Cabalgata 2018
O venres 5 de xaneiro os nenos e nenas de toda a comarca poderán desfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán ás 17.30h a Residencia de Maiores de Vilalba, e, posteriormente, ás 18.00h farán o seu tradicional percorrido pola vila, dirixíndose á carpa da Praza da Constitución para agasallar a tódolos nenos/as.
Contaremos co acompañamento de:
– Banda de Cornetas y Tambores de Burela.
– Charanga de Vilalba
– Entre Lusco e Fusco
– Pandereteiras de Andrade
_ Animación con personaxes Disney, Patrulla Canina e moitos máis.
* En caso de choiva o evento terá lugar no interior da Carpa Constitucional.
*Información achegada dende a Concellaría de Cultura do Concello de Vilalba