por martinho | Mar 10, 2025 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
De Ninghures convida a Fillas de Cassandra, Juan de Dios, Ortiga, De Vacas e Anxo Pintos á presentación da súa ‘Feira’ este xoves 13
As entradas para a estrea ao vivo do novo traballo discográfico da banda, que terá lugar na Sala Capitol ás 21.30 horas, están esgotadas desde hai días
A Sala Capitol prepárase para vivir unha auténtica Feira este xoves. De Ninghures subirase ao escenario para presentar o seu novo traballo discográfico, publicado o pasado 25 de febreiro, e contará coa colaboración de compañeiras como Fillas de Cassandra, Juan de Dios, Ortiga, De Vacas e Anxo Pintos. As entradas para a cita, na que o baile e a festa están garantidas, están esgotadas desde hai días.
De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.
En 2022 a banda publicou Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso Morena, galardoado como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar-, De Ninghures lanza Feira é un disco conformado no que a formación traballa coa tradición popular galega dun xeito artesanal, cunha sonoridade e discurso moi característico, para levala á escena actual.
Ao igual que as feiras populares se transformaron co tempo, De Ninghures evoluciona neste segundo LP e bebe, alén da tradición galega, de influencias latinas ou árabes. Da man do produtor Juan De Dios Martín (Amaral, Xoel López, etc.), a banda revisita, actualiza e reivindica o patrimonio cultural do país para presentar unha Feira do século XXI, tal e como descubrirá o público que asista este xoves á Sala Capitol.
PRESENTACIÓN ‘FEIRA’, NOVO DISCO DA BANDA DE NINGHURES
Xoves 13 de marzo de 2025
Sala Capitol (Santiago de Compostela)
20.30 horas – Apertura de portas
21.30 horas – Inicio do concerto de De Ninghures.
* Para cubrir o directo será necesario solicitar acreditación a este mesmo correo electrónico antes das 14.00h do mércores 12. As prazas son limitadas.
Escoita Feira
Videoclips e visuais de Feira en Youtube
20250310-NP-De-Ninghures-_-FEIRA-ESTE-XOVES-NA-CAPITOL
por martinho | Mar 10, 2025 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
4ª CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS E INVESTIGACIÓN “ATOPÉMONOS BAILANDO” PARA PROFESIONAIS DE GALICIA, RESTO DE ESPAÑA E PORTUGAL
Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo, e o apoio de Agadic – Xunta de Galicia presenta as bases da cuarta convocatoria de residencias artísticas e de investigación” ATOPÉMONOS BAILANDO” para profesionais da danza e artes do movemento.
11 novas artistas serán seleccionadas e sumaranse ás residentes das tres últimas convocatorias.
Obxecto da convocatoria
Chámase a profesionais de danza e artes do movemento con sede en España e/o Portugal a presentar os seus proxectos para a realización de 11 residencias artísticas e/o de investigación (exclúense residencias técnicas) para ser realizadas entre os meses de abril a novembro de2025 (seis delas en Lugo, Galicia, e cinco en réxime de intercambio con estruturas de Portugal, España e Costa Rica):
O programa de residencias artísticas e de investigación “ATOPÉMONOS BAILANDO” 2025 posibilita tamén o intercambio de cinco das residencias seleccionadas a través da presente convocatoria con outros cinco programas de residencias nacionais e internacionais.
Estes intercambios son froito das colaboracións entre as Residencias AB de Lugo con entidades de Portugal, España Costa Rica.
Período de solicitude
Do 11 ao 25 de marzo de 2025 (ata as 23.59h)
Período de realización das residencias
Do 1 de abril ao 30 de novembro de 2025.
Duración das residencias
Residencias en Lugo: entre 5 e 10 días (abril – novembro 2025)
Residencia en intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza: 15 días (outubro – novembro 2025)
Residencia en intercambio con Portugal – Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins – Chaves: 7 días (abril – novembro 2025)
Residencia en intercambio con Portugal – 33.ª Quinzenade Dança de Almada: 7 días (26 setembro – 5 outubro 2025)
Residencia en intercambio con Portugal – teatro mosca – AMAS: 6 días (7 – 12 setembro 2025)
Residencia en intercambio con Donostia-San Sebastián – Festival LaboXL – Gipuzkoako Dantzagunea: 7 días (6-13 novembro 2025)
Tipoloxía das residencias
Residencias de investigación ou creación de profesionais individuais ou equipos que fundamenten o seu traballo artístico arredor do movemento e o corpo.
Espazos destinados ás residencias
-Museo MIHL de Lugo
-Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins – Chaves – Portugal
-33.ª Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival – Almada – Portugal
-Espazo teatromosca de Portugal: AMAS – AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA – Portugal
– Festival LaboXL – Gipuzkoako Dantzagunea –Donostia-San Sebastián
-Taller Nacional de Danza de Costa Rica
Compromisos xerais do artista
-Realizar a residencia no período acordado por ambas partes
-Firma do contrato antes do inicio da residencia
-Realizar unha actividade de mediación: sesión aberta da residencia para a comunidade local e/ou comunidade artística do territorio ou realizar un obradoiro (a definir pola solicitante)
-Realizar unha memoria descritiva da residencia (máximo 5 páxinas) e entrega nun prazo máximo de 15 días desde a finalización da residencia
-Autorizar o rexistro en vídeo e foto da residencia
-Incorporar os logotipos de ATOPÉMONOS BAILANDO na documentación que xenere o proxecto, así como compartir e etiquetar en redes sociais aos mesmos.
-Respetar as instalacións e o entorno
Compromisos do artista (selección Costa Rica)
-Para concurrir á selección do intercambio coa entidadede Costa Rica é imprescindible ter dispoñible un máximo de 2 semanas consecutivas entre os meses de outubro e novembro de 2025, ademáis de cumplir coas bases xerais
Compromisos do artista (selección Portugal – 33.ª Quinzena de Dança de Almada)
-Para concurrir á selección do intercambio coa entidad de Portugal – 33.ª Quinzena de Dança de Almada é imprescindible ter dispoñible do 26 de setembro ao 5 de outubro de 2025, ademáis de cumprir coas bases xerais
Compromisos del artista (selección Portugal – teatro mosca (AMAS – Sintra)
-Para concurrir á selección do intercambio coa entidadede Portugal – teatro mosca AMAS é imprescindible ter dispoñible do 7 ao 12 de setembro de 2025, ademáis de cumprir coas bases xerais
Compromisos del artista (selección Donostia – festival LABO XL)
-Para concorrer á selección do intercambio coa entidade de Donostia – festival LABO XL é imprescindible ter dispoñible do 6 ao 13 de novembro de 2025, ademais de cumprir coas bases xerais
Para o intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza Costa Rica
-Proporcionaranse e xestionaranse os billetes de avión a Costa Rica, ademais dos seus traslados, aloxamentos e manutención durante toda a residencia (2 semanas)
Para os intercambios con Portugal – Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins, 33.ª Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival e Espazo teatro mosca de Portugal: AMAS – AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA – Portugal
-Proporcionaranse e xestionaranse os aloxamentos e manutención durante toda a residencia.
Aportación da entidade a través da convocatoria
-Rexistro audiovisual da residencia
-Remuneración: Entre 700€ e 2000€ (IVE incluido) por residencia. Realizarase o pago nun prazo máximo de 30 días contando desde a entrega da memoria e a factura correspondente ao final do periodo de residencia.
Todos os gastos das residencias correrán a cargo do solicitante, exceptuando as condicións específicas dos intercambios.
Documentación a aportar
1. Dossier descritivo dos obxetivos da residencia, metodoloxía, contidos e links a traballos anteriores (máximo 5 páxinas)
2. Duración da residencia e estructura do traballo a desenvolver e proposta de actividade de mediación (contidos, público destinatario e duración) (máximo 2 páxinas)
3. Currículum do equipo artístico e técnico do proxecto (máximo 1 páxina por artista)
4. Datos completos da residencia fiscal do solicitante, relación de DNI dxsparticipantes na residencia e rol no proxecto
5. Deberá especificar claramente en que modalidade de residencia está interesadx
Toda a documentación aportarase a través do seguinte formulario https://forms.gle/WXsA5pEcPPVE589bA
Poderá ser enviado en galego, castelán, portugués e inglés.
Valoración e resolución da convocatoria
Nomearase unha comisión de valoración de proxectos formada por profesionais do sector. Reservarase aproximadamente un 50% das residencias para profesionais de Galicia.
A resolución será publicada a mediados de abril de 2025 na páxina web de www.atopemonosbailando.com e nas súas redes sociais.
www.atopemonosbailando.com
CONVOCAT.-AB-2025-GAL-1