Actress, Laurel Halo, Midori Takara, DJRUM, Lee Gamble, Croatian Amor ou Loraine James son os pratos fortes dun festival que se celebrará do 14 ao 17 de setembro en nove espazos da cidade.
A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional nomeado O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, djs, promotores e artistas.
Os últimos abonos e entradas de día dispoñibles para o WOS 2023 pódense adquirir a través do web oficial https://wosfestival.es.
A partir deste xoves 14, e até o domingo 17 de setembro, a capital galega amosará o seu lado máis arriscado e vangardista. A cidade acollerá a sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, o encontro multidisciplinar dedicado a promover e fomentar a música e a cultura de vangarda con concertos e actividades en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela.
O festival ofrecerá ao longo de catro xornadas un total de 29 actuacións musicais con artistas procedentes de máis de 15 países de todo o mundo (dos cinco continentes, desde Exipto ata India, pasando por Reino Unido, Portugal, Sierra Leona ou Australia, entre outros) que, habitualmente, só é posible ver en grandes cidades. Tres estreas mundiais e dezasete a nivel estatal formarán parte dunha programación arriscada, global e de vangarda que consolida a cita como un dos festivais de referencia en Europa, tanto para artistas da escena electrónica coma para promotores e público.
A nova edición do festival presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi (sé do Concello de Santiago), coa presenza do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), Jacobo Sutil; o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Míriam Louzao; a responsable de comunicación de Corporación Hijos de Rivera, Cecilia Babarro; e o director do festival, Iván Arias.
Un festival multiespazo que se estende por toda a cidade
Do 14 ao 17 de setembro, WOS Festival x SON Estrella Galicia ofrecerá unha completa programación de case unha trintena de mostras sonoras, ademais de proxeccións de películas documentais e parladoiros. Mais un dos aspectos máis salientables do festival será, unha vez máis, os extraordinarios escenarios elixidos para as actuacións, que porán en valor o patrimonio arquitectónico e cultural da cidade. A Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a sede Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a sala de cinema NUMAX, o Parque de Bonaval e a sala Capitol serán sedes dunha edición que, como novidade, incorporará o complexo arquitectónico industral da Fundación Laboral de la Construcción: dúas súas naves transformaranse, na noite do sábado 16, nunha pista de baile.
Actress, Laurel Halo, Midori Tadaka e DJRUM, cabezas de cartel do WOS 2023
As seareiras e seareiros dos sons máis inconformistas e da cultura contemporánea máis audaz e subversiva encherán as rúas, prazas e teatros da cidade para gozar das actuacións de figuras internacionais como Actress, Laurel Halo, Midori Takada e DjRUM, entre outros moitos. O británico Actress, nome imprescindible para comprender a evolución recente da música techno, presentará no WOS temas do EP Dummy Corporation (2022) e o seu último sinxelo, Push Power (a 1) (2023). Pola súa banda, a artista de culto Laurel Halo presentará ao vivo, da man da chelista norteamericana Leila Bordreuil, o seu novo traballo, nomeado Atlas (2023), unha proposta ambiental con influencia neoclásica. Ademais, as amantes do baile e das viaxes sonoras a través de xéneros e escenas gozarán da sesión nocturna do británico DjRUM, un dos mellores djs da década. E como broche dourado desta edición, e coas localidades esgotadas desde hai días, terá lugar a estrea mundial do novo espectáculo da lenda xaponesa da música ambient Midori Takada, Japan On Films (2023), proxecto que conta co apoio internacional de institucións tan prestixiosas coma o British Film Institute (BFI) e a Fundación Japón.
Croatian Amor, ABADIR, Lee Gamble, Malibu, Loraine James ou CORIN, por destacar só algúns nomes, son outras das figuras que formarán parte dun cartel que ofrecerá este ano tres estrenos mundiales: alén da xa mencionada Japan On Film (Live) de Midori Takada, o público gozará por vez primeira de Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live AV) e Kosu Nes & Urok presents Itionomaxi (Live AV).
Alén de achegar ao país a arte de grandes figuras de todo o mundo, WOS Festival x SON Estrella Galicia mantén o seu interese, desde 2016, pola escena local. Desde aquela primeira edición, na que procurou promover encontros e descubrir novos talentos, a súa aposta polo tecido creativo galego sempre estivo presente. Este ano o eventocontará con artistas como Ivankovà, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariño, Akazie, Kosu Nes & Urok e MIL111.
Programación paralela de cinema e conversas
Ademais de propostas musicais, WOS Festival 2023 ofrecerá unha interesante programación paralela que incluirá dúas proxeccións documentais que terán na música o seu tema principal e que se poderán ver no Cinema NUMAX. É o caso de CAN and Me (2022), un retrato íntimo de Irmn Schimidt, o fundador da banda CAN, que conta con materiais de arquivo e entrevistas para entender a súa figura; e Expedition Content (2020), na que será a súa estrea en España, unha peza que emprega material de arquivo sonoro de antropólogos estadounidenses e nativos Hubila, de Papúa Nova Guinea.
Alén das exhibicións cinematográficas, WOS proporá, en aberto, un programa de conferencias sobre a escena electrónica. Por un lado, porá o foco sobre a escena galega, considerada unha das máis interesantes do territorio peninsular, a través das mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, na que abordarán a boa saúde actual do panorma máis próximo e as súas diferentes ramificacións polas catro provincias, mais tamén o camiño percorrido até o de agora. Participarán artistas, colectivos, DJs e promotores. Pola outra, o festival contará cun panel que terá como protagonista a Aho Ssan. O músico, afincado en París, e que estreará Rhizomes en España no marco do WOS Festival, conversará sobre o seu proceso creativo co prestixioso xornalista musical Phil Bloomfield (Sónar Festival).
Últimas entradas dispoñibles
O WOS 2023 está a piques de pendurar o cartel de “entradas esgotadas”. Polo de agora, xa non quedan dispoñibles Abonos Weekend (15-17 de setembro) nin billetes de día para o venres 15 nin para a gala de clausura (domingo 17). As últimas entradas para esta edición pódense adquirir a través do web oficial www.wosfestival.es
WOS Festival conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e Fundación Japón.
ARTISTAS DO WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA (A-Z)
ABADIR (Live)
Actress (Live AV)*
Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevsky present Rhizomes (Live AV)*
Akazie (Dj)
Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live)**
Black Rave Culture (Dj)*
Bruce (Live)*
CORIN presents Lux Aeterna (Live AV)*
Croatian Amor (Live)
DjRUM (Dj)
Heith ft. Declino (Live AV)*
Iceboy Violet (Live)*
Ivankovà (Live)
JUAIT (Live)*
Kia (Dj) *
Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV)**
Lamin Fofana (Dj)*
Laurel Halo presents Atlas (Live AV)*
Lee Gamble (Dj)
Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live)*
Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV)*
Malibu (Live)
Marlene Ribeiro & Inês Malheiro*
Midori Takada presents Japan On Film (Live)**
object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV)*
Patricia Wolf (Live)
Puce Mary (Live)*
Shackleton & Zimpel w/ Siddhartha Belmannu & Pedro Maia present In The Cell Of Dreams (Live AV)*
* Estrea en España ** Estrea mundial
PROGRAMA MUSICAL
Xoves 14, 21:00 horas (INAUGURACIÓN) | Teatro Principal
Laurel Halo presents Atlas (Live).
Venres 15, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Ivankovà (Live).
Venres 15, 20:00 horas | Teatro Principal
Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia (Live AV) present In The Cell Of Dreams (Live AV).
Venres 15, desde 22:00 horas | Sala Capitol
22:00h – Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV).23:00h – CORIN presents Lux Aeterna (Live AV).00:00h – Iceboy Violet (Live).01:00h – Actress (Live AV).02:00h – Lee Gamble (Dj).
Sábado 16, 13:00 horas | Parque de Bonaval
13:00h – Marlene Ribeiro & Inês Malheiro (Live).16:00h – Lamin Fofana (Dj).18:00h – Akazie (Dj).
Sábado 16, 17:30 horas | Igrexa da Universidade
Patricia Wolf (Live).
Sábado 16, 18:00 horas | Fundación Eugenio Granell
18:00h – Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live).20:00h – Abadir (Live).
Sábado 16, 18:00 horas | Teatro Principal
18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV).20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV).
Sábado 16, desde 22:00 horas | Fundación Laboral da Construción (FLC)
22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV).22:30h | Sala 1 – Bruce (Live). 23:00h | Sala 2 – Puce Mary (Live).23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live).00:00h | Sala 2 – Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV).00:30h | Sala 1 – JUAIT (Live).01:00h | Sala 2 – object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV).01:30h | Sala 1 – Kia (Dj).02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj).03:30h | Sala 1 DjRUM (Dj).
Domingo 17, 18:30 horas | Igrexa da Universidade
Malibu (Live).
Domingo 17, 20:00 horas (CLAUSURA) | Teatro Principal
Midori Takada presents Japan on Film (Live AV).
PROGRAMACIÓN PARALELA
PROGRAMA DE CINEMA
Sábado 16, 16:00 horas | NUMAX
CAN and Me (2022), dirixida por Michael P. Aust e Tessa Knapp.
Domingo 17, 16:00 horas | NUMAX
Expedition Content(2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati.
*Estrea en España
PARLADOIROS
Venres 15, 16:00 horas | Auditorio do CGAC
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 1).
Participan: Akazie, Arkestra Discos, Dial Electrónico, Jelly, Modulartec, Peligro Club.
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.
Sábado 16, 13:00 horas | Sede Afundación
Conversación con Aho Saan.
Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield.
Sábado 16, 16:00 horas | Auditorio do CGAC
O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2).
Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR.
Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.