Lode internacionaliza o termo MALO SERÁ no seu novo sinxelo

MALO SERÁ É O SEXTO ADIANTO DO SEU NOVO TRABALLO

ESTREARÁ ESTE TEMA EN DIRECTO NA SALA CAPITOL DE SANTIAGO O PRÓXIMO 4 DE MAIO


O artista naronés LODE fai público o seu último sinxelo, nomeado como Malo será, nunha clara reivindicación do famoso termo galego e a filosofía de vida que o envolve. Dende que se comezou a xestar a canción o artista tiña claro que buscaba un himno que o representara, e esta expresión tan galega, que representa que aínda que existan problemas no día a día nos seguimos cara adiante que seguro que todo mellorará, era a indicada. Convertida en canción, LODE busca coa súa música a internacionalización de esta expresión e a filosofía tan galega que leva consigo.

Para este sinxelo LODE tiña claro que quería contar con partes musicais que representaran ben a Galicia, e para iso quixo contar cun dos percusionistas tradicionais máis respectados e importantes do territorio, Xosé Lois Romero, peza fundamental de proxectos como Baiuca ou Xosé Lois Romeo & Aliboria. Segundo palabras do propio artista “colaborar con Xosé Lois Romero foi unha marabilla, foi súper divertido. Queriamos deixarlle toda a liberdade posible, e foi sacando trebellos seus que se adaptaban á perfección aos ritmos que queriamos introducir na canción”.

LODE defende que Malo será é dos temas máis potentes do seu proxecto musical, buscando que ritmos contundentes con percusións agresivas e de cadencia rápida estean presentes para favorecer ao baile. Un jersey club á galega que espera ser unha das cartas de presentación máis importantes do seu proxecto.

Presentación do proxecto na sala Capitol

Malo será, así como o resto de éxitos da carreira de LODE serán protagonistas no seu concerto de presentación do proxecto, que terá lugar o domingo 4 de maio na gran sala de concertos de Galicia, a sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas está xa á venda en www.salacapitol.com, no que será un concerto moi especial para o naronés. A súa ambiciosa proposta, que combina a súa capacidade vocal e melódica co seu talento para o baile, é a carta de presentación do artista, que apostará por presentar un espectáculo nunca antes visto dentro do xénero en Galicia.


MÁIS SOBRE LODE

LODE é o futuro do xénero urbano. Cun estilo versátil e multidisciplinar, o artista galego está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras o seu éxito en redes sociais e o seu paso por programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, o de Narón presenta un ambicioso proxecto no que conflúen o seu talento como cantante coa posta en escena que desprende grazas ás súas capacidades como bailarín. A súa presenza non pasou desapercibida dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando o seu novo traballo discográfico, que verá a luz este ano baixo o formato de EP e que conta xa cos adiantos de Carita de ÁngelTres TragosTKILARecuerdoEngaño e Malo será. A presentación do mesmo terá lugar o domingo 4 de maio nun dos mellores recintos de concertos de Galicia, a histórica sala Capitol de Santiago de Compostela. Nel deixará patente a súa versatilidade e capacidade vocal, aos que se lles sumará o seu talento coreográfico e posta en escena, nun espectáculo nunca antes visto no xénero urbano en Galicia.

Galería fotográfica da actuación De Ninghures na Sala Capitol

A Sala Capitol transformouse a noite deste pasado mércores nunha auténtica Feira para gozar da estrea do novo disco de De Ninghures.

Sobre o escenario, os 7 multiinstrumentistas estiveron acompañados por Juan de Dios, Anxo Pintos, De Vacas, Ortiga e Fillas de Cassandra. Un dos momentos máis especiais da noite aconteceu ao principio da noite, cando De Ninghures, De Vacas e Anxo Pintos renderon homenaxe a un dos referentes da banda: Berrogüeto.

*Autoría das imaxes: Lorenzo Negueruela