por martinho | Feb 11, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O sábado, 22 de febreiro, ás 20:30 h. no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada terá lugar a presentación Lendas e Versos, de Emilia Martínez Fuentes.
Acto organizado pola Irmandade Poética e Artística Galaico-Lusa.
No seguinte enlace vai máis información.
por Emilia Martínez Fuentes | Jun 24, 2017 | Autores/as, Creación, Xeral
Feixe de ideas
en continuo movemento,
que se xuntan contigo na cavidade do universo.
Noites que falan de censuras
e de paixóns alleas,
eu fico en soidade
diante dun mundo que queima estrofas,
duns versos que esmorecen
presos no lume cegador
da inocencia…
Nas brasas do pasado vou tecendo verbas
carentes de sentido,
frases baleiras que nada din.
retallos dunha historia que rematou
sen comezar, sequera.
E, amarrei os brazos ó aire,
con milleiros de cintas de cores,
moitas apertas quedaron penduradas
do tempo baleiro,
dese tempo esvaído que se desfai
coma o fume dunha fogueira
dunha noite de San Xoán calquera.
E non queda nada, somentes unhas cinsas mouras
sen vida,
onde poida pisar cos meus pés descalzos
sen queimar sequera a pel espida.
Canto amencer disimulado!
coa fácil bágoa da risa,
cando nos meus ollos xa non tiña cabida
a esperanza…
E no máis fondo do pensamento,
nasceu esa idea : ” Endexamais venderei o meu amor
a cambio duns versos…”
Laiaba soíño, o corazón do poeta…
…………………………………………………
(foto subida da rede)
por Emilia Martínez Fuentes | Jun 21, 2017 | Autores/as, Creación, Xeral
Quero ser valado forte
contra o que baten os desexos,
contra o que se esnaquizan
as envexas e as xenreiras,
ser muro de pedra rexa,
para non deixar entrar
odios nin penas…
Aínda que as fendas, son fondas
e mancan…
Quero non sentir… que sinto,
e que non me manquen as verbas
no corazón adormecido.
Sinto que na pel espida, xa non dorme o medo,
o vento do inverno levou a tristura
moi lonxe,
veñen tempos novos, na outra banda do valado
nascen as rosas.. nos campos arrasados
polo medo
onde a herba murcha ficaba,
agora medra verde, e louzá,
verde coma a esperanza
que aniña moi preto do corazón,
aquí… ó outro lado do valado.