HENKO

Miguel Díaz

Título: QUÉROTE MOITO

QUÉROTE MOITO, Miguel Díaz

Quérote moito soa ben.

Se cabe é un bo xeito de comezar un camiño. Escribilo no aire coas xemas dos dedos e respiralo.

Quérote moito e botar a andar.

Un quérote moito tecido na xeada e pendente do efémero.

Mentres o odio nos berra desde as beiras toda a súa descrenza.