Proxección do documental XOVE, DEMOCRACIA NUCLEAR, de Pedro Lechuga Mallo, na Casa-Museo Manuel María

A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, 16 de marzo, ás 19 h, a proxección do documental “Xove, democracia nuclear”, do xornalista Pedro Lechuga Mallo. A peza audiovisual recupera as historias vividas durante a década de setenta na provincia de Lugo, e concretamente na Mariña, cando se fixo público en novembro de 1973 o proxecto de construción dunha central nuclear na enseada de Regodela, no concello de Xove.

No documentario, que recolle as importantes mobilizacións sociais que se levaron a cabo contra o proxecto de Fenosa, interveñen distintas persoas, entre elas, Emilio López Pérez, “Milucho”, destacado activista da loita contra a nuclear, que manterá logo da proxección un coloquio co público asistente. 

A asistencia á proxección é de acceso libre até completar o aforo do auditorio da Casa-Museo, mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

Sílvia Abril, Antonio Resines, Jordi Moltó, Juan Herrera, Raquel Martos, Dani Alés e David Perdomo, entre outras grandes figuras, protagonizan o programa de actividades paralelas gratuítas deste EMHU 2024

Sílvia Abril, Antonio Resines, Jordi Moltó, Juan Herrera, Raquel Martos, Dani Alés e David Perdomo, entre outras. grandes figuras da comedia e da comunicación, protagonizan o programa de actividades paralelas gratuítas deste EMHU 2024

O Encontro Mundial de Humorismo, que suma máis de 18.400 entradas vendidas cando queda un mes e medio para a súa celebración, ofrecerá en directo e en aberto para todos os públicos os podcast de entrevistas ‘El nicho’ e ‘El sentido de la birra’, ademais dun ‘Match de Impro’ da Escola de Impro Coruña

Sílvia Abril, que actuará na gala ‘Humoris Causa’, presentará e asinará o seu libro ‘Pérdidas de risa’ nunha charla xunto ao director artístico do EMHU, Luis Piedrahita

Así mesmo, os fans do EMHU poderán gozar das conversas ‘O negocio do humor’, na que participará Juan Herrera – creador de ‘Humor Amarillo’, entre outros-,  e ‘Coidado coas bromas: unha mesa redonda sobre os perigos da comedia’

Pola súa banda, Jordi Moltó aterrará no Teatro Colón coa súa escachante proposta para todas as idades ‘Lo que me han enseñado los mayores’, e á que o público poderá asistir solicitando a súa invitación a través dos centros cívicos municipais

As invitacións para as actividades paralelas do EMHU 2024 que requiren reserva previa (‘El sentido da birra’ e ‘Lo que me han enseñado los mayores’) poderanse retirar a partir das 12.00 horas do luns 18 de marzo en www.ataquilla.com 

Nas fotografías adxuntas do acto aparecen:

  • Alcaldesa de A Coruña, Inés Rey.
  • Secretario territorial da Delegación na Coruña da Xunta de Galicia, Severino Álvarez.
  • Responsable de Cultura, Orixe e Gastronomía de Hijos de Rivera, Goretti Castro.
  • Director artístico de EMHU, Luis Piedrahita.
  • Humoristas de Galicia: Roberto Vilar, Tito Asorey, David Amor, Marta Doviro, Ledicia Sola, Carmen Méndez, Oswaldo Digón, María Fernandez.

Copy das imaxes: Leo López / EMHU 2024

20240311-NP-GAL-EMHU-2024-Paralelas-2

Conferencia TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR: MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA, de Guillermina Domínguez, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por GUILLERMINA DOMÍNGUEZ sobre “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”, e será presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.

A confrencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro “Tres mulleres galegas de armas tomar’. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións

NOTA-INFORMATIVA-TRES-MULLERES-GALEGAS-DE-ARMAS-TOMAR

Acto “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, de Iván Prado, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA no que IVÁN PRADO, no marco da exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” montada pola Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva de Vilalba e que aínda permanece aberta na propia Casa da Cultura, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico.

Entrada libre ata completar aforo.

NOTA-INFORMATIVA-22PALLASOS-EN-REBELDIA22

EXERIA inicia a xira “Sobre a independencia”

2023 foi un ano moi productivo para Exeria: Tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas do Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados por videoclips con gran acollida. E este ano vai a ser aínda máis axitado, con moitos directos e novos lanzamentos. Foron escollidos para formar parte das “Sesións de Sobremesa”, formato acústico e en directo ao estilo “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 temas inéditos e con arranxos estilo tradicional.

A banda segue abríndose a novas influencias e asimilando músicas que a priori estan fora do seu radar estilístico. Isto demóstrase no seu novo traballo “Sobre a independencia”, un Ep de 5 temas que sae o vindeiro 8 de Marzo. Virá acompañado por un videoclip facturado polo equipo de Trece Amarillo, realizadores de traballos para artistas coma Tanxugueiras ou Carlos Nuñez.

Comezan a xira o vindeiro 9 de Marzo en Cerveceria Miguel, o templo da música da parroquia de Oia, en Vigo, e que sinten como a súa propia casa polo agarimo e respecto que teñen neste local polos artistas e músicos. Será este o primeiro concerto dunha xira con máis de 10 concertos polo momento, e nos que recorrerán as 4 provincias.

Exeria
09 Marzo 22:30h
Cerveceria Miguel 
Camiño Liñares nº6 Canido, Vigo
Entrada 5€

O seu último lanzamento de estudio foi Ata que sexamos reis, protagonizado polas máscaras do entroido dos mudados e perriñas, da aldea de Ribadetea recentemente recuperado polos veciños da aldea. Estes esmorgantes aparecían nas casas dos seus veciños pedindo esmola (perriña) que moitas veces se materializaba en viño ou aperitivos para evitar que fixeran algunha trasnada.

Elvi Balboa estrea ANÖA no TRC Danza da Coruña

O 19 de abril do 2024 as 20:30 o Teatro Rosalía da Coruña a través do programa TRC Danza acolle a estrea do novo espectáculo de Elvi Balboa, compañía galega residente en Barcelona.

O espectáculo

A coreógrafa e creadora galega explica ANÖA: 

ANÖA contempláse como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para acadar unha liberación catártica.

Esta viaxe coreográfica desenvólvese en tres fases: o corpo premonitorio, o corpo climático e o  corpo liberado. Unha catarse física, unha experiencia emocional e sensorial na que cada intérprete transita polos tres corpos e intenta descubrir o seu eu máis íntimo.

A obra non utiliza soamente o movemento para comunicar a viaxe que plantea aos espectadores, tamén recurre á importancia da voz e a un elemento ficticio, as jumping boots, que actúan como disrupción da viaxe climática. 

As botas evocan a noción da “modernidade líquida” de Zigmun Bauman. A súa estética lévanos visualmente cara o tecnolóxico e supoñen unha limitación física  que nos permite investigar o que nos frea e nos bloquea, indagando así na carga psicolóxica e a necesidade de liberación a través da linguaxe do movemento.

A necesidade do movemento traduciuse na procura de estabilidade nun mundo volátil. Unha forma de resistencia persoal nun entorno líquido e cambiante.

A equipa

Dirección Elvi Balboa / Intérpretes Marina Capel, Berta Pascual, Joel Pradas, Joan Aguilà e Lucía Bocanegra / Coreografía / Elvi Balboa en colaboración cos intérpretes / Espazo sonoro Mourae / Iluminación Andrés Galián / Vestiario Elvi Balboa / Acompañamento Raquel Klein / Coprodución Centro Coreográfico Galego- Xunta de Galicia / Coa colaboración Centro coreográfico Canal, Compañía residente / Co apoio Nau Ivanow, Sala Apolo Barcelona, Auditori de San Martí, Estruch Fábrica de creación de les arts en Viu, Eva gris Dansa e Trackdance /Distribución AMARELO/ Duración  60 min

Elvi Balboa

A proposta artística de Elvi Balboa céntrase en vehicular a mensaxe da súa propia experiencia a través do corpo e a de todos os corpos que desexan “ser vistos” como individuos, recoñecerse e ser recoñecidos máis aló da comunidade á que pertencen. É pois, a través da linguaxe da danza, onde atopa a estratexia para dar forma á necesidade de compartir, comprender e cuestionar o mundo no que habita.

O corpo dotános dun sentido de pertenza, inclusión e migración1. O corpo é algo que non escollemos e cuxo potencial comunicativo permite, a través do proceso creativo, cuestionar e cuestionarme ¿quen son ?

Elvi Balboa comeza a súa formación en danza no Conservatorio profesional de Granada aos 28 anos. Como intérprete participa no Proxecto Euro-Mediterráneo «Shapers», da compañía francesa Ex-Nihilo, coa que xirou por 7 países.

AM I WHAT? o seu primeiro proxecto como directora, participou no Certame Internacional de Burgos-New York e foi seleccionada para o Certame Coreográfico de Sabadell, o festival Mais Imaginarius, o Festival de Artes Vivas de Valencia e durante o 2020 e 2021 xirou en festivais como as festas da Mercè en Barcelona, Natal a plaza Cataluña e o festival C en Santiago de Compostela.

AM I WHAT? foi nominada a mellor espectáculo de rúa polos Premios Pad da asociación Andaluza de profesionais da Danza e formou parte da Red a Cielo Abierto, onde puido mostrar o seu traballo en festivais como: Trayectos (Zaragoza), Fam (Tenerife), Sismograf (Olot), Figueres es Mou (Figueres), Palmadansa (Mallorca), Tac (Valladolid). Sumando así unhas 25 representacións en toda España.

En 2023 xa graduada polo Institut del Teatre en Coreografía, desarrolla o proxecto KNIFELIKE xunto con Ignacio Jiménez, seleccionado nas Residencias Paraíso. Tamén NASENDA un dúo de danza para espazos singulares que foi premiado no Certamen Coreografico de Tetuán no 2023.

Seu proxecto máis recente ANÖA, unha peza de larga duración para sala, é coproducida polo Centro Coreográfico Galego e é compañía residente do Centro Coreográfico Canal.

NdP-PDF-GAL-estrea-anoa-