo 19 pola tarde, contra ás 18.00 horas, o FIOT en Ruta aterrará no Serradoiro Eucatar de O Tarambollo, en Sofán, coa obra Mala vida e pior morte de Ricardo III, de P.T. Excéntricas, protagonizada por Evaristo Calvo
Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz
As últimas entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función
Unha decena de espectáculos e actividades protagonizan a cuarta semana do FIOT34, con Chévere, Cándido Pazó, Gabriel Chamé Buendía, Needcompany, Alex O’Dogherty, Evaristo Calvo, Lucas Escobedo e a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre moitos outros artistas.
Para abrir boca, mañá mércores, 15 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, a compañía Chévere, da man de XRon, conversará co público en torno ao proceso de creación do seu próximo espectáculo, Ictus, a derradeira leición. Ao día seguinte, Cándido Pazó presentará en aberto o seu libro Apaga o candil; a cita será o xoves, 16 de outubro, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Cultura.
O Programa de Sala do FIOT achegará ao público tres pratos fortes esta fin de semana: o venres 17, ás 21.00h, regresa a Carballo Gabriel Chamé Buendía, coa súa versión de Shakespeare Medida por Medida (La culpa es tuya). Mentres, a prestixiosa compañía belga Needcompany visita por primeira vez o FIOT con Un sublime error, un exquisito monólogo interpretado polo sempre interesante Gonzalo Cunill, que poderá verse o sábado 18, ás 20.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura. Pola súa banda, Lucas Escobedo únese á Compañía Nacional de Teatro Clásico en Farra, una premiada proposta para todos os públicos –gañadora do Premio Max 2025 ao mellor espectáculo musical– que mestura circo, teatro, música en directo, verso e tradición barroca e chega ao FIOT o domingo 19, ás 20.00 horas. O público terá a oportunidade de escoitar en primeira persoa ao artista e conversar coa compañía nun Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas arredor de Farra, que o festival organiza –con entrada libre– o domingo 18, ás 12.30h, no Pazo da Cultura.
Paralelamente, a Rúa dos Contos despídese dos escenarios este 2025 cun dos cómicos máis agardados do seu programa, Alex O’Dogherty, que o sábado 18,ás 23.00h, presentará no Mercado Municipal a súa nova creación Palabras mayores. Tamén este sábado 18, o FIOT acollerá tamén dúas novas funcións do VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creacións O novo, de Dani Blanco, e Covers2, de Corifeo Teatro, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 horas, na Residencia de Maiores e na Terraza da Cafetaría do Pazo da Cultura, respectivamente.
Xa o domingo 19 de outubro, pola tarde, contra ás 18.00 horas, o FIOT en Ruta aterrará no Serradoiro Eucatar de O Tarambollo, en Sofán, coa obra Mala vida e pior morte de Ricardo III, de P.T. Excéntricas, protagonizada por Evaristo Calvo. Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz. As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función.
SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FIOT DE CARBALLO
Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Español, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro Dramático Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fetén, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Otoño de Madrid.
Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.
Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación.
No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc.
Recoñecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non só en termos de exhibición, senón tamén de produción e acompañamento artístico, no #FIOT34 non faltarán producións con selo galego que formarán parte fundamental do seu programa, da man de compañías e artistas tan queridas polo público de Carballo como Contraproducións, Ainé, Pistacatro, Paula Quintas Cía., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmartín, Marita Martínez ou Galeatro –esta última, en tándem artístico con Xarope Tulú e a Premio Nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira–.
Cabe destacar que, fiel á súa vocación de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os públicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas están orientadas a todos os públicos, non exclusivamente adultos, como é o caso das marabillosas Matres ou Farra. Un ano máis, haberá espazo para o risco, os clásicos, os emerxentes, as novas linguaxes… e, en definitiva, unha invitación ao descubrimento. “Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Trátase dunha chamada á orixe: a aquilo que nos sostén por dentro, aínda que non se vexa. Como as entrañas do corpo, a raíz e a memoria forman parte desa anatomía común que nos une: emocional, cultural e escénica.
Un sublime error. Autoría imaxe:: Vibe StalpaertMedida por medida. Autoría imaxe: Carlos Furman
SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)
Máis de tres décadas creando teatro
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.
Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega.
Desde hai 34 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.
Nas súas pasadas 33 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 350 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez ‘El Brujo’, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Grupo Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval…
Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.
As súas cancións e narracións levarán os asistente á carballeira máis extensa de Galiza, un lugar mesto e verde, onde mora unha meiga nova chamada Ecoralia. Sobre ela e todos os personaxes que a arrodean (Mistín, o lucecú, Ramón, o teixugo, as tías de Ecoralia, Rosa e Mónica…) xirará a súa música.
Paco Cerdeira (“Pakolas”), é un músico, compositor e produtor que leva dedicándose ao público infantil desde xa hai máis de dezaoito anos, comezando no seus inicios, e durante dez anos, co grupo Mama Cabra, para formar en 2014 a súa banda, A Gramola Gominola, e en 2015 o seu proxecto máis persoal Pakolas. Con este último leva editado catro traballos: Pakolas (2017), Ramona Órbita, a dona do tempo (2020), A Ramona Pequena vai á lúa (2023) e Ecoralia, a lambona ecolóxica (2024). Este último é un traballo editado pola CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galiza) e pódense escoitar e baixar todas as cancións, así como ler o conto que as acompaña, na propia páxina web do autor (https://pakolas.com/ecoralia/).
O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 10 anos. Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
O proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas celébrase simultaneamente até o 26 de outubro en 60 espazos de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa
As compañías La Roca Producciones e Zigzag Danza (Asturias), El Tejo Producciones (Cantabria) e El Perro Azul (A Rioxa) presentarán as súas propostas escénicas os días 17, 19, 25 e 26 de outubro
A sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte afronta desde hoxe as dúas últimas semanas de programación de danza, teatro e circo en Galicia. As localidades de Outes, Negreira, Ribadeo e Vimianzo acollerán as derradeiras funcións do Itinerario Constelacións, a programación de artes escénicas que compañías de Asturias, Cantabria, Esukadi, Navarra, A Rioxa e Galicia ofrecen nos seis territorios participantes no proxecto.
A rioxana El perro azul visitará este venres 17 o Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón, en Negreira -localidade que se estrea coma sede de CEN este ano-, coa súa proposta teatral para todos os públicos e sen texto Globe Story,peza que emprega a comicidade e o ritmo trepidante do cine mudo para contar unha historia de amor coa que a compañía triunfou o pasado 13 de setembro en Foz.
Dous días despois, o domingo 19, as asturianas La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo regresarán a Galicia -após as súas actuacións do 19 e 21 de setembro en Arzúa e Vilalba, respectivamente- para presentar, de novo, a súa coprodución Zozobra, “unha labazada de teatro que axita rúas e conciencias. Un agudísimo xute humorístico e reflexivo da España cañí“. Nesta ocasión, a creación para público adolescente e adulto poderase ver no auditorio da Casa da Cultura de Outes.
De cara á fin de semana que vén, Camiño Escena Norte volverá á Costa da Morte. Se ben o 26 de setembro a compañía vasca niMú levou a súa Pausa circense a Carballo, o venres 25 de outubro será a quenda da cántabra El Tejo Producciones, que presentará El jardín de las posibilidades no Auditorio Municipal de Vimianzo.
O peche desta sétima edición de Camiño Escena Norte chegará da man dunha compañía moi querida polo público galego: a asturiana ZigZag Danza. Postales Rotas, a súa premiada proposta de danza contemporánea para todos os públicos que aborda a realidade da migración en Asturias nos séculos XIX e XX -Premio Oh! das Artes Escénicas 2025 ao Mellor Espectáculo e Premio Jovellanos á Produción Escnénica 2024- poderase ver o sábado 26 de outubro no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
Pola súa banda, as tres compañías galegas que participan nesta sétima edición do CEN -Pérez & Fernández, Grupo Chévere e Paula Quintas Cía.- xa visitaron, con grande éxito entre o público, os escenarios de Los Corrales, Torrelavega, Hondarribia, Unquera, Pamplona, Azagra, Astillero, Santo Domingo de la Calzada e La Bastida.
O percorrido galego no Camiño Escena Norte rematará este venres 17 de outubro coa presentación de Nanay de la China, da compañía coruñesa Pérez & Fernández, na localidade rioxana de Autol. Ao rematar a función, dirixida a público familiar, Victoria Pérez e Manu Fernández participarán nun encontro coas e cos asistentes.
CAMIÑO ESCENA NORTE
Camiño Escena Norte nace no 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago do norte da Península Ibérica. Ao longo destes sete anos, Camiño Escena Norte levou o teatro, a danza e artes do movemento e o novo circo a escenarios afastados dos circuítos habituais en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Desde este 2025, tamén chegará a un novo territorio: A Rioxa.
CEN é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas ESCENA GALEGA (Galicia), ESCENASTURIAS (Asturias), ACEPAE (Cantabria), ESKENA (Euskadi), ESNA (Navarra) e AESCENA (A Rioxa). Todas elas, unidas, conforman a supraentidade Camiño Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción do proxecto.
Na súa sétima edición, Camiño Escena Norte conta no seu programa de exhibición, nomeado Itinerario Constelacións, con 18 espectáculos de teatro, danza e artes do movemento e circo que se representan en 60 sedes. Neste 2025, CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das seis comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Goberno de Navarra, Gobierno de La Rioja e Ministerio de Cultura. Colabora tamén a Deputación Provincial de Lugo e Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial; nun ano no que se incorpora Deleite. Ademais, CEN onta nesta edición coa colaboración especial da Asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.
Postales Rota, Autoría: Javier JarquínGlobe StoryEJDLP. Belén de Benito
AXENDA CAMIÑO ESCENA NORTE EN GALICIA 2025
17.10, 20.30h | Negreira. Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón
Globe Story, de El perro azul (A Rioxa)
Teatro. Todos os públicos. Venda de entradas: www.woutick.es (3€)
Acometen sensacións en tropel. Caterva de pensamentos envoltos nun estrondo que me descentra. Que me converte en parte dunha masa, nunha especie de molécula diluída nun concerto de desencanto.
Aberta a mente en múltiples direccións, acabo presa da inmobilidade. Imposibilitado de dar un primeiro paso que desfaga esa acumulación de palabras que quixera ceibar e que, porén, permanecen atrancadas nunha especie de agrisado desfiladeiro, atrapando a escrita nun mare magnum de cavilacións.
Non son orixe, ou cando menos non a única, desa parálise. Sei que este aire presente que respiro vén cargado de tanta barbarie que estende en min un malestar difuso que se espalla por todo o que son, por todo o que querería habitar doutro xeito.
Enceta os días unha amálgama que posúe no seu propio microclima tristeza e rabia, amargos froitos dunha realidade que desborda coa súa violencia nomeada a cada segundo. Que é conquistada, abafada, posuída, anulada, por un odio feroz que se achega da man dunha mediocridade en medras, orgullosamente erguida desde a súa estupidez lamentable.
Nese mar revolto, calar alimenta este tempo de sombras. Por iso falo. Humilde e insignificante, escribo isto para volver a este espazo, a este momento. Para definir, na miña teima, un novo primeiro paso. Porque diso trata, supoño. De comprender que a nosa loita, a nosa protesta, anque veña parida desde unha esperanza mínima, anque estea manchada dunha inxustiza quizais imposible de derrubar, anque sexa desprezada por malnacidos carentes de humanidade, debe erguerse tamén coa palabra, coa presenza no lugar correcto, co acto de afastarse de quen vive de costas á dor allea.
Porque o primeiro paso vence unha inacción que nos sitúa alimentando a barbarie, que aforca a necesaria empatía dentro dun imparable tornado de individualidades ridículas que só saben defender a súa propia miseria.
O primeiro paso ensina os dentes para enfrontar o latexo do medo, para desfacer nós de impotencia, para dirixirse a unha alborada na que non sexamos conxugados pola néboa da indiferenza.
Era un día de festa grande, tamén de tristeza fonda. Un día dos que tardaban en chegar e que pola noite durmías mal, desexando ver amencer.
Erguíaste ben cediño para recibir aquela mañá fría, moi fría. A terra estaba dura, ás veces branca de neve, e senón adornada con carambos nas pucharcas da aira e pendurados dos tellados como bonequiñas de cristal. Asomado á xanela observabas coma saía o fume pola cheminea da corte. Era o sinal do inicio da longa mañá que che agardaba. Xa estaba aceso o lume para quentar o caldeiro da auga, que logo ía servir para pelar os porcos.
Pronto chegaría o teu tío de Frontoi, cos coitelos envoltos en papel de xornal debaixo do brazo. Aquilo dábache algo de medo, e ao mesmo tempo moita tristeza, porque eran as armas asasinas que lles quitarían a vida aos amigos, cos que ata o día anterior estiveras xogando. Para ti eran coma mascotas, subíaste ao seu lombo, brincabas con eles, facías que os toureabas… , seres cos que compartías a inocencia, esquecendo o destino que lles esperaba.
Mais tamén había ledicia. O día da matanza era unha das festas máis grandes do ano. Os outros tíos pechaban por unhas horas o taller de carpintería para vir axudar e, o mellor de todo, a comida especial en familia, onde as filloas de sangue (sangue dos porcos do ano anterior, ou xa dunha matanza deste ano feita por algún veciño), era un dos pratos estrela. Como che gustaban aquelas larpeiradas, doces e salgadas que sabían a xenuíno inverno e a tradición!
O primeiro que facía o tio de Frontoi era subir ao piso e tomar un café, co fin de escorrentar a friaxe e prepararse para o seu labor. Estábase achegando a temida hora. Non perdía tempo, facía boa falta a mañá. Tomaba rápido o café e se acaso algunha galleta, e baixaba para a cuadra, onde xa o agardaban. Ao pouco, comezaban a soar os berros, que tanto te impresionaban. Tapabas os oídos, notabas como o corpo se encollía e como o corazón empezaba latexar con forza. Sentías moito pesar pola morte dos que foran teus compañeiros de xogos; aquel intre era como unha dolorosa ferida.
Mais, rematado o sacrificio, xa te esquecías e baixabas correndo, para ver o que restaba de matanza. Pelalos, sacarlles as vísceras, colgalos ata o día seguinte que había que partilos…
O que restaba de día era todo ledicia, sabedor de que calquera domingo de feira, chegarían á casa, novos porquiños cos que poder brincar, como se nada.
Ao día seguinte volvía o tío para cortalos e salgalos. Pero xa non era igual. Era case un día normal, sen a maxia, sen o estremecemento ritual do día do sacrificio.