XXXII Festival de Polifonía e Panxoliñas en Vilalba

XXXII Festival de Polifonía e Panxoliñas en Vilalba

XXXII Festival de Polifonía e Panxoliñas que organiza a Coral Polifónica Vilalbesa, coa participación das corais:
_Coral Polifónica de San Pablo (Ferrol) .
_ Coral Polifónica Santa María de Cambre (Cambre).
_Coral Polifónica Luar de Vilalba.
_ Coral Polifónica Vilalbesa.
O domingo día 7 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, coa entrada de balde.

 

*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba

Cabalgata de Reis 2018 en Vilalba

Cabalgata de Reis 2018 en Vilalba

Cabalgata 2018

O venres 5 de xaneiro os nenos e nenas de toda a comarca poderán desfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán ás 17.30h a Residencia de Maiores de Vilalba, e, posteriormente, ás 18.00h farán o seu tradicional percorrido pola vila, dirixíndose á carpa da Praza da Constitución para agasallar a tódolos nenos/as.

Contaremos co acompañamento de:

Banda de Cornetas y Tambores de Burela.

Charanga de Vilalba

Entre Lusco e Fusco

Pandereteiras de Andrade

_ Animación con personaxes Disney, Patrulla Canina e moitos máis.

* En caso de choiva o evento terá lugar no interior da Carpa Constitucional.

 

*Información achegada dende a Concellaría de Cultura do Concello de Vilalba

Concerto de Nadal e Aninovo no Auditorio Municipal de Vilalba

Concerto de Nadal e Aninovo no Auditorio Municipal de Vilalba

Concerto de Nadal e Aninovo a cargo de State Philharmonic Orchestra da Opera de Kishinau.

A Estate Philharmonic Orchestra da Opera de Kishinau creouse no ano 2002. Os seus integrantes son músicos da orquestra da Opera (creada no 1920). O talento e virtuosismo dos mesmos conseguíu compaxinar as súas actuacións coa ópera e o ballet cos concertos sinfónicos, obtendo unha considerable popularidade, non só en Kishinau senón tamén no estranxeiro, principalmente coas xiras que realizan cada ano interpretando os concertos de vals, polcas e marchas dos grandes compositores, Josef e Johan Strauss e dos compositores tradicionais, Tchaikovsky, Glinka, Prokofiev, Beethoven, Mozart, Bhrams e Dvorak, entre outros.

Xa podes mercar as túas entradas anticipadas na Casa da Cultura no seu horario habitual e en Ataquilla.com.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Entrada: anticipada 10€ en taquilla 12€.

Data: Xoves 4 de xaneiro de 2018.

Horario: 20:30 horas

Para todos os públicos.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba