A Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga acolle dúas mostras no marco do Salón Internacional do Cómic da Coruña: a exposición ‘BD na Coruña, que bonita é! Banda deseñada creada desde A Coruña’, comisariada por Manel Cráneo, coas creacións de 26 autorías locais de referencia; e unha exposición coas pezas gañadoras do XVII Premio Castelao de Banda Deseñada: ‘O bico da serea’ e ‘Contando estrelas’
Paralelamente, este sábado, 12 de agosto, ao longo de toda a xornada, de 12.00h a 01.00h, a Praza de San Andrés acolle a celebración do festival de autoedición e BD Autobán, cun mercado, obradoiros, exposicións, catas, etc.
O ilustrador e animador gañador de catro Goyas Alberto Vázquez firmará exemplares das súas obras na xornada de peche da Rúa da BD, este domingo, 13 de agosto, ás 12.30h, no expositor de Astiberri Ediciones
Viñetas desde o Atlántico afronta a súa recta final esta fin de semana, o sábado 12 e o domingo 13 de agosto, envorcada coa BD galega. A Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga acolle dúas mostras que dan boa conta do talento autóctono: a exposición ‘BD na Coruña, que bonita é! Banda deseñada creada desde A Coruña’, comisariada por Manel Cráneo, coas creacións de 26 autorías locais de referencia; e unha exposición coas pezas gañadoras do XVII Premio Castelao de Banda Deseñada: ‘O bico da serea’ -de Siqi Luis Yang como debuxante e Uxía Larrosa como guionista- e ‘Contando estrelas’ -do noiés Francisco Pérez-. Precisamente, este sábado 12, ás 11.00h, terá lugar unha visita guiada á exposición do cómic ‘O bico da serea’, cos seus autores. Ao finalizar a visita, distribuiranse exemplares do traballo e haberá unha sesión de sinaturas cos artistas.
Paralelamente, tamén o sábado 12, ao longo de toda a xornada, de 12.00h a 01.00h, a Praza de San Andrés acollerá a celebración do festival de autoedición e BD Autobán, cun mercado, obradoiros, exposicións, catas, etc. O programa completo de Autobán pódese consultar na súa páxina web www.autoban.gal.
Ademais, no Kiosco Alfonso, ás 18.00h, terá lugar a mesa redonda sectorial ‘Situación actual da banda deseñada’: un encontro profesional para tratar a actualidade do sector e temas de interese como a situación do Libro Blanco del Cómic en España, elaborado polo Ministerio de Cultura. A actividade é de acceso libre, sen necesidade de inscrición previa. Na mesa, moderada por Neves Rodríguez, participarán Daniel Coronado (mánager de Omega Center), Ricardo Esteban (editor en Nuevo Nueve), Pedro F. Medina (editor en Fandogamia), Anabel Colazo (autora de BD), Uxía Larrosa (autora de BD), Sira González (Bibliotecas Municipais da Coruña) e Sanmi (responsable de Alita Cómics).
Para o público familiar, durante a fin de semana continuará dispoñible a Comicteca infantil no Palco da Música do Xardíns de Méndez Núñez (de 11.30 a 13.30h), espazo que tamén acollerá os obradoiros para nenas e nenos de Viñetas Lab (12.00, 18.00 e 19.00h).
Na Rúa da BD, aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h, este sábado 12 asinarán as súas obras Martín Romero (Astiberri Ediciones, 12.30h), Paula Cheshire (Libraría Paz, 12.30h; e Fandogamia, 18.00h), Manel Cráneo e Brais Fierro (Demo Editorial, 18.30h), Miguel Fernández (Libraría Paz, 19.00h), Alberto Varela (Anaya, 19.00h); Santy Gutiérrez (Demo Editorial, 19.30h); e, ao longo da xornada, Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial). Finalmente, o domingo 13, o ilustrador e animador Alberto Vázquez, gañador de catro premios Goya, firmará exemplares das súas obras na xornada de peche da Rúa da BD. A cita será ás 12.30h no expositor de Astiberri Ediciones.
PROGRAMA ACTIVIDADES VIÑETAS 2023 SÁBADO 12 DE AGOSTO
11.00 Casa da Cultura Salvador de Madariaga: visita á exposición ‘O bico da serea’
11.30 a 13.30h Palco da Música: Comicteca
12.00h Palco da Música: Obradoiro infantil Viñetas Lab
18.00h Kiosco Alfonso: Mesa redonda ‘Situación actual da banda desdeñada’
18.00h Palco da Música: Obradoiro infantil Viñetas Lab
19.00h Palco da Música: Obradoiro infantil Viñetas Lab
21.00h Copacabana Coruña: Encontro sectorial ‘Peche de Viñetas 2023’
EN PARALELO…
Autobán, Festa da autoedición
(Praza de San Andrés)
12.00 a 22.00h Mercado de Autoedición
12.00h Inauguración exposición Edmon (A Grelería)
12.30h Obradoiro ‘Sen pés nin testa! Obradoiro de fanzín DADA’
19.00h Obradoiro ‘2×1: Crea un fanzine e un poster nunha sentada!’
01.00h Festón post Autobán (Bar 13)
Rúa da Banda Deseñada (aberta de 11.00 a 14.00h e 17.00 a 21.00h)
Sinaturas
12.30h Martín Romero – Astiberri Ediciones
12.30h Paula Cheshire – Libraría Paz
18.00h Paula Cheshire – Fandogamia
18.30h Manel Cráneo e Brais Fierro – Demo Editorial
19.00h Miguel Fernández – Libraría Paz
19.00h Alberto Varela – Anaya
19.30h Santy Gutiérrez – Demo Editorial
E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial
PROGRAMA ACTIVIDADES VIÑETAS 2023 DOMINGO 13 DE AGOSTO
Palco da Música
11.30 a 13.30h Comicteca
12.00, 18.00 e 19.00h Obradoiro infantil Viñetas Lab
Rúa da Banda Deseñada (aberta de 11.00 a 14.00h e 17.00 a 21.00h)
Sinaturas
12.30 – Alberto Vázquez – Astiberri Ediciones
E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial
Este venres, 11 de agosto, o Teatro Colón acollerá as proxeccións dos filmes xaponeses The First Slam Dunk, o esperado e apaixonante relato sobre o mundo do básquet en clave anime do director Takehiko Inoue (12.00h), e a película de culto Akira 4K (17.00h), reeditada no ano do seu 35 aniversario
Pola súa banda, a Sala de Exposicións de PALEXCO propón unha oportunidade única para mergullarse no traballo do ilustrador e animador coruñés Alberto Vázquez, autor, entre outros traballos, das premiadas longametraxes Psiconautas e Unicorn Wars, coa mostra Alberto Vázquez: do cómic á animación
Este venres, 10 de agosto, na súa quinta xornada, Viñetas desde o Atlántico 2023 aposta polo cinema de animación cunha dobre sesión do seu ciclo para público infantil, adolescente e adulto ‘Órbita animada’. O Teatro Colón acollerá as proxeccións dos filmes xaponeses The First Slam Dunk, o esperado e apaixonante relato sobre o mundo do básquet en clave anime do director Takehiko Inoue (12.00h), que ven de gañar o Premio Satoshi Kon da excelencia na animación, e a película de culto Akira 4K (17.00h), reeditada no ano do seu 35 aniversario. Ambos pases son de acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Paralelamente, Viñetas desde o Atlántico ofrece unha oportunidade única para mergullarse no universo artístico do multipremiado creador Alberto Vázquez, coa mostra Alberto Vázquez: do cómic á animación, comisariada por Matilde Rodríguez, que se pode ver na Sala de Exposicións de PALEXCO ata o 10 de setembro. Vázquez é un destacado director de animación, ilustrador e debuxante de cómics nado na Coruña, que conta con catro Premios Goya no seu palmarés, polas curtas de animación Birdboy (2012) e Decorado (2017) e polas longametraxes de animación Psiconautas, los niños olvidados (2017) e Unicorn Wars (2023).
Alberto Vázquez: do cómic á animación ofrece unha coidada selección de pezas que desvelan o característico traballo iconoclasta do artista -protagonizado por animais antropomorfos- e as súas temáticas universais de ámbito social. O público poderá explorar o seu singular enfoque creativo a través dos orixinais dos seus cómics Psiconautas, El evangelio de Judas, La caza e algunhas historias curtas; e poderá mergullarse tamén nos seus procesos de animación grazas a layouts, deseños de personaxes, arte conceptual e orixinais dos seus storyboards, realizados a lapis e acuarela, que revelan os detalles que dan vida ás súas personaxes e narrativas.
Pola súa banda, o festival de autoedición e BD da Coruña Autobán da o seu pistoletazo de saída este venres na sala Filomatic, co seu ‘Autobombo’ e o seu ‘Combate de debuxantes’.
Ademais, para o público familiar, durante a mañá (de 11.30 a 13.30h) estará dispoñible a Comicteca infantil no Palco da Música do Xardíns de Méndez Núñez, espazo que pola tarde acollerá dous novos obradoiros para nenas e nenos de Viñetas Lab (ás 18.00 e 19.00h).
Na Rúa da BD, aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h, este venres 11 asinarán as súas obras Ánxel Carramal (Anaya), ás 18.00h; César Sebastián (Metrópolis Cómics A Coruña), ás 18.00h; Inés Vázquez (Demo Editorial), ás 18.30h; María Brenn (Libraría Paz), ás 19.00h; Óscar Losada e Xulia Pisón (Alita Cómics), ás 19.00h; Santy Gutiérrez (Demo Editorial), ás 19.30h; e, ao longo da xornada, Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).
PROGRAMA ACTIVIDADES VIÑETAS 2023 VENRES 11 DE AGOSTO
11.30 a 13.30h Palco da Música – Comicteca.
12.00h Teatro Colón – Órbita animada. Ciclo de cinema: The First Slam Dunk.
17.00h Teatro Colón – Órbita animada. Ciclo de cinema: Akira 4K.
18.00h Palco da Música: Obradoiro infantil Viñetas Lab.
19.00h Palco da Música: Obradoiro infantil Viñetas Lab.
EN PARALELO:
Autobán, Festa da autoedición
Sala Filomatic
18.30h Presentación de Autobán 2023.
19.00h Autobombo.
21.00h Combate de debuxantes.
Rúa da Banda Deseñada (aberta de 11.00 a 14.00h e 17.00 a 21.00h)
Sinaturas
17.00h Víctor L. Pinel e Alicia Jaraba – Nuevo Nueve.
18.00h Ánxel Carramal – Anaya.
18.00h César Sebastián – Metrópolis Cómics A Coruña.
18.30h Inés Vázquez – Demo Editorial.
19.00h María Brenn – Libraría Paz.
19.00h Óscar Losada e Xulia Pisón – Alita Cómics
19.30h Santy Gutiérrez – Demo Editorial.
E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial
DESCARGA O CATÁLOGO DE VIÑETAS 2023 PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS EXPOSICIÓNS E AUTORÍAS
O director do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Rodrigo Romaní, salienta o apoio do público e o seu respecto absoluto á interpretación das e dos artistas que actuaron este verán no certame musical
O festival acolleu do 3 ao 6 de agosto nove concertos de balde, nos cales houbo tres estreas absolutas e nos que destacou a alta presenza de mulleres arpistas protagonistas, como foi o caso de Laoise Kelly,Beatriz Cortesão, Musgö, Elisabeth Cerra, Claudia Besné, Begoña Riobó ou Beatriz Martínez
Hibrys, a obra gañadora do I Premio Portus Apostoli, promovido polo festival e polo Concello de Noia, terá percorrido internacional: estrearase en xuño de 2024 en Arxentina
O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia pecha a súa décima edición cunha valoración moi positiva. O director do evento, Rodrigo Romaní, destaca o éxito da celebración nun ano moi especial, cando se cumpren dez anos desde o inicio do festival, así como “os grandes momentos que sempre lembraremos deste verán”.
“Houbo moitos momentos máxicos nesta edición. Entre eles, esas noites da Praza do Tapal, cun público cun entusiasmo que rebordaba o espazo, e que cun silencio absoluto escoitou a estrea de Hibrys, coa Real Filharmonía de Galicia, ou que gozou da primeira escoita das novas suites interpretadas por SondeSeu”, apunta Romaní. O director tamén destaca a vertente social e educativa do evento, que se fixo efectiva especificamente coa celebración da segunda edición do encontro do alumnado das escolas de arpa de Galicia na inauguración do festival. “Foi unha magnífica xornada de convivencia en Noia, con actividades de lecer e tamén ensaios conxuntos. Este encontro exemplifica a razón de ser deste festival, que non é outro que a celebración da música arredor da arpa”, asevera Romaní, quen engade: “Foron momentos moi felices, que nos animan a seguir traballando nas vindeiras ocasións e que sen dúbida, quedarán para sempre no noso maxín”.
O Noia Harp Fest celebrouse do 3 ao 6 de agosto en Noia. Nove concertos de balde, con tres estreas absolutas –Hibrys, de Alejandro Civilotti, gañadora da primeira edición do Premio Portus Apostoli promovido polo propio festival e o Concello de Noia; e as suites Micelio e Escumas Atlánticas, escritas por Anxo Pintos e Rodrigo Romaní, respectivamente-, centraron un programa no que as mulleres arpistas foron protagonistas. Laoise Kelly, Beatriz Cortesão, Musgö, Elisabeth Cerra e Claudia Besné foron cabezas de cartel dun programa que tamén contou coa presenza de Begoña Riobó, Mary Macmaster e Beatriz Martínez, bandas como The Pozzies, dúos como o de Gilles Chabenat & Daniela Heiderich; ou mesmo orquestras como a Real Filharmonía de Galicia e SonDeSeu.
“Celebramos os dez anos con moita ilusión e xa estamos pensando na seguinte edición, da que xa está convocado o II Premio Portus Apostoli de Composición, nesta ocasión para o fomento da creación e promoción de obra para arpa e banda”, expón Romaní, quen lembra que a obra gañadora será interpretada o ano que vén pola banda municipal de música de Santiago coa colaboración da banda de Noia. Ao fío, Rodrigo Romaní sinala que a peza gañadora da primeira edición, Hibrys, terá percorrido internacional. “A obra estrearase o 1 de xuño de 2024 na localidade arxentina de Paraná, da man da Orquestra Sinfónica Entre Ríos, baixo a dirección do español José Miguel Rodilla e con Florecia Arizpe como solista. Este feito confirma o obxectivo fundamental do certame, que non é outro que ampliar o repertorio de obra para arpa e orquestra”, confirma o director.
A décima edición do Noia Harp Fest, festival organizado pola asociación homónima e Nalgures Producións, contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, do Concello de Noia e da distribuidora musical Altafonte. Tamén colaboraron nesta edición o Liceo de Noia e a Asociación de Española de Arpistas (AEDA). O web no que se pode ver o programa e toda a información desta edición, ademais das bases da segunda edición do Premio Internacional Portus Apostoli de Composición é www.noiaharpfest.gal.
O edificio, exemplo da arquitectura industrial galega e cuxa orixe data do s. XVIII, acollerá en exclusiva sesións de DJ internacionais e concertos a noite do sábado 16 de setembro
WOS Festival x SON Estrella Galicia incorpora unha nova e excepcional sede para a súa sétima edición, que se celebrará do 14 ao 17 de setembro. O festival de música electrónica de vangarda contará con dúas naves do complexo arquitectónico da Fundación Laboral de la Construcción como pista de baile para a noite do sábado 16 de setembro.
Tal e como salienta Iván Arias, director do evento, “no ADN do WOS Festival está pór en valor o patrimonio da cidade e recuperar espazos únicos para a cultura”. “Contar con este espazo no 2023 era imprescindible para dar un novo paso nesta dirección. Trátase dun exemplo da arquitectura industrial galega que entronca coa esencia da música electrónica, que demanda escenarios deste tipo, con teitos altos e materiais potentes”, sinala Arias.
Así, artistas internacionais como o dj londinense DjRUM, o danés Croatian Amor ou o espectáculo audiovisual de Slikback con Weirdcore pasarán polas naves da Fundación. O complexo arquitectónico, situado na zona norte da cidade, combina espazos restaurados da antiga curtidoría de Pontepedriña d’Arriba, do século XVIII, con outros de nova construción nunha área de case 5.000 metros cadrados. Precisamente a rehabilitación do espazo, da que se conservaron zonas emblemáticas coma un molino ou mesmo as antigas balsas, foi recoñecida no 2018 co galardón á mellor rehabilitación nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. Na actualidade, os usos do espazo destínanse a centro de formación, alén de acoller a sede territorial en Galicia da Fundación Laboral de la Construcción.
“Contar cunha cidade patrimonio da humanidade, como Santiago de Compostela, e cun casco histórico e unha catedral que son un icono mundial, é un luxo e un priviilexio. Agora ben, aínda que a arquitectura relixiosa é fundamental, á hora de conservar a cidade e a súa personalidade, tamén hai que ter en conta o conxunto do patrimonio, xa que é ese conxunto o que a define. Dentro dese conxunto, nos últimos anos traballouse moito na recuperación do patrimonio relixioso e civil, pero non así do industrial, do que forma parte este lugar e que tamén é fundamental para entender que é Santiago e a súa historia. Por iso, é interesante esta colaboración con WOS Festival: non todos os días albergamos un festival desta envergadura, e estamos expectantes por ver o resultado”, reflexiona Fernando García Novo, xerente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción.
Ademais da súa achega arquitectónica, o emprazamento posúe gran valor etnográfico debido á súa singular localización nun paseo na contorna natural do río Sarela, un dos espazos naturais máis interesantes da cidade. Con esta nova sede, WOS Festival x SON Estrella Galicia avanza na súa aposta de posta en valor do inmenso patrimonio arquitectónico e cultural da cidade de Santiago de Compostela.
Este luns, ás 18.00h, tivo lugar a inauguración oficial da 26º edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña no Kiosco Alfonso; a alcaldesa Inés Rey puxo en valor os obxectivos marcados para este 2023, “un festival que procura dar voz e presenza ás mulleres do cómic, así como render homenaxe a figuras desaparecidas recentemente”
A historietista barcelonesa Laura Pérez Vernetti tomou parte no acto de apertura de Viñetas desde o Atlántico, que converterá á Coruña na capital universal da banda deseñada e contará con máis dun cento de propostas
Mañá martes, 8 de agosto, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila, Elisa McCausland e Laura Pérez Vernetti -algunhas das máis relevantes firmas femininas da historia da banda deseñada española desde os 70 ata a actualidade- ofrecerán un paseo guiado pola súa exposición ¡Mujercitas del mundo entero, uníos!, no Kiosco Alfonso (ás 12.00 e ás 18.00h) e participarán nunha mesa redonda no Teatro Colón (ás 19.00h)
Tamén mañá martes, na Rúa da BD, aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h, asinarán as súas obras Inacio e Iván Suárez (Demo Editorial), Anémona de Río e José Malvárez Carleos (Anaya)e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial)
Este luns arrancou a 26ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’. Desde hoxe a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun cento de propostas artísticas, que inclúen exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, obradoiros infantís e profesionais, visitas guiadas e mesas redondas, entre moitas máis iniciativas.
A alcaldesa, Inés Rey, tomou parte esta tarde no acto oficial de inauguración do ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’, celebrado no exterior da Sala Municipal de Exposicións do Kiosco Alfonso. Rey, acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, subliñou que “o Viñetas é un proxecto de cidade, de carácter colectivo, e unha marca asociada á identidade da Coruña”.
Na súa intervención, a rexedora puxo en valor a proposta e obxectivos marcados para esta edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, “que procura dar voz e presenza ás mulleres do cómic, así como render homenaxe a figuras desaparecidas recentemente, como Ibáñez e Calpurnio. Traballouse, ademais, para abrir xanelas ao mundo da animación, conscientes do grande traballo que se está a realizar desde A Coruña, e tamén para aumentar a presenza do público infantil e familiar con accións participativas”.
Neste sentido, durante o acto celebrado esta tarde, cobrou protagonismo a figura da historietista barcelonesa Laura Pérez Vernetti, unha das pioneiras do cómic, que, ademais de participar na exposición colectiva do Kiosco Alfonso, tamén é a autora da mostra Vive la vida e outras poesías gráficas de Luis Alberto de Cuenca, aberta desde hoxe e até o vindeiro 10 de setembro na Casa Museo Picasso.
Axenda do martes 8, na segunda xornada do Viñetas desde o Atlántico
Na súa segunda xornada, Viñetas desde o Atlántico 2023 rende homenaxe as autoras pioneiras do cómic underground adulto en España. Este martes, 8 de agosto, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila, Elisa McCausland e Laura Pérez Vernetti -algunhas das máis relevantes firmas femininas da historia da banda deseñada española desde os 70 ata a actualidade- visitan A Coruña para ofrecer un paseo guiado pola súa exposición ¡Mujercitas del mundo entero, uníos!, no Kiosco Alfonso (cun dobre pase, ás 12.00 e ás 18.00h, acompañadas polos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo) e participar nunha mesa redonda no Teatro Colón (ás 19.00h). Ambas actividades son de acceso libre ata completar a capacidade dos recintos.
O programa de Viñetas 2023 previsto para este martes, 8 de agosto, propón, ademais, sete exposición e dous talleres nas Bibliotecas Municipais da Coruña: na Biblioteca Durán Loriga, o obradoiro infantil As túas primeiras viñetas; e na Biblioteca de Estudos Locais, o obradoiro profesional express de novela gráfica, ambos organizadas da man de Coruña Gráfica. Por outra banda, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, desenvolveranse dúas actividades infantís: a Comicteca, de 11.30 a 13.30h; e o obradoiro Viñetas Lab, ás 18.00 e 19.00h. As autoras Isa Feu e Laura Pérez Vernetti asinarán exemplares no Kiosco Alfonso ás 12.00h, mentres que a quenda das sinaturas de Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland terá lugar ás 18.00h, tamén no Kiosco Alfonso.
Na Rúa da BD, aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h, asinarán as súas obras Inacio e Iván Suárez (Demo Editorial), Anémona de Río e José Malvárez Carleos (Anaya) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).
SOBRE A EXPOSICIÓN ¡MUJERCITAS DEL MUNDO ENTERO, UNÍOS!
Nas décadas de 1970 e 1980, diversas autoras españolas de cómic adulto revolucionaron o medio ao reformular coas súas viñetas a representación feminina. Afastadas do idealismo imperante e fronte á invisibilización promovida polo contexto social e político do momento, estas historietistas -de procedencia, saberes e modos de facer dispares- instauraron un panorama de gran diversidade estilística e narrativa, con historias rebordantes de reivindicación feminista e denuncia sociopolítica, que cos anos darían paso a unha estética máis libre e experimental e a temáticas e inquietudes máis persoais. Elas son, entre outras, Núria Pompeia, Rosa Lleida, Sara Presutto, Montse Cravei, Isa Feu, Mariel Soria, Marika Vila, Marta Guerrero, Pilar Ferreiro Bendicho, Ana Juan, Mamen la del Cafó, Vitoria Martos, Ana Miralles, Roser Oduber e Laura Pérez Vernetti.
¡Mujercitas del mundo entero, uníos! Pioneras del cómic underground adulto busca contribuír á difusión de todas estas viñetistas que, co seu traballo, achandaron o camiño a autoras que hoxe poden lanzar as súas mensaxes abertamente e desde unha posición recoñecida. Trátase dun proxecto do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, comisariado por Alberto Medina, Raquel Jimeno e Guillermo Cobo.
En Viñetas desde o Atlántico, a exposición inclúe, tamén, un espazo de consulta no que están representadas autoras de cómic actual, como Flavita Banana, Nadia Hafid, Ana Penyas ou as galegas Begoña García-Alen, Enma Ríos, Roberta Vázquez e Xulia Vicente.
PROGRAMA ACTIVIDADES VIÑETAS 2023 MARTES 8 DE AGOSTO
10.30h. Biblioteca Durán Loriga – Obradoiro infantil As túas primeiras viñetas.
11.30h. Biblioteca de Estudos Locais – Obradoiro profesional express de novela gráfica.
11.30 a 13.30h. Palco da Música – Comicteca.
12.00h. Kiosco Alfonso – Visita guiada pola exposición ¡Mujercitas del mundo, uníos! Pioneras del cómic underground adulto, a cargo das autoras e dos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo.
12.00h. Kiosco Alfonso – Sinatura de Isa Feu e Laura Pérez Vernetti.
18.00h. Kiosco Alfonso – Visita guiada pola exposición‘¡Mujercitas del mundo, uníos! Pioneras del cómic underground adulto, a cargo das autoras e dos comisarios Raquel Jimeno, Alberto Medina e Guillermo Cobo.
18.00h. Kiosco Alfonso – Sinaturas de Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland.
18.00h. Palco da Música – Obradoiro infantil Viñetas Lab.
19.00h. Teatro Colón – Mesa redonda Pioneiras do cómic underground adulto.
19.00h. Palco da Música – Obradoiro infantil Viñetas Lab.
Rúa da Banda Deseñada (aberta de 11.00 a 14.00h e 17.00 a 21.00h)
Sinaturas
18.30h. Inacio e Iván Suárez – Demo Editorial
20.00h. Anémona de Río e José Malvárez Carleos – Anaya
E, tamén: Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial