HENKO. A mirada de Miguel Díaz
Título: QUÉROTE MOITO
Quérote moito soa ben.
Se cabe é un bo xeito de comezar un camiño. Escribilo no aire coas xemas dos dedos e respiralo.
Quérote moito e botar a andar.
Un quérote moito tecido na xeada e pendente do efémero.
Mentres o odio nos berra desde as beiras toda a súa descrenza.