Bases de Inscrición de Stands para a XXIV Festa do Queixo de San Simón da Costa

Bases de Inscrición de Stands para a XXIV Festa do Queixo de San Simón da Costa

Con motivo da celebración XXIV Festa do Queixo de San Simón da Costa, o 7 e 8 de abril, ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira.

Todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que se acompañan, segundo o tipo de posto a instalar:Data límite de inscrición ata o 17 de marzo de 2018.

PETER PAN. O musical no Auditorio Municipal de Vilalba

PETER PAN. O musical no Auditorio Municipal de Vilalba

Vive e disfruta en Familia deste novo Musical de Peter Pan que te fará sentir coma un neno. Non o podes perder!

Wendy agarda observando dende a xanela da súa habitación que ocorra algo. Ten medo de medrar de súpeto. Cando está a piques de durmir, Peter Pan, o heroe dos seus contos, achégase e móstralle un mundo que xamais imaxinaría.

Da man de Campanilla viaxará a Nunca Xamais: un lugar de fadas e piratas. Cantando e planexando trasnadas xunto aos nenos perdidos, enfrontándose ao famoso Capitán Garfio.

Data: Sábado 3 de marzo de 2018

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 17:00h

Prezos: venda anticipada 12€ / O día da actuación 15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura).

Duración: 1H 15MIN

Cesión de sala segundo Ordenanza municipal nº 45.

O espectáculo BORISKA no Auditorio Municipal de Vilalba

O espectáculo BORISKA no Auditorio Municipal de Vilalba

Por primeira vez de xira en España o espectáculo Boriska.

Un show diferente onde se mistura a música, o baile, o humor, o mundo circense e o xogo xunto aos personaxes preferidos de todos os nenos.

Boriska conta con grandes e sorprendentes artistas e moitas novidades que os farán pasar una tarde incrible,90 minutos onde toda a familia disfrutará e participará no escenario, sen esquecernos da divertida actuación do noso amigo Boriska,único en España.

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba

Data: Domingo, 25 de febreiro de 2018

Hora: 18:00 horas

Prezos: 6 € anticipada e 8€ o día da actuación.

Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.

Cesión de Sala según Ordenanza Municipal nº 45.

A Chaira celebra a Rosalia em Santaballa co acto literário #AbrideAFiestra, por Antón de Guizán

A Chaira celebra a Rosalia em Santaballa co acto literário #AbrideAFiestra, por Antón de Guizán

O 24 de Febreiro, Dia de Rosalia de Castro, Culturalia GZ, NPG Nova Poesía Guitirica, e a Liga Santaballesa organizan dentro dos eventos que a Asociación de Escritores en Língua Galega AELG promove por toda Galiza, un recital poético feminino no que ademáis das coñecidas poetas

-Pilar Maseda (Vilalba).

-Emilia Mtnez. Fuentes (Vilalba).

-Luz Airado (Vilalba).

-Luz Darriba (Lugo).

-Montse González (Lugo/Verso a Verso).

-Silvia Pardo (As Pontes).

-Maria Pereira (Betanzos).

-Adolfina Mesa (Monterroso).

-Ana Vila Portomeñe (Taboada).

-Mar Beres (NPG Nova Poesía Guitirica).

-Maria Xosé Lamas (Vilalba).

-Ana Mar Fraga Rabade (Cospeito).

-Branca Villar (Labrada).

-Asun Blanco (As Pontes),

 

e a presentadora do acto, Pas Veres (Os Vilares), dúas rapazas de Santaballa darán lectura ao Manifesto #AbrideAFiestra, que compuxo a escritora María Reimondez, primeira gañadora do Prémio Agustín Fernández Paz.

O público asistente poderá tamén participar coa lectura de poemas de Rosalía e para o remate do acto, o acordeonista de Lanzós, Manuel Figueira, pechará o acto coa interpretación de pezas coñecidas e habaneiras moi acaidas ao espazo no que se celebra, a Escola Indiana da Liga Santaballesa.

Santaballa será a protagonista da homenaxe chairega a Rosalia de Castro o próximo sábado nun lugar, a escola habaneira que simboliza a vinculación da poeta de Padrón coa emigración a través de tantos e tantos recoñecidos versos. Emigración e Muller serán pois parte central dun acto que terá tamén no rural o centro poético da Terra Chá.

 

http://axendaaelg.blogaliza.org/2018/02/16/dia-de-rosalia-de-castro-2018/

Culturalia GZ 

info@culturaligz.com

Os Vilares, lareira de soños

dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

O poemario PORTUGALICIDADES en Culturalia GZ

O poemario PORTUGALICIDADES en Culturalia GZ

José Estévez presentounos a través do noso amigo, o poeta Moncho Bouzas este proxecto para a súa publicación en Culturalia GZ.
PORTUGALICIDADES, como o seu próprio título indica, é unha publicación colectiva de poetas galegos e portugueses. Esta é unha das numerosas iniciativas poéticas colectivas que ten desenvolvido o inquedo José Estévez e que ten traspaso con un notável éxito de participación as fronteiras do país ao entrar no proxecto grande número de versistas de fala portuguesa, e amosando así que non hai fronteiras linguísticas alén do Miño, que une moito máis do que separa. Culturalia GZ e NPG Nova Poesía Guitirica abren deste xeito os soportes cos que conta, á colaboración en irmandade con máis iniciativas e actividades poéticas, artísticas, e de estudo que así o desexen, e asumindo como próprias esas actividades.
Convidamos pois, a disfrutar desta grande obra colectiva, ver nela a poetas coñecid@s e descubrir autores/as que non tiveramos a aportunidade de valorar. O noso agradecendo a Moncho e José por ter confiado en nós para tan fermosa edición e poñer este produto exclusivo no nóso particular estraperlo poético.

Velaí o enlace a dito libro

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1