Concerto de Nadal e Aninovo a cargo de State Philharmonic Orchestra da Opera de Kishinau.

A Estate Philharmonic Orchestra da Opera de Kishinau creouse no ano 2002. Os seus integrantes son músicos da orquestra da Opera (creada no 1920). O talento e virtuosismo dos mesmos conseguíu compaxinar as súas actuacións coa ópera e o ballet cos concertos sinfónicos, obtendo unha considerable popularidade, non só en Kishinau senón tamén no estranxeiro, principalmente coas xiras que realizan cada ano interpretando os concertos de vals, polcas e marchas dos grandes compositores, Josef e Johan Strauss e dos compositores tradicionais, Tchaikovsky, Glinka, Prokofiev, Beethoven, Mozart, Bhrams e Dvorak, entre outros.

Xa podes mercar as túas entradas anticipadas na Casa da Cultura no seu horario habitual e en Ataquilla.com.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Entrada: anticipada 10€ en taquilla 12€.

Data: Xoves 4 de xaneiro de 2018.

Horario: 20:30 horas

Para todos os públicos.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba