MIGALLAS NA CASA MUSEO-MANUEL MARÍA

MIGALLAS NA CASA MUSEO-MANUEL MARÍA

A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programamos para o sábado 3 de febreiro, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo un espectáculo para público infantil e familiar. O grupo Migallas Teatro presentaranos Merenda con pan de millo.
“Merenda con pan de millo” está baseado no libro-disco Pan de millo. No espectáculo combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son “Pinocho”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?”…
As entradas pódense reservar anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621. O prezo da entrada é de 2€. Poderanse retirar na propia Casa-Museo desde media hora e até 5 minutos antes do inicio da función, pagándose no momento. Se despois de retirar as entradas, quedansen aínda algunha sen vender, poranse á venda até completar o aforo do auditorio.

Conferencia de Manuel Ferreiro sobre EDUARDO PONDAL organizada polo IESCHA

Conferencia de Manuel Ferreiro sobre EDUARDO PONDAL organizada polo IESCHA

A conferencia de MANUEL FERREIRO RODRÍGUEZ sobre EDUARDO PONDAL (velaí nota informativa) terá lugar o  venres, 2 de febreiro de 2018, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba. Presentará ao conferenciante Manuel Roca Cendán.

O acto está organizado polo IESCHA coa colaboración do Concello de Vilalba.

 

 

*Información facilitada polo IESCHA