A Antoloxía de Nova Galega de Danza enche o Teatro Colón da Coruña tres noites consecutivas esta fin de semana

A compañía, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, bota o pano da celebración do seu 20 aniversario -iniciada a finais de 2023-  cun fito único na cidade herculina: o Teatro Colón acollerá, do 17 ao 19 de xaneiro de 2025, ás 20.00h, as pezas de danza LeiraBerro e Dique 

Os convites para as tres funcións están xa esgotados desde o seu lanzamento o pasado 19 de decembro, sen embargo, as persoas que retiraron as súas entradas pero finalmente non poidan asistir, poden facer a devolución das entradas ata este venres, 17 de xaneiro, ás 12.00h, no quiosco municipal da Praza de Ourense en ou escribindo un correo electrónico a: gestiontaquillasimce@coruna.gal

As novas entradas dispoñibles poderán retirarse de novo a través da plataforma online Ataquilla.com

O domingo 19 de xaneiro, unha vez rematada a función de Dique, ás 21.00h, terá un lugar un encontro aberto ao público, no que Jaime Pablo Díaz, director artístico de Nova Galega de Danza, conversará co dramaturgo e investigador teatral Roberto Pascual, director da MIT entre 2009 e 2024

A compañía Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, desembarca na Coruña esta fin de semana para presentar no Teatro Colón un fito único: unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes:  LeiraBerro  e Dique. Nesta ‘Antoloxía de Nova Galega de Danza’, a muller toma centro do escenario nunha viaxe a través da terra, a raíz, a memoria, a tradición, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza.

Serán tres noites máxicas na cidade herculina (do 17 ao 19 de xaneiro de 2025, ás 20.00h)que, de seguro, pasarán a formar parte da historia da danza na cidade. Con esta iniciativa, que é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, a compañía botará o pano da celebración do seu 20 aniversario, iniciada a finais de 2023.

Esta mañana tivo lugar a presentación a medios da ‘Antoloxía de Nova Galega de Danza’ no Teatro Colón da Coruña, na que participaron Jaime Pablo Díaz, director artístico de Nova Galega de Danza; Yoya Neira, deputada de Educación da Deputación da Coruña; a cantante e chelista Rosa Cedrón e o compositor Sergio Moure, colaboradores artísticos habituais de Nova Galega de Danza, que estiveron acompañados polo elenco de bailarinas e bailaríns da compañía, entre eles, o gañador dun Premio Max Iván Villar.

O director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, destacou: “quero expresar o meu máis profundo agradecemento á Deputación da Coruña por facer posible que a Compañía de Nova Galega de Danza presente os tres espectáculos –LeiraBerro e Dique nun lugar tan especial como é o Teatro Colón da Coruña. Este teatro ocupa un lugar único no meu corazón, xa que foi aquí onde comecei a miña carreira artística con 16 anos, nunha das aulas do cuarto ou quinto andar, onde estaba o ballet. Foi unha etapa chea de ilusións e retos, e foi neste espazo onde din os meus primeiros pasos profesionais. Volver agora, despois de tantos anos, éncheme dunha emoción indescriptible.

Cúmprense 20 anos desde que comezou a miña andaina coa Nova Galega de Danza, unha traxectoria que marcou a miña vida tanto a nivel artístico como persoal. Esta viaxe non só reflicte o meu propio crecemento, senón tamén o da empresa, que naceu precisamente nesta cidade, A Coruña. Volver a esta etapa con tres obras tan emblemáticas da nosa historia é un privilexio que me enche de orgullo e gratitude ¡Somos cultura que avanza, somos memoria que late!”.

Pola súa banda, Yoya Neira, deputada de Educación da Deputación da Coruña, destacou: “para a Deputación da Coruña é un luxo apoiar esta ‘Antoloxía de Nova galega de Danza’ e poder compartir e aprender cunha compañia tan querida e respetada. O apoio das dministracións públicas á cultura galega debe vir acompañada de orzamentos. Ese é o compromiso da Deputación Provincial da Coruña, que se traduce na celebración dun evento como este. Desde a Deputación Provincial estamos neste camiño: en 2025 o orzamento de cultura viuse incrementado nun 5% fronte ao pasado ano, para que pezas de grandísima calidade, como estas tres de Nova Galega de Danza que veremos no Teatro Colón, poidan ser desfrutadas pola cidadanía. Esta liña de traballo forma parte do noso compromiso coa cultura: dar acceso a ela de modo universal, facendo chegar á cultura galega a todos os recunchos da provincia. Remato agradecendo o traballo incríble da compañía: Grazas pola vosa xenerosidade. É un luxo ver chegar a cultura ao gran público e a gran escala grazas a un proxecto do calado de Nova Galega de Danza”.

ENTRADAS E ENCONTRO CO PÚBLICO AO REMATAR A FUNCIÓN DO DOMINGO

As entradas para o acto son gratuítas, previa retirada dos convites a través da plataforma Ataquilla; os convites están xa esgotados desde o seu lanzamento o pasado 19 de decembro, sen embargo, as persoas que retiraron as súas entradas pero finalmente non poidan asistir, poden facer a devolución dos convites ata este venres, 17 de xaneiro, ás 12.00h, no quiosco municipal da Praza de Ourense en ou escribindo un correo electrónico a: gestiontaquillasimce@coruna.gal. As novas entradas dispoñibles poderán retirarse de novo a través da plataforma online Ataquilla.com.

O domingo 19 de xaneiro, unha vez rematada a función de Dique, ás 21.00h, terá un lugar un encontro aberto ao público, no que Jaime Pablo Díaz, director artístico de Nova Galega de Danza, conversará co dramaturgo e investigador teatral Roberto Pascual, director da MIT entre 2009 e 2024.

SOBRE OS ESPECTÁCULOS DA ‘ANTOLOXÍA DE NGD NA CORUÑA’

Leira

Venres 17 de xaneiro, 20.00h

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica. Día e noite, xornada tras xornada, repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie, habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiro de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo; é a celebración dunha Galicia intemporal e máxica. O espectáculo foi galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza -Iván Villar- en 2021, na XXIV edición dos premios, onde foi tamén finalista como mellor espectáculo de danza. 

Berro

Sábado 18 de xaneiro, 20.00h

Berro representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria, que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, a peza amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral -a tradición, a terra, a raíz, a familia e a casa- a través da experiencia colectiva, sentindo a transformación na expresión do corpo. 

Dique

Domingo 19 de xaneiro, 20.00h

Dique nace do desexo do director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, de recuperar unha historia esquecida. É un espectáculo arredor da memoria local, con raíces no Ferrol natal de Nova Galega de Danza. Unha creación de homenaxe e de reflexión actual a partir da historia. Unha peza universal que fusiona o baile tradicional e a linguaxe contemporánea, característica que desde sempre forma parte da identidade da compañía. 

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas -58.000 cada unha delas-. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o  lixeiro.

SOBRE NOVA GALEGA DE DANZA

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega. Bebe da tradición e da vangarda cunha vocación universal, abrindo unha liña de traballo única ao redor da danza en Galicia. Unha liña que é quen de se aproximar á tradición desde unha ollada contemporánea que lle permite transcender a vivencia tradicional do folclore e darlle un novo sentir. Nos seus xa máis de 20 anos de traxectoria, baixo a dirección de Jaime Pablo Díaz, produciu once espectáculos: Dique (2024), Berro (2023), Credo (2022), Galicia Camiña (2022), Leira (2020), Son (2016), Dez (2013), Ser e Terra (2010),  Tradición (2008),  Engado (2006) e Alento (2003). 

Entre os galardóns recibidos por NGD destacan o Premio da Cultura Galega en 2021, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol en 2021, o Premio Max 2021 ao mellor intérprete masculino de danza para Iván Villar, o Premio do Público nas edicións de 2020 e 2016 da MIT de Ribadavia, o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Ciencias e Artes da Representación en 2009, o 2º Premio no I Certame de Creación Coreográfica de Galicia en 2003 e o 4º Premio na I Maratón de Danza de Madrid en 2002.

FUNCIÓNS ‘ANTOLOXÍA NOVA GALEGA DE DANZA NA CORUÑA’

Leira | Venres 17 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas 

Berro | Sábado 18 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas

Dique | Domingo 19 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas

Nova Galega de Danza desembarca na Coruña en xaneiro cunha antoloxía que reúne tres das súas pezas máis recentes e celebradas

A compañía, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, bota o pano da celebración do seu 20 aniversario iniciada a finais de 2023- cun fito único na cidade herculina: o Teatro Colón acollerá tres noites seguidas, do 17 ao 19 de xaneiro de 2025, ás 20.00h, as pezas de danza LeiraBerro e Dique 

As entradas para a iniciativa, que é posible grazas a colaboración da Deputación da Coruña, son de balde  ata completar a capacidade da sala, coa retirada previa dos convites para cada un dos tres espectáculos a través da plataforma online Ataquilla desde este xoves, 19 de decembro, ás 12.00 h    


A compañía Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, desembarca na Coruña este mes de xaneiro para presentar no Teatro Colón un fito único: unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes: LeiraBerro e Dique. Nesta ‘Antoloxía de Nova Galega de Danza’, a muller toma centro do escenario nunha viaxe a través da terra, a raíz, a memoria, a tradición, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza. Serán tres noites máxicas nunha mesma fin de semana na cidade herculina que, de seguro, pasarán a formar parte da historia da danza na cidade. Con esta iniciativa, que é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, a compañía botará o pano da celebración do seu 20 aniversario, iniciada a finais de 2023.

As entradas para a iniciativa son de balde  ata completar a capacidade da sala, coa retirada previa dos convites para cada un dos tres espectáculos a través da plataforma Ataquilla desde este xoves, 19 de decembro, ás 12.00h.


SOBRE OS ESPECTÁCULOS DA ‘ANTOLOXÍA DE NGD NA CORUÑA’

Leira

Venres 17 de xaneiro, 20.00h

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica. Día e noite, xornada tras xornada, repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie, habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiro de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo; é a celebración dunha Galicia intemporal e máxica. O espectáculo foi galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza -Iván Villar- en 2021, na XXIV edición dos premios, onde foi tamén finalista como mellor espectáculo de danza.

Berro

Sábado 18 de xaneiro, 20.00h

Berro representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria, que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, a peza amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral -a tradición, a terra, a raíz, a familia e a casa- a través da experiencia colectiva, sentindo a transformación na expresión do corpo.

Dique

Domingo 19 de xaneiro, 20.00h

Dique nace do desexo do director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, de recuperar unha historia esquecida. É un espectáculo arredor da memoria local, con raíces no Ferrol natal de Nova Galega de Danza. Unha creación de homenaxe e de reflexión actual a partir da historia. Unha peza universal que fusiona o baile tradicional e a linguaxe contemporánea, característica que desde sempre forma parte da identidade da compañía.

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas -58.000 cada unha delas-. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o  lixeiro.

SOBRE NOVA GALEGA DE DANZA

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega. Bebe da tradición e da vangarda cunha vocación universal, abrindo unha liña de traballo única ao redor da danza en Galicia. Unha liña que é quen de se aproximar á tradición desde unha ollada contemporánea que lle permite transcender a vivencia tradicional do folclore e darlle un novo sentir. Nos seus xa máis de 20 anos de traxectoria, baixo a dirección de Jaime Pablo Díaz, produciu once espectáculos: Dique (2024), Berro (2023), Credo (2022), Galicia Camiña (2022), Leira (2020), Son (2016), Dez (2013), Ser e Terra (2010), Tradición (2008), Engado (2006) e Alento (2003).

Entre os galardóns recibidos por NGD destacan o Premio da Cultura Galega en 2021, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol en 2021, o Premio Max 2021 ao mellor intérprete masculino de danza para Iván Villar, o Premio do Público nas edicións de 2020 e 2016 da MIT de Ribadavia, o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Ciencias e Artes da Representación en 2009, o 2º Premio no I Certame de Creación Coreográfica de Galicia en 2003 e o 4º Premio na I Maratón de Danza de Madrid en 2002.

FUNCIÓNS ‘ANTOLOXÍA NOVA GALEGA DE DANZA NA CORUÑA’

Leira | Venres 17 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas 

Berro | Sábado 18 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas

Dique | Domingo 19 de xaneiro | Teatro Colón | 20.00 horas

RETIRADA DE CONVITES EN: ataquilla.com

Desde o xoves, 19 de xaneiro, ás 12.00h

20241216-NP-Antoloxia-NGD

O Premio de Honra da MIT 2024 é para Nova Galega de Danza

O Premio de Honra da MIT 2024 é para Nova Galega de Danza

Xa están á venda as entradas individuais para todos os espectáculos

A inauguración da 40ª edición da MIT de Ribadavia este ano 2024 estará marcada por un feito simbólico e cargado de apoio e recoñecemento especial ao sector da danza e das artes do movemento. Nova Galega de Danza abre a programación con DIQUE, espectáculo de recente estrea e recolle o Premio de Honra esa mesma noite. Será un acto de reafirmación da comunidade ao traballo, constancia e novos rumbos de innovación marcados por unha compañía que pasou polo festival colleitando en dúas ocasións o Premio do Público nos últimos anos.

No día de hoxe, o festival fai pública esta noticia relativa a unha edición especial, marcada pola presenza de espectáculos diversos e sedutores para quen desexe atopar creación escénica contemporánea, híbrida e de alta calidade. Despois da venda de abonos, hoxe día 25 de xuño póñense á venda os espectáculos individuais, tanto do Castelo coma do Club Artístico (estes últimos en sesión golfa, de carácter festivo e arredor do universo do Karaoke).

As entradas poden adquirirse na Praza Maior de Ribadavia, na sede do festival ou por internet en: ataquilla.com e mitribadavia.gal

Acta do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2024 concedido pola MIT Ribadavia ao mérito nas artes escénicas a

NOVA GALEGA DE DANZA

Nova Galega de Danza é unha compañía referente e pioneira nas nosas Artes Escénicas. Este ano 2024, no marco da 40ª edición da MIT, facemos entrega do Premio de Honra, por vez primeira na historia do festival, a un colectivo de danza.

A compañía chega a este recoñecemento en Ribadavia tamén co aval do dobre Premio do Público da MIT en 2017 e en 2020. Fundada na cidade da Coruña en 2003, o grupo dirixido polo tamén bailarín Jaime Pablo Díaz, quixo emprender un camiño de fusión e investigación nas raíces e elementos da danza tradicional galega. Comezou por aquel entón un fenómeno de popularización do que poderiamos considerar neofolk galego, que hoxe tantos froitos e interese suscita na sociedade e nos colectivos artísticos, tamén do ámbito musical. Esta compañía sempre tivo claro que a mestura de tradición e vangarda, de cultura galega popular e outras culturas tradicionais doutros contextos coma o flamenco ou a danza contemporánea, podían atoparse e poñerse ao servizo dunha creación que puidese conquistar unha ampla audiencia arredor do mundo da danza, tanto en teatros coma en espazos abertos e non convencionais.

Recoñecer a NGD significa tamén recoñecer o seu compromiso e defensa do baile tradicional galego na súa esencia e na súa capacidade para inspirar novos mundos, tamén como candidato a ser declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO. Mentres tanto, con esa convicción, a compañía explora neste ámbito para chegar a novos territorios, en moitos deles cunha gran comunidade galega na emigración. Desde Colombia ata Portugal, de Madrid a Beijing, os espectáculos do repertorio desta compañía galega foron recibindo relevantes galardóns coma os Premios Max, o Premio da Crítica de Galicia, Premio da Cultura Galega ou a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol, entre outros.

A capacidade para unir e conectar diferentes xeracións, para facer da danza un fenómeno social, estimulante e de interese amplo, o carácter pioneiro que permitiu abrir paso a novas compañías galegas de danza fusión ou axudar a visibilizar a outros moitos colectivos que traballan no ámbito puramente tradicional, así como a capacidade para emprender novos rumbos baseados na creación a partir da memoria local, son aspectos que se suman ós moitos méritos deste premio. Con motivo do seu novo paso adiante a partir da celebración do 20 aniversario, NGD chama a  un novo equipo artístico para que poida seguir renovando a linguaxe compositiva da compañía, cun grupo de mulleres creadoras, nunha aposta feminista pola revisión da historia dende o prisma das traballadoras do Dique da Campana do Arsenal ferrolán. Tradición, memoria, compromiso e innovación.

‘Dique’, o novo espectáculo de Nova Galega de Danza, estréase en Santiago esta fin de semana

A peza conta a épica historia das 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX, transportando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas e, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes

Dique, coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia,a través do Centro Coreográfico Galego,  poderase ver no Salón Teatro do Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de xuño, coas últimas entradas dispoñibles para o 22 e o 23 a través da plataforma Ataquilla

Na súa primeira colaboración con Nova Galega de Danza, Marta Pazos dirixe o espectáculo,cun equipo artístico e técnico composto integramente por mulleres, coa coreografía de Belén Martí Lluch e a música de Clara Aguilar, entre outras

A estrea absoluta do novo espectáculo de Nova Galega de Danza está xa á portas. A posta de largo de Dique terá lugar este venres, 21 de xuño, no Salón Teatro do Centro Dramático Galego (CDG) de Santiago de Compostela, ás 20.30 h, coas entradas xa esgotadas para esta primeira función. A peza poderase ver, na mesma sala, o sábado 22 e o domingo 23, cos últimos billetes aínda dispoñibles que poden adquirirse a través da plataforma ataquilla.com.

Esta mañá tivo lugar a presentación da obra no ambigú do Salón Teatro do CDG. Dique, a agardada nova produción de Nova Galega de Danza con dirección escénica de Marta Pazos, é un espectáculo coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, que pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente.

Na presentación de Dique en Compostela participaron Jaime Pablo Díaz, director artístico de Nova Galega de Danza; Marta Pazos, responsable da dirección escénica e da dramaturxia de Dique; Belén Martí Lluch, coreógrafa de Dique; a bailarina Estefanía Gómez, en representación do elenco de Dique; e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que estiveron acompañados por Pilar Portela, directora do Centro Coreográfico Galego.

O director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, declarou que estaba “moi contento e moi agradecido do grandísimo equipo que conforma o proxecto, co que puidemos plasmar aquela xesta que aconteceu no Dique da Campá de Ferrol hai 150 anos”. Tamén quixo destacar que “a historia de Dique tiña que ser feminina”. “Despois de celebrar o noso 20 aniversario como compañía, con Nova Galega de Danza sentín a necesidade de contar esta historia -case descoñecida- de mulleres invisíbeis… e sabía que tiña que ser a través de mulleres; lanzámonos de novo á innovación, pero tendo sempre presente a nosa tradición, fuxindo de facer o mesmo, mudando novamente os conceptos, pero sen perder a esencia”. “Buscamos moita información sobre estas cargadoras de Ferrol, falamos con historiadoras e, canto máis afondábamos no relato, máis cousas sorprendentes encontrabamos”, avanzou o artista e produtor.

A directora escénica e dramaturga Marta Pazos destacou “a rotundidade, a forza e a xuventude que destila o espectáculo”. “Hai moita expectación para amosar este novo traballo. No meu traballo o interese é poñer no centro a personaxes non privilexiadas da historia desde unha perspectiva de xénero. E esta proposta de Jaime, a súa enorme xenerosidade, foi un agasaio, non podía dicir que non”. E engadiu: “Para min, a temática de Dique é a forza, a resistencia, a rotundidade da comunidade, da colectividade”. Sobre o corpo de baile, Marta Pazos quixo destacar “o seu labor titánico”: “é un elenco absolutamente comprometido co espectáculo e coa profesión. Dique é unha peza moi esixente, non é doada, e elas dannos ás para voar coa súa entrega”.

Pola súa banda, o director da Agadic, Jacobo Sutil, transmitiu “a súa ilusión e as gañas de ver esta nova proposta de Nova Galega de Danza, da man dun equipo magnífico”. E quixo convidar “a todos e a todas a que se acheguen esta fin de semana ao Salón Teatro do CDG a ver esta estrea”. “Admiro a Nova Galega de Danza, que leva moitos anos representando a nivel internacional a nosa danza e a nosa creatividade. E tamén a Marta Pazos: é un orgullo para nós e seguila en todos os seus pasos dentro e fóra de Galicia”. E rematou “desde Agadic tentamos fomentar a creación galega coa coprodución de espectáculos a través dun apoio non só económico, senón tamén de cesións de espazos de traballo, distribución e outras funcións para facer posibles estas novas estreas”.

Finalmente, a coreógrafa Belén Martí Lluch salientou que, “a través do corpo, do movemento, revelamos a esas mulleres que se sosteñen, que traballan, que festexan”. Mentres, a bailarina Estefanía Gómez convidou ao público a vir ver o espectáculo “porque aproxímase unha bomba, unha gran explosión”. “As bailarinas estamos entregadas en corpo e alma. Hai moita unión no elenco, xenerouse algo moi especial no noso traballo colectivo, cunha enerxía moi vibrante. A todas marcounos especialmente a visita ao dique militar de Ferrol: foi unha viaxe persoal moi singular cargada de sentimentos que agora trasladamos á escena”, concluiu a bailarina.

SOBRE O ESPECTÁCULO

Dique nace do desexo de recuperar unha historia esquecida: o labor das mulleres na construción do Dique da Campá de Ferrol. Na súa execución, entre 1874 e 1879, 200 mulleres, as estibadoras, retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas -58.000 cada unha delas-. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX, Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos para realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.

Tradición e modernidade. Forza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas estibadoras ou “cargadoras” silenciadas e crear un espazo de reflexión que, nun acto de xustiza poética, está artellado polo labor dun equipo composto integramente por mulleres nos eidos artístico e técnico.

FUNCIÓNS ‘DIQUE’

Salón Teatro do Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela)

Venres 21 de xuño | 20.30 horas | ESTREA ABSOLUTA | ESGOTADAS

Sábado 22 de xuño | 20.30 horas

Domingo 23 de xuño | 18.00 horas

Últimas entradas para sábado 22 e domingo 23:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/danza/salon-teatro/17583–dique.html

20240619-NP-Estrea-Dique-SCQ

‘Dique’, a nova produción de Nova Galega de Danza con dirección escénica de Marta Pazos, será o espectáculo inaugural da MIT 2024


A peza abrirá a 40 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia a noite do venres, 19 de xullo, no Auditorio ‘Rubén García’ do Castelo

Dique conta a épica historia das 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX, transportando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas

Trátase dun espectáculo coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, co patrocinio de Vegalsa e a MIT, que conta cun equipo artístico e técnico composto integramente por mulleres, coa coreografía de Belén Martí Lluch e a música de Clara Aguilar

Dique’, a nova produción de Nova Galega de Danza con dirección escénica de Marta Pazos,  será o espectáculo inaugural da MIT 2024. A peza abrirá a 40 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia a noite do venres, 19 de xullo, no Auditorio ‘Rubén García’ do Castelo. Dique nace co desexo do director artístico de NGD, Jaime Pablo Díaz, de recuperar unha historia esquecida: a épica xesta das 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX,transportando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas. Dique, que conta cun equipo artístico e técnico composto integramente por mulleres, coa coreografía de Belén Martí Lluch e a música de Clara Aguilar, é un espectáculo coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, co patrocinio de Vegalsa e a MIT.

Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Nace do desexo de recuperar unha historia esquecida: o labor das mulleres na construción do Dique da Campá de Ferrol. Na súa execución, entre 1874 e 1879, 200 mulleres, as estibadoras, retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas -58.000 cada unha delas-. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX, Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro. 

Tradición e modernidade. Forza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas estibadoras ou “cargadoras” silenciadas e crear un espazo de reflexión que, nun acto de xustiza poética, está artellado polo labor dun equipo composto integramente por mulleres nos eidos artístico e técnico.

SOBRE O EQUIPO

Directora artística, directora de escena de teatro e ópera, escenógrafa, dramaturga e artista visual, Marta Pazos é unha das creadoras máis influentes da vangarda escénica española actual. A súa obra destaca pola súa dimensión plástica e a súa emancipación estética. Nas súas montaxes, a cor aparece de maneira radical para impactar na retina do público e transformar a súa percepción. Con Dique a artista estrea a súa agardada primeira colaboración coa compañía Nova Galega de Danza, considerada como unha das formacións máis singulares e innovadoras da nosa escena.

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega. Bebe da tradición e da vangarda cunha vocación universal, abrindo unha liña de traballo única ao redor da danza en Galicia. Unha liña que é quen de se aproximar á tradición desde unha ollada contemporánea que lle permite transcender a vivencia tradicional do folclore e darlle un novo sentir. Nos seus xa máis de 20 anos de traxectoria, baixo a dirección de Jaime Pablo Díaz, produciu oito espectáculos: Dique (2024), Berro (2023), Credo (2022), Leira (2020), Son (2016), Dez (2013), Tradición (2008), Engado (2006) e Alento (2003). En Dique o elenco está composto por oito bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites.

A carón de Marta Pazos, artífice da dirección de escena e da dramaturxia da peza, destaca, tamén, a figura da coreógrafa Belén Martí Lluch, unha das novas voces que pisan forte na escena actual española. Coreógrafa, entre moitos outros proxectos, da celebrada serie La Mesías, Martí Lluch é unha das fundadoras de Mucha Muchacha, colectivo que investiga o folclore para cuestionalo e facelo contemporáneo e que se interroga asemade con perspectiva de xénero sobre a memoria e o corpo. 

A canda elas traballa, tamén, a compositora Clara Aguilar, considerada unha das figuras máis destacadas da escena musical contemporánea catalá. Habitual do Sónar ou do Primavera Sound, este 2024 foi candidata ao Goya pola banda sonora de Creatura e mais foi galardoada con cadanseu Premio Gaudí no 2023 e no 2024 pola mellor banda sonora.

Dique é unha coprodución de Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, que conta co patrocinio da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) como espectáculo inaugural do festival no 2024. A peza ten tamén a colaboración do Concello das Pontes para a súa posta en escena na localidade. Nova Galega de Danza é unha compañía que conta con patrocinio de Vegalsa – Eroski.