‘Valentina’ protagoniza a clausura da IV Semana do Cinema Galego este domingo 19 no Teatro Colón

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha das citas audiovisuais da tempada máis senlleiras, vai clausurar este domingo, 19 de marzo, a súa cuarta edición con Valentina, dirixida por Chelo Loureiro e producida por Abano Producións, Sparkle Animation e El Gatoverde Producciones. A proxección da cinta, gañadora do Premio Goya á mellor longametraxe de animación no 2022, vai ser ás 11:30 h e o acceso será de balde, con entrada libre, por orde de chegada, ata completar o aforo.

Grandes e pequechos están convidados a acompañar a Valentina, unha nena con síndrome de Down, na súa aventura para facer realidade o seu soño: ser trapecista. Ademais, a presentación da película vai contar coas intervencións de Chelo Loureiro, directora, produtora e guionista; Alicia Rábade, voz de Valentina nas cancións; e Lucía Serén, dobradora de Valentina na versión en galego.

O equipo de Valentina posará para os medios mañá sábado, ás 10.30 h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e, a continuación, ás 11.00 h, no interior do Teatro Colón.



Valentina de Chelo Loureiro
Valentina soña con ser trapecista, pero coida que nunca o dará logrado por ter síndrome de Down. A súa avoa -que lle ensina a xogar ao xadrez e mais unha morea de cancións- anímaa sempre a perseverar: se os vermes se dan tornado en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; olla para min -di a avoa-, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida; pensa que un verme é demasiado noxento para se converter nunha bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Ao se dispor a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa marchou de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!

20230318-Axenda-SCG-domingo-19

A Semana do Cinema Galego programa ‘Live is Life’ e ‘O corpo aberto’ este sábado 18 no Teatro Colón

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha das citas audiovisuais da tempada máis senlleiras, proxecta este sábado as películas Live is Life e O corpo aberto. O acceso á ambas as dúas películas será de balde, con entrada libre, por orde de chegada, ata completar o aforo.

A sesión do sábado 18 estará composta por un programa dobre de longametraxes de ficción con estilos moi diferentes. De primeiro, ás 19.30 h, a cita é coa comedia Live is Life dirixida por Dani de la Torre e producida por 4 Cats Pictures, Atresmedia Cine e Frida Films. O elenco deste filme coral está integrado por Adrián Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo, David Rodríguez, Javier Casellas, Toni Garrido e Marc Martínez, entre outros.

Un chisco máis tarde, ás 22.00 h, será o filme gótico O corpo aberto de Ángeles Huerta quen tome a pantalla do Colón, con Tamar Novas e María Vázquez como protagonistas. O público coruñés vai ter a oportunidade de gozar novamente en pantalla grande da gran triunfadora da última edición dos Mestre Mateo, que está producida por OlloVivo Producións, Fasten Films e Cinemate. O filme alzouse con doce galardóns dos dezaseis aos que optaba, entre eles os das categorías de longametraxe, dirección e guión así como as de mellor interpretación masculina protagonista e de reparto para Tamar Novas e Federico Pérez, respectivamente. Na presentación d’O corpo abertoparticiparán a directora Ángeles Huerta, a responsable da montaxe, Sandra Sánchez, e mais o produtor Gaspar Broullón, nun coloquio guiado polo xornalista especializado Javier Trigales

O equipo d’O corpo aberto posará para os medios mañá sábado, ás 18.30 h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e, a continuación, ás 19.00 h, no interior do Teatro Colón. A actividade comezará ás 19.30 h.

Live is Life de Dani de la Torre
Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volve á aldea galega dos seus pais para se reencontrar cos amigos. Mais este ano é distinto para eles. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos.

Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoán na busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, medra no alto dunha montaña e pode facer os desexos realidade.

O corpo aberto de Ángeles Huerta
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.

Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

20230317-Axenda-SCG-sabado-18

O espectáculo familiar INVENTIO elixe o Teatro Colón da Coruña para pechar a súa xira

O espectáculo familiar ‘Inventio’ elixe o Teatro Colón da Coruña para pechar a súa xira

•    O CEIP Curros Enríquez de Monte Alto acolleu unha presentación de Inventio na que participou parte do elenco artístico así como autoridades e entidades colaboradoras

•    Comedia, maxia, danza e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos sobre o imaxinario Xacobeo

•    Os billetes para as funcións de clausura xa están á venda na plataforma web ataquilla.com

Malia estar inmersos nunha intenso fin de xira, o elenco artístico de Inventio reservou tempo para presentar esta mañá aos medios de comunicación un petisco do espectáculo no CEIP Curros Enríquez de Monte Alto. No acto tamén participaron Gonzalo Trenor López, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; Martín Varela, director creativo de Inventio e portavoz de Thinking Up Events; e mais Susan Santos, responsable territorial en Galicia da Fundación “la Caixa”.

Na súa intervención Varela salientou que Inventio é un espectáculo familiar “cunha historia atractiva de gran profundidade e calado cultural, cun halo de fantasía e maxia, espectacular e apetecible, na que prima a calidade”. E sinalou que faille moita ilusión poñer o peche á xira na Coruña, onde van chegar “con moitas ganas de espallar na cidade boas doses de circo, fantasía e danza”. Esta proposta escénica de gran formato concibida para público familiar brindará un total de tres funcións no Teatro Colón entre o venres 13 e o sábado 14 de xaneiro do 2023. Os billetes están á venda na web entradas.ataquilla.com e oscilan entre os 13 e os 25 euros máis gastos de xestión. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove, as familias numerosas, os desempregados e os maiores de 65 anos.

Concibido para todos os públicos, Inventio reborda humor, misterio e fantasía mais tamén é quen de mesturar con solvencia a comedia e o drama. Trátase dun convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.

Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.

A HISTORIA. Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe de doce artistas guiada por un ilusionista comproba que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.

Antes de recalar na Coruña a mediados de xaneiro, a xira de Inventio ten previsto pasar aínda por Bilbao (29-30 decembro) e mais Vigo (3-4 xaneiro 2023). Toda a información actualizada sobre a xira e os billetes está dispoñible no espazo web www.inventio.gal.

O espectáculo familiar ‘Inventio’ encherá A Coruña de circo, maxia e danza no mes de xaneiro de 2023

Esta proposta escénica galega de gran formato inspirada no Camiño de Santiago chegará ao Teatro Colón da Coruña o venres 13 e o sábado 14 de xaneiro

Comedia, maxia, danza e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos que desde o pasado setembro está de xira por España e Portugal

Os billetes para as funcións da Coruña están desde hoxe, 7 de novembro, á venda a través da plataforma web entradas.ataquilla.com

O espectáculo Inventio chegará no mes de xaneiro de 2023 á Coruña para encher o Teatro Colón de circo, maxia e danza durante dous días. Esta proposta escénica de gran formato concibida para público familiar poderá verse na cidade herculina o venres 13, ás 20.00h, e o sábado 14 de xaneiro, en doble función, ás 17.00 e ás 20.30h. Os billetes (a partir de 13€ máis gastos de xestión) están xa á venda desde esta mesma mañá na web entradas.ataquilla.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove e os menores de dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca.

Inventio é un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.

Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.

A HISTORIA

Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.

Toda a información sobre a xira e o espectáculo está dispoñible no espazo web www.inventio.gal.

2022.11.07.-NP-INVENTIO_ACoruna

Igor Yebra clausura a I edición de ‘Mar en danza’ cunha clase maxistral e unha conferencia na Coruña

O bailarín e coreógrafo basco pecha o ciclo ‘Mar en danza’ impulsado pola promotora cultural QueArte Producciones e a Deputación da Coruña para celebrar os 30 anos do Conservatorio Profesional de Danza

Este mércores, 15 de decembro, Yebra impartiu unha clase maxistral exclusiva para o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña

Mañá xoves o Teatro Colón acollerá unha masterclass e unha conferencia aberta ó público cuxa invitación pode retirarse na web ataquilla.com

O bilbaíno Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate en cuxo ballet debutou como profesional en 1988 e onde permaneceu ata 1996. Desde aquel momento comezaría o seu periplo internacional por compañías de todo o mundo e que estivo marcado principalmente por tres escolas: a francesa grazas a Charles Jude, a italiana da man de Carla Fracci e a rusa a través de Yuri Grigorovich.

Entre os galardóns que recibiu ó longo da súa traxectoria figuran o Gran Premio de Eurovisión para jóvenes bailarines (1989), o Premio ‘Danza & Danza’ al ‘mejor bailarín del año’ en Italia (1996), el segundo premio en el concurso Maya Plitseskaya (1998) y el Premio Leonidas Massine en Italia (2003), entre outros. Ademais, Igor Yebra foi bailarín estrela do Ballet da Ópera de Burdeos e o primeiro bailarín invitado do Ballet da Ópera de Roma. Entre os seus fitos profesionais atópase o seu rol protagonista en Iván el Terrible no Palacio de Congresos do Kremlin en 2004 e que converteu a Yebra no primeiro bailarín non ruso que interpretou este papel. 

Mención aparte merece o seu labor na dirección artística do Ballet Nacional Sodre (BNS) de Uruguai entre xaneiro de 2018 e decembro de 2020. Durante este periodo o BNS colleitou grandes éxitos de público e crítica coa reposición das principais obras do repertorio clásico e romántico, pezas de coreógrafos do século XX e as novas producións como El Quijote del Plata e La tregua, baseada na obra homónima de Mario Benedetti. Como coreógrafo, Igor Yebra deixou no repertorio do BNS El Cisne XXI, unha versión masculina de La muerte del cisne. Ó finalizar a súa etapa no BNS, Igor Yebra recibiu o galardón máis importante de Uruguai no ámbito da cultura, a Medalla Delmira Agustini, e foi nomeado Ciudadano Ilustre de Montevideo

Na súa faceta como profesor, Yebra decidiu fundar en 2006 a súa propia escuela de danza y coreografía en Bilbao e dous anos despois recibiu o encargo de poñer en funcionamento a Escuela Municipal de Amurrio, deixando a dirección un lustro depois da súa inauguración.

‘Mar en danza’ é unha iniciativa cultural impulsada pola Deputación da Coruña e QueArte Producciones con motivo da celebración este ano do 30º aniversario do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación. O ciclo, que foi inaugurado por Julio Bocca o pasado maio, tamén contou coa participación de Lucía Lacarra e Matthew Golding e clausurarase en decembro con estas actividades do bailarín e coreógrafo basco Igor Yebra.