A oitava edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia celebrarase en 2025

O evento, referente da cultura de vangarda a nivel estatal, fai una pausa este 2024 para repensar o proxecto e explorar novos formatos, escenarios e sinerxias

A próxima edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia celebrarase no ano 2025. O evento, referente da cultura de vangarda a nivel estatal, fai unha pausa este 2024 para poder repensar WOS en todas as súas dimensións e explorar así novos formatos, escenarios e sinerxias para a súa oitava edición.

A dirección de WOS Festival, recoñecido como o Mellor Festival Indoor de Europa 2018 nos European Festival Awards e Mellor Festival Indoor Nacional 2023 nos Iberian Festival Awards, tomou a decisión de pospoñer a celebración da nova edición do evento, prevista para este mes de setembro, para que o proxecto presente a calidade que desexa e que, considera, o público merece.

O aumento dos custos de produción dos eventos musicais así como a redución dos prazos de planificación dos mesmos impiden que o proxecto cultural, merecedor tamén do galardón Mellor Promoción Turística 2019 nos Iberian Festival Awards, poida desenvolverse en condicións óptimas -para asistentes, profesionais e equipo- e ofrecer unha proposta programática multidisciplinar de notable calidade artística, tal e como é habitual na iniciativa promovida pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY.

Na súa última edición, WOS Festival x SON Estrella Galicia programou, na cidade de Santiago de Compostela, 28 espectáculos -3 deles, estreas mundiais- ao longo de catro xornadas de intensa actividade. Nelas, 3.430 persoas -entre asistentes e público profesional- puideron participar, alén da programación musical, en mesas de debate, proxeccións, talleres e eventos de traballo en rede. Figuras internacionais de primeiro nivel como Actress, Laurel Halo ou Midori Takada visitaron o pasado mes de setembro a capital galega para presentar os seus novos directos en espazos de alto valor patrimonial da cidade.

A dirección de WOS Festival quere agradecer tanto ao seu patrocinador principal SON Estrella Galicia como a Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela e Deputación Principal da Coruña -principais institucións públicas colaboradoras do evento- que mostrasen a súa vontade á hora de apoiar a celebración do festival en 2025. Con todo, WOS quere trasladar un agradecemento moi especial ao público que acompañou ao festival desde o seu nacemento e que esperaba con interese a chegada de setembro cunha mensaxe clara e esperanzadora: “Volveremos vernos, con máis ganas se cabe, moi pronto”.

20240717_Nota_Prensa_WOS-Festival-x-SON-Estrella-Galicia_gal

Clausura da sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a estrea mundial de Japan On Film, o novo espectáculo da icónica percusionista xaponesa Midori Takada. A artista, de 71 anos, é recoñecida mundialmente como pioneira da música ambient e minimalista. En Japan On Film, Midori Takada musica películas inéditas restauradas polo British Film Institute para a ocasión. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e a concelleira de Capital Cultura, Míriam Louzao, asistiron ao concerto. 

Tamén as imaxes adxuntas recollen momentos dos concertos do WOS celebrados na noite do sábado, 16 de setembro, na nova sede deste ano do festival: a Fundación Laboral da la Construcción. WOS 2023 estreou este espazo no que dúas das súas naves se transformaron, desde as 22.00 e até as 06.00 horas, nunha pista de baile, con actuacións de artistas como Dj RUM, Kia, Black Rave Culture ou o santiagués JUAIT. 

WOS Festival expándese por oito escenarios da cidade no día grande do evento

WOS Festival expándese por oito escenarios da cidade no día grande do evento, que inclúe a estrea da nova sede na Fundación Laboral de la Construcción

DjRUM, Croatian Amor, Black Rave Culture ou Loraine James, entre otros nomes, actuarán na noite do sábado 16 nas naves do complexo arquitectónico

A programación arrancará ás 13.00 horas cun live de Marlene Ribeiro & Inês Malheiro no Parque de Bonaval, e coa conversa na sede Afundación entre o músico Aho Ssan e o comunicador Phil Bloomfield

A Igrexa da Universidade, Fundación Eugenio Granell e o Teatro Principal acollerán diferentes lives ao longo da tarde; mentres que o CGAC celebrará a segunda e derradeira xornada do parladoiro ‘O son electrónico de Galicia’

A sala de cinema NUMAX acollerá a estrea española do documental ‘Expedition Content’, un traballo predominantemente sonoro sobre a relación entre antropólogos estadounidenses e nativos de Hubula, en Papúa Nova Guinea



O WOS Festival x SON Estrella Galicia supera o ecuador da súa sétima edición chegando ao seu día grande: o evento expandirase este sábado 16 por toda a cidade de Santiago de Compostela, ofrecendo concertos e actividades, desde as 13.00 e até as 05.00 am, en oito localizacións diferentes. O Parque de Bonaval, a sede Afundación, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a sala de cinema NUMAX, a Igrexa da Universidade, a Fundación Eugenio Granell, o Teatro Principal e a Fundación Laboral de la Construcción celebrarán a vangarda e a experimentación por todo o alto. 

Un dos principais fitos desta edición é a estrea coma pista de baile de dúas das naves do complexo no que, hoxe en día, se atopa a Fundación Laboral de la Construcción. Situado na zona norte da cidade, o recinto combina espazos restaurados da antiga curtidoría de Pontepedriña d’Arriba, do século XVIII, con outros de nova construción nunha área de case 5.000 metros cadrados. A obra acadou, no 2018, o garladón á mellor rehabilitación nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. 

Nestas naves actuará un dos cabezas de cartel deste WOS: DjRUM, quen pechará a noite cunha sesión que comezará ás 03.30 horas. Antes, no complexo arquitectónico, o público poderá gozar dos directos de Heith ft. Declino, Bruce, Puce Mary, Croatian Amor, Loraine James (quen presentará Gentle Confrontation), JUAIT, objet blue & Natalia Podgorska (na estrea española de Pearl Forest); así como das sesións de Kia e Black Rave Culture. 

A terceira xornada do WOS arrancará ás 13:00 horas na sede Afundación coa conversa entre o músico Aho Ssan -quen actuará pola tarde no Teatro Principal- e o comunicador Phil Bloomfield, nun encontro no que abordarán o proceso creativo do artista. Á mesma hora, a actividade comezará no Parque de Bonaval, cun live de Marlene Ribeiro & Inês Malheiro. Pola tarde, no mesmo espazo, Lamin Fofana e Akazie ofrecerán sendas sesións ás 16:00 e ás 18:00 horas, respectivamente. 

Ás 16.00 horas, simultaneamente, terán lugar dúas actividades paralelas: a proxección de Expedition Content na sala de cinema NUMAX (na que será a súa estrea en España) e a segunda e derradeira mesa redonda arredor d’O son electrónico de Galicia, a proposta interxeracional na que colectivos, promotores e artistas comparten as súas visións e experiencias sobre a escena do país. Desta quenda, no CGAC, conversarán Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. Frankie Pizá e Víktor Flores serán os responsables de moderar o encontro. 

Esta intensa actividade desencadeará nunha chea de concertos e directos que comezarán ás 17:30horas e que, practicamente, non pararán até o amencer. Así, a Igrexa da Universidade acollerá o directo de Patricia Wolf, mentres que a Fundación Granell fará o propio con Loke Rahbek & Frederik Valentin (18:00 horas) e ABADIR (20:00 horas). Á vez, o Teatro Principal dará a coñecer a estrea mundial de Transmutation, o live AV de Alex Aller & Margarida Mariño e, por primeira vez en España, poderase ver Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes. Chegada a noitiña, contra ás 22:00 horas, a música trasladarase á beira do Sarela, onde o público poderá gozar na vangarda nas naves da FLC. 

WOS Festival conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e Fundación Japón.


PROGRAMA SÁBADO 16

Desde 13:00 horas | Parque de Bonaval 
13:00h – Marlene Ribeiro & Inês Malheiro (Live) *
16:00h – Lamin Fofana (Dj) *
18:00h – Akazie (Dj)

13:00 horas | Sede Afundación (entrada libre)
Conversación con Aho Saan.
Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield. 


16:00 horas | Auditorio do CGAC
 (entrada libre)
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2).
Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. 
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.


16:00 horas | NUMAX

Expedition Content(2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati.


17:30 horas | Igrexa da Universidade 
Patricia Wolf (Live)

Desde 18:00 horas | Fundación Eugenio Granell 
18:00h – Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live) *
20:00h –  ABADIR (Live)

Desde 18:00 horas | Teatro Principal 
18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV) **
20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV) *

18:15 horas | Sede Afundación (CONVOCATORIA PARA GRÁFICOS)
O conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e polo director do festival, Iván Arias, percorren distintos espazos polos que transcorre a sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia.

Desde 22:00 horas | Fundación Laboral de la Construcción (FLC) 
22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV) *
22:30h | Sala 1 –  Bruce (Live) *
23:00h | Sala 2 –  Puce Mary (Live) *
23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live)00:00h | Sala 2 –  Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV) *
00:30h | Sala 1 –  JUAIT (Live) *
01:00h | Sala 2 –  object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV) *
01:30h | Sala 1 – Kia (Dj) *
02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj) *
03:30h | Sala 1  DjRUM (Dj)

* Estrea en España ** Estrea mundial  

20230915_Axenda_WOS-Festival-x-SON-Estrella-Galicia

Tres estreas mundiais e dezasete estatais daranse cita na sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, que comeza este xoves 14 en Santiago de Compostela

Actress, Laurel Halo, Midori Takara, DJRUM, Lee Gamble, Croatian Amor ou Loraine James son os pratos fortes dun festival que se celebrará do 14 ao 17 de setembro en nove espazos da cidade.

A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional nomeado O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, djs, promotores e artistas. 

Os últimos abonos e entradas de día dispoñibles para o WOS 2023 pódense adquirir a través do web oficial https://wosfestival.es.

A partir deste xoves 14, e até o domingo 17 de setembro, a capital galega amosará o seu lado máis arriscado e vangardista. A cidade acollerá a sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, o encontro multidisciplinar dedicado a promover e fomentar a música e a cultura de vangarda con concertos e actividades en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela. 

O festival ofrecerá ao longo de catro xornadas un total de 29 actuacións musicais con artistas procedentes de máis de 15 países de todo o mundo (dos cinco continentes, desde Exipto ata India, pasando por Reino Unido, Portugal, Sierra Leona ou Australia, entre outros) que, habitualmente, só é posible ver en grandes cidades. Tres estreas mundiais e dezasete a nivel estatal formarán parte dunha programación arriscada, global e de vangarda que consolida a cita como un dos festivais de referencia en Europa, tanto para artistas da escena electrónica coma para promotores e público.

A nova edición do festival presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi (sé do Concello de Santiago), coa presenza do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), Jacobo Sutil; o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Míriam Louzao; a responsable de comunicación de Corporación Hijos de Rivera, Cecilia Babarro; e o director do festival, Iván Arias.

Un festival multiespazo que se estende por toda a cidade

Do 14 ao 17 de setembro, WOS Festival x SON Estrella Galicia ofrecerá unha completa programación de case unha trintena de mostras sonoras, ademais de proxeccións de películas documentais e parladoiros. Mais un dos aspectos máis salientables do festival será, unha vez máis, os extraordinarios escenarios elixidos para as actuacións, que porán en valor o patrimonio arquitectónico e cultural da cidade. A Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a sede Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a sala de cinema NUMAX, o Parque de Bonaval e a sala Capitol serán sedes dunha edición que, como novidade, incorporará o complexo arquitectónico industral da Fundación Laboral de la Construcción: dúas súas naves transformaranse, na noite do sábado 16, nunha pista de baile.

Actress, Laurel Halo, Midori Tadaka e DJRUM, cabezas de cartel do WOS 2023

As seareiras e seareiros dos sons máis inconformistas e da cultura contemporánea máis audaz e subversiva encherán as rúas, prazas e teatros da cidade para gozar das actuacións de figuras internacionais como Actress, Laurel Halo, Midori Takada e DjRUM, entre outros moitos. O británico Actress, nome imprescindible para comprender a evolución recente da música techno, presentará no WOS temas do EP Dummy Corporation (2022) e o seu último sinxelo, Push Power (a 1) (2023). Pola súa banda, a artista de culto Laurel Halo presentará ao vivo, da man da chelista norteamericana Leila Bordreuil, o seu novo traballo, nomeado Atlas (2023), unha proposta ambiental con influencia neoclásica. Ademais, as amantes do baile e das viaxes sonoras a través de xéneros e escenas gozarán da sesión nocturna do británico DjRUM, un dos mellores djs da década. E como broche dourado desta edición, e coas localidades esgotadas desde hai días, terá lugar a estrea mundial do novo espectáculo da lenda xaponesa da música ambient Midori Takada, Japan On Films (2023), proxecto que conta co apoio internacional de institucións tan prestixiosas coma o British Film Institute (BFI) e a Fundación Japón. 

Croatian Amor, ABADIR, Lee Gamble, Malibu, Loraine James ou CORIN, por destacar só algúns nomes, son outras das figuras que formarán parte dun cartel que ofrecerá este ano tres estrenos mundiales: alén da xa mencionada  Japan On Film (Live) de Midori Takada, o público gozará por vez primeira de Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live AV) e Kosu Nes & Urok presents Itionomaxi (Live AV). 

Alén de achegar ao país a arte de grandes figuras de todo o mundo, WOS Festival x SON Estrella Galicia mantén o seu interese, desde 2016, pola escena local. Desde aquela primeira edición, na que procurou promover encontros e descubrir novos talentos, a súa aposta polo tecido creativo galego sempre estivo presente. Este ano o eventocontará con artistas como Ivankovà, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariño, Akazie, Kosu Nes & Urok e MIL111. 

Programación paralela de cinema e conversas

Ademais de propostas musicais, WOS Festival 2023 ofrecerá unha interesante programación paralela que incluirá dúas proxeccións documentais que terán na música o seu tema principal e que se poderán ver no Cinema NUMAX. É o caso de CAN and Me (2022), un retrato íntimo de Irmn Schimidt, o fundador da banda CAN, que conta con materiais de arquivo e entrevistas para entender a súa figura; e Expedition Content (2020), na que será a súa estrea en España, unha peza que emprega material de arquivo sonoro de antropólogos estadounidenses e nativos Hubila, de Papúa Nova Guinea. 

Alén das exhibicións cinematográficas, WOS proporá, en aberto, un programa de conferencias sobre a escena electrónica. Por un lado, porá o foco sobre a escena galega, considerada unha das máis interesantes do territorio peninsular, a través das mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, na que abordarán a boa saúde actual do panorma máis próximo e as súas diferentes ramificacións polas catro provincias, mais tamén o camiño percorrido até o de agora. Participarán artistas, colectivos, DJs e promotores. Pola outra, o festival contará cun panel que terá como protagonista a Aho Ssan. O músico, afincado en París, e que estreará Rhizomes en España no marco do WOS Festival, conversará sobre o seu proceso creativo co prestixioso xornalista musical Phil Bloomfield (Sónar Festival). 

Últimas entradas dispoñibles

O WOS 2023 está a piques de pendurar o cartel de “entradas esgotadas”. Polo de agora, xa non quedan dispoñibles Abonos Weekend (15-17 de setembro) nin billetes de día para o venres 15 nin para a gala de clausura (domingo 17). As últimas entradas para esta edición pódense adquirir a través do web oficial www.wosfestival.es 

WOS Festival conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e Fundación Japón.

ARTISTAS DO WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA (A-Z)

ABADIR (Live)
Actress (Live AV)*
Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevsky present Rhizomes (Live AV)*
Akazie (Dj)
Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live)**
Black Rave Culture (Dj)*
Bruce (Live)*
CORIN presents Lux Aeterna (Live AV)*
Croatian Amor (Live)
DjRUM (Dj)
Heith ft. Declino (Live AV)*
Iceboy Violet (Live)*
Ivankovà (Live)
JUAIT (Live)*
Kia (Dj) *
Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV)** 
Lamin Fofana (Dj)*
Laurel Halo presents Atlas (Live AV)*
Lee Gamble (Dj)
Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live)*
Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV)*
Malibu (Live)
Marlene Ribeiro & Inês Malheiro*
Midori Takada presents Japan On Film (Live)**
object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV)*
Patricia Wolf (Live)
Puce Mary (Live)*
Shackleton & Zimpel w/ Siddhartha Belmannu & Pedro Maia present In The Cell Of Dreams (Live AV)*

* Estrea en España ** Estrea mundial


PROGRAMA MUSICAL

Xoves 14, 21:00 horas (INAUGURACIÓN) | Teatro Principal
Laurel Halo presents Atlas (Live).

Venres 15, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Ivankovà (Live).

Venres 15, 20:00 horas | Teatro Principal
Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia (Live AV) present In The Cell Of Dreams (Live AV).

Venres 15, desde 22:00 horas | Sala Capitol  
22:00h –  Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV).23:00h –  CORIN presents Lux Aeterna (Live AV).00:00h –  Iceboy Violet (Live).01:00h –  Actress (Live AV).02:00h – Lee Gamble (Dj). 

Sábado 16, 13:00 horas | Parque de Bonaval 
13:00h – Marlene Ribeiro & Inês Malheiro (Live).16:00h – Lamin Fofana (Dj).18:00h – Akazie (Dj).

Sábado 16, 17:30 horas | Igrexa da Universidade 
Patricia Wolf (Live).

Sábado 16, 18:00 horas | Fundación Eugenio Granell 
18:00h – Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live).20:00h –  Abadir (Live).

Sábado 16, 18:00 horas | Teatro Principal 
18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV).20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV).

Sábado 16, desde 22:00 horas | Fundación Laboral da Construción (FLC) 
22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV).22:30h | Sala 1 –  Bruce (Live). 23:00h | Sala 2 –  Puce Mary (Live).23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live).00:00h | Sala 2 –  Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV).00:30h | Sala 1 –  JUAIT (Live).01:00h | Sala 2 –  object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV).01:30h | Sala 1 – Kia (Dj).02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj).03:30h | Sala 1  DjRUM (Dj).

Domingo 17, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Malibu (Live).

Domingo 17, 20:00 horas (CLAUSURA) | Teatro Principal 
Midori Takada presents Japan on Film (Live AV).


PROGRAMACIÓN PARALELA


PROGRAMA DE CINEMA
Sábado 16, 16:00 horas | NUMAX
CAN and Me (2022), dirixida por Michael P. Aust e Tessa Knapp. 

Domingo 17, 16:00 horas | NUMAX
Expedition Content(2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati.
*Estrea en España


PARLADOIROS

Venres 15, 16:00 horas | Auditorio do CGAC
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 1).
Participan: Akazie, Arkestra Discos, Dial Electrónico, Jelly, Modulartec, Peligro Club.
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.

Sábado 16, 13:00 horas | Sede Afundación
Conversación con Aho Saan.
Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield. 

Sábado 16, 16:00 horas  | Auditorio do CGAC 
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2).
Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. 
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.

20230912_Nota_Prensa_WOS-Festival-x-SON-Estrella-Galicia_GAL

Tres estreas mundiais e dezasete españolas no cartel definitivo do WOS Festival x SON Estrella Galicia

Risco e sorpresa no cartel definitivo do WOS Festival X SON Estrella Galicia, con tres estreas mundiais e dezasete españolas

Un ano máis, Galicia lidera o circuíto de grandes citas internacionais da electrónica coa incorporación de nomes como Actress, Laurel Halo, Kia, Black Rave Culture, Bruce, Frederik Valentin & LokeRahbek, object blue & Natalia Podgorska, Iceboy Violet, Patricia Wolf e Marlene Ribeiro & Inês Malheiro

As entradas por día e para concertos ou eventos individuais poderanse adquirir a partir das 12.00 horas do martes 29 de agosto en wosfestival.es

O festival WOS Festival x SON Estrella Galicia presenta hoxe a programación musical ao completo da súa sétima edición, que ofrece un ambicioso cartel onde se cruzarán a música de vangarda máis evocadora cos sons de baile do presente-futuro. 

Do 14 ao 17 de setembro, Santiago de Compostela transformarase no punto de encontro internacional entre os principais actores da escena musical de vangarda. Artistas de máis de 15 países dos cinco continentes (de Exipto a India, pasando por Reino Unido, Portugal, Kenya ou Australia, entre outros) presentarán case unha trintena de espectáculos de arte sonora en extraordinarias salas de capacidade reducida, como a Igrexa da Compañía, o Teatro Principal ou o complexo arquitectónico industrial Fundación Laboral de la Construcción, a nova e exclusiva localización para a programación de noite do sábado 16 de setembro. O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a sede Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a sala de cinema NUMAX, o Parque de Bonaval e a sala Capitol completan a rede de espazos nos que terá lugar o programa desta edición. Así, WOS Festival x SON Estrella Galicia relocerá novamente no marco do panorama musical pola súa diversidade, vocación inclusiva e apoio á escena galega, proclamándose, un ano máis, como o evento ideal para presentacións e estreas mundiais.

Na edición de 2023, a estrela do cartel será o británico Actress aka Darren J Cunningham. Representante dunha xeración de artistas que a finais da década dos 2000 animou a escena techno, os seus explosivos directos e os seus laureados discos son sempre unha excelente noticia. En WOS Festival presentará temas do EP Dummy Corporatio  (2022) e o seu último single, Push Power (2023), publicados polo lendario selo discográfico Ninja Tune. Xunto a Actress, salienta o nome da artista de culto Laurel Halo. A americana vén presentar ao vivo, da man da chelista norteamericana Leila Bordreuil, o seu novo traballo, titulado Atlas (2023), unha proposta de ambient con influencia neoclásica. También veremos a estrea mundial do novo espectáculo da lenda xaponesa Midori Takada, Japan On Films (2023), proxecto que conta co apoio internacional de institucións tan prestixiosas como o British Film Institute (BFI) e a Fundación Japón.

No WOS haberá máis estreas. Ao longo das súas seis edicións anteriores, o festival recibiu aos responsables de selos como Kode9 (Hyperdub), Bill Kouligas (PAN) e Helm (ALTER), mais faltaba o sempre interesante Le Gamble. Á fronte de UIQ, este produtor e dj británico con gran recoñecemento na escena experimental internacional será un dos momentos más esperados polo público deste ano. E xusto antes de que o músico Siddhartha regrese á India, veremos a estrea en España dun concerto comisariado polo festival Berlin Atonal, Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia. También será a primeira vez que veremos en Europa o novo da australiana CORIN; a súa compatriota Kia, concretamente da escena de Melbourne, será, sen dúbida, unha das sorpresas desta edición. Trátase dunha boa selectora cuxos sets en HÖR Berlin, no pasado Dekmantel ou Sustain Release deixaron a moitos e moitas con ganas de moito máis.

Este 2023 tamén cómpre destacar a visita dos dj’s e produtores Black Rave Culture, cuxo segundo disco foi calificado de “incrible” pola influínte plataforma de música electrónica Resident Advisor. Desde Washington DC, traerán con eles todos os ingredientes precisos para unha verdadeira rave inclusiva e poderosa. As persoas afeccionadas ao ambient poderán gozar coa obra doutra americana, Patricia Wolf: as súas composicións cheas de vogais, sons sintéticos e gravacións de campo fan de Wolf un dos nomes más prometedores da escena. E, volvendo a Europa, destaca Iceboy Violet, artista non binario que vén de publicar Not a Drem But a Controlled Explosion. Os seus impactantes directos inclúen rap ao vivo e bases elocuentes.

Ademais, tras triunfar en Dekmantel 2023, recibimos a object blue & Natalia Podgorska estreando en España o traballo Pearl Forest (2023). También a ABADIR, artista do Cairo (Exipto) con base en Berlín, e autor de Mutate, un deses discos que definiron o 2022. Súmase tamén ao cartel do WOS a portuguesa Marlene Ribeiro, cunha traxectoria internacional con colaboracións con Valentina Magaletti ou Colleen, que se une en exclusiva ao talento de Inês Malheiro para facer tres únicos concertos especiais en Lisboa, Porto e Santiago de Compostela. Finalmente, a escena experimental nórdica estará ben representada con Croatian Amor e Loke Rahbek & Frederik Valentin, vinculados ao influínte selo Posh Isolation. Malibu, Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevsky, Bruce, DjRUM, Lamin Fofana, Loraine James, Puce Mary, Slikback & Weirdcore completan o elenco internacional.

En canto á escena galega, WOS Festival x SON Estrella Galicia contará con artistas como Ivankovà, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariñou, Akazie e Kosu Nes & Urok. O festival reivindica así a escena local como unha rede viva e activa, que evolucionou e mutou ao longo do histórico dun festival que deixa pouso no noroeste da Península Ibérica, ao traer a artistas pouco habituais no circuíto galego e que, doutra forma, sería difícil de ver alén das grandes capitais europeas.

Os abonos de catro días (Long Weekend) e de tres días (Weekend) pódense adquirir en wosfestival.es  Como novidade, a partir da semana que vén, concretamente desde as 12.00 horas do martes 29 de agosto, na web oficial do festival poderanse retirar tamén as entradas por día e para concertos ou eventos individuais da noite do venres 15 e do sábado 16 de setembro. 


WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA 2023

ABADIR (Live)
Actress (Live AV)*
Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevsky present Rhizomes (Live AV)* 
Akazie (Dj)
Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live)** 
Black Rave Culture (Dj)*
Bruce (Live)*
CORIN presents Lux Aeterna (Live AV)* 
Croatian Amor (Live) 
DjRUM (Dj)
Iceboy Violet (Live)* 
Ivankovà (Live) 
JUAIT (Live)*
Kia (Dj) *
Kosu Nes & Urok presents Itionomaxi (Live AV)**
Lamin Fofana (Dj)*
Laurel Halo presents Atlas (Live AV)*
Lee Gamble (Dj)
Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live)*
Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV)*
Malibu (Live)
Marlene Ribeiro & Inês Malheiro*
Midori Takada presents Japan On Film (Live)**
object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV)*
Patricia Wolf (Live)
Puce Mary (Live)*
Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia present In The Cell Of Dreams (Live AV)*
Slikback & Weirdcore (Live AV)* 

* Estrea en España
** Estrea mundial

20230824_Nota_Prensa_WOS-Festival-x-SON-Estrella-Galicia_GAL