O mércores 23 de setembro, ás 20.30 horas, volverase celebrar, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, unha nova edición, a XVII, de Lúas de Outono, celebración anual en homenaxe de Manuel María.

Este ano contarase coa presenza do coro de cámara Ludus Tonalis que será o encarregado de presentarnos unha viaxe polifónica polo universo de Manuel María e a súa obra literaria, alén de trazar unha ponte musical entre a palabra do poeta e outras grandes voces da nosa lírica nacional.

A entrada para asistir a Lúas de Outono é gratuíta mais é necesario ter convite. Para a súa reserva pódese escribir ao whatsapp 698177621 ou ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

Os convites reservados poden recollerse o venres día 18 de setembro, de 11 a 13 hrs, e o luns día 21 de setembro, de 11 a 13 hrs e de 17 a 19 hrs no Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30, baixo. Frente á Cociña Económica). Ou ben diante da billeteira do Teatro Rosalía Castro, o mesmo día 23 de setembro, a partir das 19.30 horas (a reserva deixa de ser efectiva a partir das 20.15 horas do propio día 23 de setembro).