Globe Story

A compañía rioxana El Perro Azul (A Rioxa) presentará Globe Story  en Negreira o venres 17, mentres que as asturianas La Roca Producciones  e Acar Teatro del Mundo levarán a súa Zozobra a Outes o domingo 19

A compañía coruñesa Pérez&Fernández remata este venres o seu periplo coa última función de Nanay de la china en Autol, na Rioxa

A sétima edición do proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas Camiño Escena Norte afronta a súa penúltima fin de semana de programación en Galicia. As localidades de Negreira e Outes acollerán tanto o venres 17 coma o domingo 19, respectivamente, dúas novas funcións do Itinerario Constelacións, a programación de teatro, danza e circo que compañías de Asturias, Cantabria, Esukadi, Navarra, A Rioxa e Galicia ofrecen nos seis territorios participantes no proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).  

A compañía rioxana El perro azul regresa a Galicia para presentar en Negreira Globe Story,peza que, a través da linguaxe do cinema mudo, emprega a súa comicidade e ritmo trepidante para contar unha historia de amor. A función, apta para todos os públicos e sen texto, que se acompañará de música de piano en directo, terá lugar este venres 17 ás 20.30h no Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón

Dous días despois, o domingo 19, as asturianas La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo visitarán os escenarios galegos por última vez nesta edición de Camiño Escena Norte para para presentar a súa coprodución Zozobra, “unha labazada de teatro que axita rúas e conciencias. Un agudísimo xute humorístico e reflexivo da España cañí“. A creación para público adolescente e adulto poderase ver a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Outes. 

Quen tamén remata esta fin de semana o seu periplo por Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa son as compañías galegas. Concretamente, a coruñesa Pérez & Fernández interpretará a última función de Nanay de la China na localidade rioxana de Autol. Ao rematar a sesión, dirixida a público familiar, Victoria Pérez e Manu Fernández participarán nun encontro coas e cos asistentes. 

AXENDA 17 A 9 DE OUTUBRO | CAMIÑO ESCENA NORTE 2025

17.10, 20.30h | Negreira. Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón

Globe Story, de El perro azul (A Rioxa)  

Teatro. Todos os públicos. Venda de entradas: www.woutick.es (3€)

Teaser: https://youtu.be/QYvw885I1ig

19.10, ás 20.00h | Outes. Auditorio Casa da Cultura

Zozobra, de La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo (Asturias)

Teatro. Público adulto e adolescente. Venda de entradas: www.bandoticket.com (5€)

Teaser: https://youtu.be/8JfAC2Vhcg8

20251016-Axenda-CEN-Negreira-e-Outes