Reseña da asemblea xeral ordinaria e extraordinaria do IESCHA

A ASEMBLEA XERAL DO IESCHA ELIXE A NOVA XUNTA DIRECTIVA E APROBA A MEMORIA-24, O PLANO DE ACTIVIDADES-25, O BALANCE ECONÓMICO-24 E O ORZAMENTO-25
Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada este xoves, 27 de marzo de 2025, aprobáronse por unanimidade das persoas asistentes: a memoria de actividades do ano 2024, así como o plano de actividades previsto para o exercicio 2025. Do mesmo xeito, recibiron o respaldo dos asistentes o balance económico correspondente ao pasado ano e o orzamento para o presente exercicio.
Na Asemblea Extraordinaria, que se levou a cabo a continuación, procedeuse á elección da nova Xunta Directiva. A candidatura presentada formada por
| CARGO | NOME E APELIDOS |
| PRESIDENTA | Mª Luisa Barreiro Mejuto |
| VICEPRESIDENTA | Sabela Figueira Tenreiro |
| SECRETARIO | Arturo Gómez Mato |
| VICESECRETARIO | Xosé M. Felpeto Enríquez |
| TESOUREIRO | Manuel Castro Santamariña |
| VOGAL | Manuel Roca Cendán |
| VOGAL | Constantino Alvite Muinelo |
| VOGAL | Jesús Trastoy Saavedra |
| VOGAL | Alfonso Baamonde Fernández |
| VOGAL | Rebeca Leal Eimil |
| VOGAL | Iria Currás Gato |
foi respaldada por aclamación das persoas asistentes, reflectindo o consenso e apoio das socias e socios ao equipo que dirixirá a entidade nos próximos catro anos.
A presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, en nome da nova Xunta Directiva, agradeceu a confianza depositada e comprometeuse a traballar na consolidación dos proxectos en marcha, así como na implementación de novas iniciativas que permitan fortalecer a actividade da organización, expresando o firme compromiso de continuar traballando polo fortalecemento e a difusión da cultura chairega, en particular, e galega, en xeral, mantendo o espírito de colaboración e esforzo que caracterizou ao Iescha durante estes 25 anos de existencia, cuxa conmemoración estará tamén presente no plano de actividades aprobado.

