por martinho | Abr 10, 2023 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro VENRES 14 de ABRIL de 2023, ás 20:00 H., na CASA DA CULTURA DE VILALBA celebrarase a presentación do libro BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS, de LUZ CAMPELLO, editado pola EDITORIAL GALAXIA.
O acto contará coa presenza da autora do libro, LUZ CAMPELLO; con PILAR MASEDA e LUZ AIRADO, poetas da NPG, e con MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
NOTA_INFORMATIVA_LUZ-CAMPELLO
por martinho | Dic 13, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro sábado 18 de decembro, ás 13 horas na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación da obra OS LIBROS QUE HAI EN MIN, da escritora Emma Pedreira, nun acto organizado polo IESCHA, a editorial Cuarto de Inverno e o Concello de Vilalba.
Velaquí a nota informativa de dita presentación literaria.
por martinho | Feb 27, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical, no que as voces de Xosé Otero Canto, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez Fuentes, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, Xosé Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar porán corpo poético aos versos de “Follas Novas”, “Cantares Galegos” e demais obras da escritora homenaxeada, ou aos de propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais. O evento estará conducido por Montse González Álvarez.
por martinho | Jun 6, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Corredores De Sombra
O grupo poético-musical Corredores De Sombra contará cunha nova voz para sumar ao cuarteto que xa forman Rosana Domínguez, Carme Mato, Baruk Domínguez e Pilar Maseda. Trátase do poeta e escritor naviego Toño Núñez.
E a primeira actuación onde se poderá gozar deste novo quinteto será o vindeiro 3 de Agosto de 2019 durante o ciclo Música na rúa, que organiza o Concello de Vilalba como actividade para o período estival.
Música e Poesía para estes novos tempos a cargo de Corredores De Sombra.
*Información facilitada por Corredores de Sombra.
por Pilar Maseda | Oct 1, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
ADORMENTADOS
Mentres nos imos adormecendo
dourándonos baixo o sol
iluminados pola divina graza
de ser pobo nomeado
chamado a esmorecer de éxito
entre as ruínas
Logo da enchente
da bendita democracia
atada e ben atada
mantida de mentiras
polos mercenarios, sicarios
das elites establecidas
caciques de toda a vida
Mentres…
Agora que as xeracións
do rompente e as vangardas
nos anos oitenta e noventa
amortizamos as hipotecas
coas canas
mantendo aos fillos no exilio
con futuros incertos
e eufemismos varios
embriagados pola tecnoloxía
e o sensacionalismo político
en coma etílico de razón e demagoxia
subministrada por adoutrinadores
especialistas en non dicir nada
subvencionados
por votantes á carta
de partidos de marca
Xa logo
como individuos
institucionalizados
non temades ao espertar
cansos e limpos
contemplando as ruínas
do novo fascismo
dourándonos baixo o sol
de novo
sabéndonos a salvo
por ser súbditos
censados como ovellas.
Deamos grazas …
<< Non hai maior desgraza
que un pobo castrado>>.
Pilar Maseda.