IESCHA.- Acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación en Vilalba da Segunda República

CONMEMORATIVO DOS 90 ANOS DA PROCLAMACIÓN EN VILALBA DA II REPÚBLICA-SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-12:00 – TEMPLETE PRAZA DA COSNTITUCIÓN DE VILALBA


O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, en colaboración co alumnado da Escola Municipal de Teatro e o Concello de Vilalba, celebrará un acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación en Vilalba da Segunda República. Terá lugar o día 24 de abril, sábado, ás 12 da mañá, e desenvolverase no templete da Praza da Constitución -se fixese mal tempo levarase a cabo na Casa da Cultura-. En calquera caso, cumprirase estrictamente coa normativa anti-covid estipulada por mor da pandemia; deste xeito, dende o IESCHA, seguiremos apostando unha vez máis polo lema:“A cultura é segura”.
Foi o 14 de abril de 1931 cando se proclamou a Segunda República española; en Vilalba, uns días máis tarde, exactamente o 24 de abril, celebrouse a proclamación oficial da instauración do novo Réxime.
No último Caderno de Estudos Chairegos – publicación bienal do IESCHA, que vai polo número 10- Carlos Gómez Osa analiza polo miúdo a xeira republicana e a represión franquista na capital da Terra Chá no traballo titulado: “Vilalba: A política na República e a represión franquista”.
Nel figura que “O día 24 de abril (de 1931) realízase no salón de actos da Casa Consistorial a toma de posesión da Comisión Xestora, da que forman parte José Carballeira e Francisco Roca, do comité republicano e Domingo Gayoso e Manuel Taboada, do comité socialista”.
A prensa de entón publicou que “En medio de un gran entusiasmo izose la bandera tricolor en el balcón del Ayuntamiento a los acordes de la Nueva Lira y entre el disparo de potentes bombas. Varios vecinos hicieron uso de la palabra (…) En la Casa Consistorial ondearon durante nueve días las banderas republicana y gallega”.

Velaquí a nota informativa de tal actividade.

Representación da obra “Arsénico por caridade. Resurrección” no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, programa para o sábado 8 de febreiro de 2020, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba a representación da obra “Arsénico por caridade-Resurrección”, a cargo da Escola Municipal de Teatro.

Velaquí cartaz e nota informativa de dita representación teatral.

VODAS DE SANGUE no Auditorio Municipal de Vilalba

VODAS DE SANGUE no Auditorio Municipal de Vilalba

Cuarta función teatral incluída nos II SÁBADOS DE TEATRO que organiza o IESCHA, prevista para o vindeiro venres, 3 de novembro de 2017, ás 21:00 horas (non ás 20:30, como inicialmente estaba anunciado), no Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada libre e gratuita.

Neste enlace aparece información do citado evento cultural.

 

4ª FUNCIÓN

VENRES, 3 DE NOVEMBRO DE 2017, ÁS 21:00 h., NO AUDITORIO DE VILALBA

VODAS DE SANGUEEscola Municipal de Teatro de Vilalba

 

*Información facilitada polo IESCHA.

DEZ ANOS DE ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

DEZ ANOS DE ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Música, palabra, aceno,…, arte no hall do teatro.

Non son precisas tarimas, caixóns negros nin panos de veludo vermello.

Só facianas e voces, sentires profundos e bágoas e risos a eito.

O acto, único, por senlleiro;

as escenas, multiplicadas en espazos,

por sorpresa e suxestivas, abranguían un ambiente de festexo

no que as lembranzas campaban ao seu aire de memoria en memoria.

Canta amizade e agarimo! Cantas horas gozadas na mellor compaña!

Canta maxia…!

Cantos rostros ausentes e presentes

debuxados cos pinceis do agradecemento!

Cantas vidas dun “second life” contaxioso en cada nova tempada;

peza a peza urdindo a tea de Penélope, facendo e desfacendo,

mais medida xa en decenios.

Estreiteces, avatares, ditas, desgustos, aplausos,

nomes que van e que veñen,

que se achegan, que experimentan, que agora permanecen

dando consistencia ao que un día foi proxecto desexado.

Dende aquel seis do once do dous mil seis en que naceu para medrar,

día a día, despois dalgún aborto benquerido e bagoado.

Hoxe é presente xa maduro e será futuro con certeza!

Feliz aniversario, Escola Municipal de Teatro!